- Datos Coronavirus
- Acontece
A cuarta vaga da COVID xa tende á estabilidade en todas as áreas sanitarias agás Vigo
A incidencia a sete días rolda os 50 casos novos por cada cen mil habitantes no conxunto de Galicia. A estabilidade percíbese tamén no número de concellos sen casos en 14 días (139) e na última semana (185). O Sergas suma este luns 159 novos casos do coronavirus e as cifras de hospitalización trazan unha lixeira liña ascendente
O 'banco malo' ten cedidas á Xunta 50 vivendas para alugueiro social mentres tenta vender máis de 400 inmobles en Galicia
A Sareb, que se negou a informar ao Parlamento sobre os 5.000 millóns de 'ladrillo tóxico' que absorbeu no rescate das caixas, ten cedidos 50 pisos á Xunta e 12 ao Concello de Miño para alugueiro social. A Xunta négase a divulgar os detalles do seu censo de vivenda baleira, do que só sinala que contén 1.813 inmobles, mentres pon o foco en casos de ocupación ilegal
As condicións do PP empurran a Jácome cara a 2023 gobernando Ourense en precario
Tras rachar o bipartito con DO, o PP asegurou estar disposto a facilitar unha moción de censura se o candidato do PSdeG renunciaba á alcaldía. O socialista vén de facelo e os de Baltar esixen agora que tamén marche do Concello. De fondo, o barón ourensán especula coa posibilidade de fomular "algunha cuestión importante" no PPdeG se Feijóo non recunca
Unha porta aberta ao traslado de ENCE media década despois de que a Xunta abandonase a súa promesa
Todas as partes acudiron ao encontro convocado pola ministra Teresa Ribera e varias delas saíron da xuntanza cunha impresión: ENCE ábrese por primeira vez a falar dun traslado aínda que siga mantendo que o ve "inviable"
- Datos Coronavirus
- Acontece
As Rías Baixas, Baixa Limia e Valdeorras concentran os concellos con máis incidencia da COVID e restricións
A área sanitaria con maior incidencia segue sendo a de Pontevedra-O Salnés, que tende á estabilidade mentres a de Vigo traza unha liña ascendente. O Sergas engade 253 casos novos ao seu rexistro, a maior cifra en vinte e catro horas dende os primeiros días de marzo. A evolución segue sendo, en calquera caso, moito máis contida que en anteriores vagas
- Vídeo Coronavirus
- Política
Feijóo mestura a cifra de vacinados da COVID cunha dose en Galicia e coas dúas en España para facer ver que a Xunta vai máis rápido
O presidente da Xunta afirma que "España leva vacinadas," o mesmo "número de persoas que resultaron contaxiadas" mentes que "Galicia leva vacinadas a cinco veces máis persoas das que resultaron contaxiadas", o que implica equiparar a poboación cunha soa dose coa que recibiu a pauta completa. A correlación galega é mellor que a estatal, pero de apenas nove décimas en poboación inmunizada. A poboación cunha soa dose si quintuplica en Galicia á contaxiada, pero o dato estatal non "empata", senón que case triplica o acumulado de contaxios.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia entra nos días clave para ratificar se o impacto da COVID na Semana Santa fica en 'ondiña'
Malia oscilacións de xornadas concretas como os 220 casos novos das últimas vinte e catro horas, o incremento da incidencia en Galicia tras a Semana Santa segue a ser moito máis contido que en anteriores vagas. As comarcas do Salnés e da Barbanza e a área de Vigo concentran os focos de incidencia máis alta seguidos con maior atención dende o Sergas mentres as hospitalización se estancan arredor das 200
- Documento Recuperación tras a COVID
- Política
A Xunta fai unha lista de proxectos públicos para optar aos fondos da UE e non revela os privados por "confidencialidade"
O Goberno galego entrega aos grupos parlamentarios unha relación de 247 proxectos públicos dos que di estimar que poderían "mobilizar" ata 7.000 millóns. Dos privados indica que son 107 e "acadan unha mobilización" duns 13.000 millóns. A listaxe de proxectos públicos combina iniciativas novas con outras xa previstas antes da pandemia e algunhas mencións xenéricas. Consulta aquí o documento íntegro
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta aposta por permitir máis "mobilidade" a quen porte un certificado de vacinación da COVID
O Sergas suma 188 casos novos da COVID-19 e a incidencia global segue estable, aínda que Sanidade admite preocupación polas cifras máis altas en contornas como as Rías Baixas. Galicia volve rexistrar máis de 200 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus
- Datos
- Acontece
Galicia volve caer por baixo dos 2,7 millóns de habitantes malia ao incremento da poboación nacida fóra
O pasado 2020 Galicia perdeu algo máis de 7.500 habitantes, segundo as cifras provisionais do Padrón municipal, aínda que a poboación nacida no estranxeiro aumentou en case 4.000 persoas e hai unhas 2.400 máis nadas noutras comunidades autónomas
- Documento
- Política
BNG e Bloco concretan na 'Carta do Porto' a súa alianza pola conexión ferroviaria e cultural galego-portuguesa
Ana Pontón e Catarina Martins instan o Goberno portugués a "passar do anúncio aos investimentos efetivos" na mellora da conexión ferroviaria e ao español, a ter "a mesma vontade de fazer estas ligações ferroviárias para a ligação Vigo-Porto, o Corredor Atlântico de mercadorias e o Eixo Atlântico de mercadorias"
- Documento Dereito á vivenda
- Política
A Xunta pagou 8.000 euros polo informe sobre ocupación de vivendas, que reproduce parágrafos dunha lei do PP de Castilla-La Mancha
O informe elaborado pola profesora e dirixente do PP Silvia Valmaña, que liga un incremento das ocupacións de vivendas co suposto "amparo" da alcaldesa de Barcelona á comisión de delitos, foi facturado pola Universidade de Castilla-La Mancha. Reproduce parágrafos enteiros dunha iniciativa presentada polo PP en Castilla-La Mancha varios meses antes que, segundo o propio partido, fora redactada por un equipo dirixido pola mesma dirixente popular