Os colexios médicos galegos avalan a seguridade de todas as vacinas aprobadas para a COVID: "Ningún temor, ningunha dúbida"
Os colexios médicos insta a centrarse en "acadar canto antes a inmunidade non só en Galicia, España ou Europa", senón tamén "nos países pobres, onde seguro que esta polémica resulta pouco menos ca ridícula". O Sergas leva administradas máis de 732.000 doses e case unha cuarta parte da poboación galega 'diana' recibiu polo menos unha
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea dous días sen mortes coa COVID por primeira vez dende o verán e a incidencia do virus apunta a unha suba
O Sergas rexistrou na última semana algo máis de mil casos novos; na anterior apenas superaran os 900. Malia aos lixeiros ascensos de incidencia, o número de concellos sen casos novos nos últimos 14 días segue superando amplamente o centenar
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta matiza a obriga de máscara no deporte ao aire libre mentres a incidencia da COVID segue estable
A incidencia da COVID-19 a 14 días rolda os 68 casos novos por cada cen mil habitantes para o conxunto de Galicia e o indicador a 7 días sitúase arredor dos 32. O Sergas administra 33.000 doses máis de vacinas e o 20% da poboación xa recibiu polo menos unha
O Congreso aproba a lei do cambio climático e o PP abstense mentres en Galicia asegura que a recorrerá
A nova lei fixa limiares no uso de enerxías de orixe renovable, unha redución das emisións de efecto invernadoiro en 2030 ou que todos os vehículos non comerciais que se vendan dende 2040 estean libres de emisións. O PP centrou a súa oposición á norma en Galicia no artigo 18 por considerar que pon en risco a continuidade de ENCE en Pontevedra, factoría pendente dun ditame da Audiencia Nacional á que pon de exemplo para toda a industria situada na costa. Na votación, optou pola abstención
- Datos Coronavirus
- Acontece
O uso de máscara queda en Galicia sen apenas cambios coa COVID estable e á espera das mudanzas na vacinación
O Sergas suma 132 casos novos do coronavirus e as incidencias a 7 e 14 días seguen estables, arredor dos 33 e os 67 casos novos por cada cen mil habitantes, respectivamente. A suspensión da vacinación con AstraZeneca a menores de 60 implicou a cancelación de 1.403 citas este xoves en Galicia; as autoridades sanitarias deben decidir agora que facer coa segunda dose e se administrala a maiores de 65
- Documento Angrois: traxedia en Compostela
- Política
A Audiencia da Coruña avala que un cargo de Adif sexa xulgado polos 80 mortos de Angrois ao mesmo nivel que o maquinista
A Audiencia da Coruña ratifica a proposta do instrutor, apoiada polo fiscal, de rematar a investigación e ir a xuízo case oito anos despois do sinistro
A EMA conclúe que a vacina de AstraZeneca ten máis beneficios ca riscos e os trombos son un "efecto secundario moi raro"
Tras analizar 86 casos de tromboses entre uns 25 millóns de persoas vacinadas, a Axencia Europea do Medicamento reafirma que "os beneficios da vacina continúan sendo maiores que os riscos para as persoas que a reciben". Horas despois, o Consello Interterritorial de Saúde decidiu pasar a administrala só á poboación maior de 60 anos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Fin do veto ás reunións de non conviventes nas casas mentres a incidencia da COVID segue estable en Galicia
O Sergas suma 181 casos novos nun contexto de incidencias acumuladas practicamente planas tanto a 7 como a 14 días. Tras a normalización das cifras ao finalizar o período festivo, as persoas hospitalizadas co coronavirus volven ser menos de 200
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rematou a Semana Santa con máis de 200 persoas coa COVID no hospital e os novos casos aínda estancados
O Sergas suma 140 novos casos nuns datos epidemiolóxicos que aínda non reflicten os posibles contaxios nas recentes xornadas festivas. O país rexistra 67 casos novos por cada cen mil habitantes a 14 días e algo menos da metade a sete días. En algo máis de 140 concellos non se rexistraron casos novos en dúas semanas
Caballero evoca os Pactos do Hostal no aniversario do Estatuto e anuncia a reclamación de 30 competencias pendentes
O PSdeG celebra o 40º aniversario do Estatuto reivindicando o seu "galeguismo inclusivo" fronte á "política da inacción de Feijóo" e tamén "fronte a aqueles que defenderon o separatismo", sinala Gonzalo Caballero. Entre as transferencias que se propón reactivar destaca a de tráfico e seguridade viaria, que implicaría o despregamento da Policía galega regulada por lei dende 2007
Pontón reclama todas as competencias pendentes do Estatuto e un "debate sereno" tras a pandemia para afondar no autogoberno
Ao fío do 40º aniversario do Estatuto, a líder do BNG chama a abordar tras a pandemia "un novo status político que nos recoñeza como o que somos, unha nación" cunha "nova relación co Estado, de tipo confederal". Ve "imprescindible abrir a transferencia" das arredor de 70 competencias pendentes no actual texto: "O mínimo que se pode esixir é que cumpran a lei"
O Estatuto galego fai corenta anos tras máis dunha década co autogoberno conxelado
A autonomía naceu nun ambiente político marcado polos ecos do 23-F e lonxe do entusiasmo que alimentara as reivindicacións autonomistas na fin da ditadura. En 2007 descarrilou de vez a reforma estatutaria e en 2009 Feijóo prometeu retomala, pero nunca o fixo. Dende aquela, o país transita polo período máis prolongado da historia da autonomía sen novas competencias