Abril foi o mes con menos mortes de persoas coa COVID en Galicia dende agosto
Antes da vacinación, en torno ao 40% das persoas falecidas coa COVID-19 en Galicia vivían en residencias. En marzo foron o 6% e en abril, ningunha. O Sergas rexistra 174 casos novos entre sinais de acougo nos principais datos epidemiolóxicos globais de Galicia e coa hospitalización estancada en torno a 200 ingresos
A Xunta non contempla declarar BIC os bens de Meirás aínda non protexidos para evitar que os leven os Franco
As esculturas do Mestre Mateo e a biblioteca de Pardo Bazán están protexidas pola figura do ben de interese cultural, pero non sucede o mesmo co resto dos bens que aínda permanecen no interior do pazo mentres a Xustiza dá aos herdeiros do ditador a posibilidade de levalos. A Xunta confirma que non prevé emprender unha nova declaración BIC e traslada a posible responsabilidade ao Goberno de España
Feijóo reclama ao Goberno de España un plan para a industria de Ferrol catro anos despois do flotel de Pemex
En 2017 finalizou a construción do único flotel de Pemex encomendado á Navantia malia ás promesas de múltiples buques. Agora, o persoal do estaleiro clama por carga de traballo ata o inicio en 2022 da construción das fragatas xa contratadas polo Goberno de España. BNG e PSdeG lembran as competencias da Xunta en materia industrial e os socialistas subliñan que "xa houbo un Plan Ferrol impulsado por Zapatero que non se repetiu con Rajoy"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia despide abril cuns 180 casos diarios da COVID e a poboación maior de 80 a piques da vacinación completa
Abril finaliza con algo máis de 5.100 casos novos da COVID-19 detectados en Galicia; en marzo foran uns 4.600 e en febreiro, máis de 14.000. As áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés seguen rexistrando as incidencias máis elevadas do virus. Máis dun terzo da poboación galega recibiu cando menos unha dose de vacina, uns cinco puntos máis que a media estatal polo maior peso das persoas maiores de 80
O PP avanza que "en ningún caso" apoiará que a Policía galega regulada por lei dende 2007 asuma o control do tráfico
Dous días despois de absterse na toma en consideración da iniciativa do BNG para retomar o traspaso das competencias de tráfico, os populares resaltan que non contemplan cumprir a cerna do texto legal, que implicaría o despregamento da Policía galega. Ante as protestas dalgún sindicato policial, piden non "malinterpretar a votación" e aseguran que só apoian pedir "as competencias administrativas en materia de tráfico" porque "en ningún caso quere afastar a Garda Civil das estradas galegas"
O Día da Clase Traballadora volve á rúa fronte ás consecuencias da COVID e pola fin das secuelas da anterior crise
Un ano despois do Primeiro de Maio que o confinamento impediu reivindicar con mobilizacións presenciais por mor do confinamento, a reivindicación regresa aínda condicionada pola pandemia, pero cunha axenda clara que as diferentes centrais sindicais veñen defendendo dende hai meses. Os diferentes sindicatos convocan concentracións e manifestacións e múltiples vilas e cidades galegas
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID segue estable en Galicia malia aos novos focos locais que propician máis restricións da Xunta
O Sergas suma 211 novos casos da COVID e a incidencia acumulada a 14 días mantense un chisco por baixo dos 100 casos novos por cada cen mil habitantes. Tras dúas semanas sen ningún caso en residencias, Sanidade confirma un gromo de 8 positivos no centro DomusVi Chantada. O feito de que as 6 persoas residentes que deron positivo estean vacinadas favorece que permanezan asintomáticas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Un terzo da 'poboación diana' xa recibiu en Galicia cando menos unha dose de vacina contra a COVID
Oito de cada dez persoas maiores de 80 anos xa completaron a pauta da vacina. O Sergas rexistra 230 casos novos do coronavirus nun contexto de relativa estabilidade da incidencia acumulada, que a catorce días se achega aos 100 casos novos por cada cen mil habitantes
Audasa pechou 2020 con 33 millóns de euros en beneficios malia á pandemia
A sentenza que declarou ilegal o xeito en que o Goberno de Rajoy lle reduciu a Audasa a compensación por liberar de peaxes de Rande e A Barcala permítelle sumar en 2020 máis de 11 millóns de anos anteriores. As contas da concesionaria da AP-9 reflicten uns ingresos por portaxes de 128 millóns de euros durante 2020
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID estáncase en Galicia arredor dos 190 casos diarios e acouga en áreas que empeoraran tras a Semana Santa
Aínda que comarcas como a da Barbanza melloran a súa situación, un bo número de concellos coas incidencias máis elevadas seguen estando na contorna das Rías Baixas. A incidencia acumulada a 7 días para o conxunto de Galicia rolda os 50 casos novos por cada cen mil habitantes, un chisco por riba da metade do indicador a 14 días, o que indica unha lixeira tendencia ascendente
Abanca encabeza o control privado da empresa para captar fondos europeos promovida pola Xunta, que pon o 40% do capital
O Goberno galego outorga á nova sociedade limitada a facultade de "madurar" os denominados "proxectos tractores" para optar aos fondos Next Generation. Nela tamén participan Reganosa e Sogama, que teñen á Xunta en cadanseus accionariados, pero con presenza do Grupo Tojeiro e Naturgy, respectivamente
O Parlamento volverá pedir ao Estado a transferencia do tráfico, que implicaría despregar a Policía galega
A iniciativa, formulada polo BNG, retoma unha petición que o Parlamento xa culminara en 2008, pero que fracasou ao chegar ao Congreso dos Deputados en 2010. O PSdeG vota a prol da proposta e o PP, que permite tramitala pero opta pola abstención, retruca ao Bloque que "o compromiso co autogoberno non se mide no número de competencias, senón en firmeza na defensa dos intereses de Galicia"