A Xunta confirma a acollida de vinte menores migrantes mentres Feijóo axita a teoría dun "efecto chamada"
O presidente di que o Goberno galego "acepta" a estes 20 nenos e nenas por "razóns de xustiza social e humanitarias", pero agrega que "discrepa" dos "efectos chamada que realizou o Goberno durante estes anos" e que, mantén, teñen "estas consecuencias". Segundo datos de Política Social, nos últimos anos os menores estranxeiros sen compaña familiar que foron acollidos en Galicia apenas superaron os 200
- Datos Coronavirus
- Acontece
Case unha cuarta parte da 'poboación diana' ten xa a pauta completa da vacina contra a COVID en Galicia
A Xunta rexistra 183 casos novos da COVID-19 nun contexto de incidencia á baixa e cambia as restricións case unha trintena de concellos, con Lobios como único municipio en nivel máximo. Ademais, o Goberno galego pasa a permitir que os bares sirvan ceas ata a 1 da madrugada, como os restaurantes, se contan con medidores de CO2
A 'Estratexia 2050' do Goberno de España sinala o Banco de Terras galego como modelo para reducir o risco de incendios
A área da Estratexia presentada por Pedro Sánchez sobre a transición ecolóxica centra un apartado na "redución do risco de incendios forestais" e na "mellora da xestión adaptativa e sostible dos bosques". Nel, recomenda "xeneralizar" os bancos de terras e toma como referencia un estudo da USC sobre o Bantegal elaborado pouco despois da súa creación por parte do Goberno galego da coalición PSdeG-BNG
- Datos Coronavirus
- Acontece
A vacinación retoma o ritmo tras a ponte festiva coa incidencia da COVID á baixa na maior parte de Galicia
O 47% da poboación 'diana' da vacinación en Galicia xa ten polo menos unha dose posta e a pauta completa está a piques de chegar á cuarta parte do obxectivo total. A incidencia acumulada a 7 días baixa dos 40 casos por cada cen mil habitantes no conxunto do país e segue á baixa na maioría de áreas sanitarias. A Xunta define o xoves os cambios nas restricións con "especial atención" a sete concellos
- Análise
- Mundo
O abandono histórico do Sáhara rexórdelle a España en Ceuta mentres Marrocos volve utilizar persoas migrantes como reféns
As circunstancias xeopolíticas e cadanseus antecedentes históricos véñenlle de estoupar ao Goberno español na fronteira de Ceuta co mesmo Marrocos ao que España e a UE 'subcontratan' o freo ás persoas migrantes a cambio de substanciosos recursos económicos
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID retoma a senda descendente en Galicia tras unha semana sen Estado de Alarma
A incidencia a 7 días da COVID-19 sitúase arredor dos 40 casos novos por cada cen mil habitantes, menos da metade do indicador a 14 días. O Sergas rexistra 116 casos novos en toda Galicia mentres, entre as sete principais cidades, só Santiago escapa agora da estabilidade xeral, aínda que cunhas incidencias acumuladas moderadas, arredor dos 70 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días
As emendas do PP a lei 'Ángeles Alvariño' eliminan o criterio único para corrixir a discriminación das científicas por ser nais
O texto orixinal, promovido polo BNG, propón que os tempos de inactividade por maternidade sexan calculados en porcentaxes e se convertan no "factor de corrección" que, nas convocatorias públicas de I+D+i, evite a penalización ás científicas que sexan nais. A emenda do PP substitúe a fórmula concreta por unha indicación de que en cada convocatoria se "establecerá o factor corrector que corresponda" para "garantir a igualdade"
A Policía galega, da conxelación á renuncia entre desculpas á Garda Civil
No trámite parlamentario da vixente Lei de Policía de Galicia (2007), o PP formulou unha emenda que mantiña intacta a competencia de "vixilancia e control do tráfico en vías interurbanas" para o novo corpo policial galego. Neste 2021, os populares volveron permitir tramitar a petición da transferencia do tráfico e, apenas dous días despois, desculpáronse ante organizacións de gardas civís asegurando que a Xunta non aceptará a competencia se implica que a exerza a Policía galega
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID transita en Galicia polo período máis estable dende o verán de 2020 mentres avanza a vacinación
Galicia está por baixo dos 100 novos casos novos da COVID-19 por cada cen mil habitantes a 14 días dende principios de marzo. O Sergas suma 145 casos novos e leva notificadas 6 mortes de persoas coa COVID no que vai de mes de maio
- Datos Coronavirus
- Acontece
O TSXG ratifica as restricións da Xunta pola COVID tras o Estado de Alarma e ínstaa a xustificalas con máis datos
O Tribunal advirte á Xunta "sobre a escaseza de datos que ofrece" para xustificar as medidas, que deben "sustentarse en datos facilitados por comités clínicos". O Sergas notifica 223 casos novos do coronavirus nun contexto de tendencias estables, malia lixeiros ascensos puntuais
Unha enquisa contratada polo Concello de Ourense prognostica que PP e DO obterían edís dabondo para repetir bipartito
Segundo o inquérito, o PP sumaría dous edís ao beneficiarse da desaparición de C's da corporación municipal e DO perdería un representante. Alén do PP, que a enquisa sitúa encabezado por Jorge Pumar, o PSdeG mantería os seus actuais 9 edís. O BNG medraría en votos e tería un edil máis, quedando en 3
- Datos Coronavirus
- Acontece
A vacinación con cando menos unha dose achégase ao 50% en Galicia e a incidencia da COVID segue contida
Galicia rexistra uns 92 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días e practicamente a metade a 7 días, o que é sinal de estabilidade ou estancamento da situación epidemiolóxica. O Sergas suma 121 casos novos, unha cifra moi semellante á de hai sete días, e as persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus baixan das 200