- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia chega á nova fase da 'desescalada' coa COVID contida e unha cuarta parte da vacinación completada
Ás 00:00 do sábado entran en vigor as mudanzas nas restricións, coa ampliación dos grupos de non conviventes a 10 persoas ao aire libre e 6 en interiores como principal novidade. Malia gromos locais como o de Viveiro, a incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia rolda os 74 por cada cen mil habitantes e a 7 días, os 36. Malia ao ritmo irregular nos últimos días, o 26% da poboación diana ten xa a pauta de vacinación completa e o 50,7% recibiu polo menos unha dose
Feijóo acorda con Casado celebrar en xullo o congreso que o reelixirá como presidente do PP de Galicia
O presidente da Xunta volverá ser aclamado como líder do PP en Galicia media década despois da súa última reelección no cargo, cando elixira a Tellado como substituto de Rueda na secretaría xeral. Ao tempo, a dirección estatal da formación confirma que se volverá manifestar contra Pedro Sánchez na madrileña praza de Colón con Vox e Ciudadanos, agora baixo o paraugas dunha plataforma impulsada por, entre outros, Rosa Díez e Paco Vázquez
Os incendios forestais queimaron case 15.000 hectáreas en Galicia durante 2020, máis da metade nunha soa semana en Ourense
En apenas unha semana de setembro arderan unhas 9.000 hectáreas na provincia de Ourense, que o propio Plan de prevención e defensa contra o lume para 2021 destaca por sufrir "a metade dos grandes incendios forestais dos últimos 30 anos". 27 das 35 parroquias consideradas como de "alta actividade incendiaria" en 2021 están na provincia ourensá. O 2020 foi o cuarto ano dos últimos dez con menos de 2.000 incendios forestais en Galicia, o terceiro consecutivo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia cruza o limiar do 50% da poboación a vacinar con cando menos unha dose coa COVID en niveis de agosto de 2020
Sanidade pasa a detallar os novos diagnósticos diarios por todas as probas de infección activa e non só os realizados mediante PCR e ofrece, por primeira vez, datos practicamente completos dos casos novos rexistrados cada día. A incidencia acumulada a 14 días rolda os 75 casos novos por cen mil habitantes e a 7 días, os 38
A Xunta seguirá reclamando cartos a perceptoras da Risga co IMV concedido e leva a reforma da lei de inclusión a finais de ano
Rodil (BNG) reclama á conselleira de Política Social unha reforma urxente para, ao xeito da aplicada en Canarias, evitar as devolucións da Risga: "Non poden pedir 5.000 euros a persoas que non teñen máis ingresos ca esa prestación". Tras manter a incompatibilidade na lei, Fabiola García di que esixe as devolucións porque "estamos obrigados" malia ser "un mal trago" e sitúa "no vindeiro trimestre" o inicio da reforma legal sen aclarar se incluirá a compatibilidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Encontros de ata dez non conviventes no exterior na nova fase da 'desescalada' mentres a COVID segue contida en Galicia
A Xunta prevé manter o veto xeral ás reunións de non conviventes entre a 1 e as 6 da mañá e, nos concellos en nivel medio e baxio, ampliar a capacidade do comercio e eventos culturais do 50% ao 75% dende o sábado 29. A incidencia acumulada do coronavirus a 14 días rolda os 76 casos novos por cada cen mil habitantes e o indicador a sete días segue sendo menos da metade, o que indica un leve descenso
O arquitecto do Gaiás láiase de que Fraga, "un cliente excelente", perdese a Xunta en 2005: "Tivemos mala sorte"
"Era un cliente excelente porque tiña visión", di Peter Eisenman sobre Fraga vinte anos despois do inicio das obras da Cidade da Cultura, con amplos sobrecustos que elevaron á contorna dos 350 millóns a construción dun complexo que é rematado sen ter en conta o o proxecto arquitectónico orixinal. "Era un arquitecto perfecto para el, porque estaba disposto a facer o que ninguén fixera", afirma
- Datos Coronavirus
- Acontece
A presión da COVID nos hospitais galegos é a máis baixa dende agosto de 2020
Os 90 casos notificados este martes polo Sergas son a cifra máis baixa en vinte e catro horas dende o 8 de marzo, cando foran 88. A incidencia acumulada a 7 días para toda Galicia, con 39 casos novos por cada cen mil habitantes, segue sendo menos da metade que o dato a 14 días, o que apunta a tendencia descendente
A "febleza" dos servizos sociais de Galicia volve destacar no Estado: moitos dereitos sobre o papel, moitos menos na realidade
Galicia obtén un 4,5 sobre 10 no índice da Asociación de Directoras e Xerentes en Servizos Sociais, que valora os dereitos recoñecidos por lei, a súa dotación orzamentaria e a cobertura real. É a cuarta peor posición do Estado. O informe subliña que o "ben ordenado" sistema de servizos sociais galegos non se corresponde coa súa "relevancia económica feble e unha cobertura aínda reducida de prestacións e servizos"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID segue en leve descenso no inicio da semana na que Galicia chegará ao 50% da vacinación cunha dose
O Sergas notificou este luns 123 casos novos mentres a incidencia a 14 días segue arredor dos 82 casos novos por cada cen mil habitantes e a sete días, en algo menos da metade
Mil persoas nas verbenas, ata dez mil en festivais: o plan da Xunta para 'desescalar' na música ao vivo no exterior
A Xunta bosquexa un protocolo con dous formatos de eventos en concellos con baixa incidencia da COVID, con público sentado ou en pé en función do número de asistentes e da capacidade dos recintos. Sobre a mesa, aínda incógnitas como a posibilidade de comer ou beber.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A vacinación completa supera o 25% en Galicia e Sanidade concreta que fará cos menores de 60 que recibiron AstraZeneca
As persoas menores de 60 que recibiran a primeira dose de AstraZeneca poderán recibir a segunda dose da mesma vacina ou optar pola de Pfizer. A Xunta prevé comezar a citalas a vindeira semana ou na "primeira de xuño". O Sergas notifica 176 casos novos do coronavirus e as incidencias acumuladas a 7 e 14 días continúan nunha tendencia levemente descendente