- Datos Coronavirus
- Acontece
O récord de probas descobre cifras inéditas de casos da COVID en Galicia e a hospitalización medra como en marzo
Os 1.727 casos novos rexistrados son un novo máximo en vinte e catro horas e a novena xornada consecutiva por riba do milleiro. Galicia volve rexistrar unha media superior ás 10 mortes diarias e os 879 ingresos son unha cifra equiparable á de finais de marzo. O Sergas procesa por primeira vez máis de 12.000 PCR nunha xornada e a taxa de positividade é o único indicador estable, ao seguir na contorna do 10%. Máis dun terzo dos concellos supera os 500 casos novos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas.
A Xunta prevé para política de vivenda uns cen millóns anuais ata 2025, por baixo do bipartito e de Fraga
Feijóo solemniza un "pacto social pola vivenda" que confía o 60% do investimento preciso a fondos privados e ratifica que o orzamento público na materia apenas vai medrar durante a actual lexislatura. O plan suxire que a Xunta vai subir os "prezos máximos de referencia das vivendas protexidas" porque "levan máis de 12 anos sen actualizarse" e isto "provoca que, en moitos casos, non sexa viable a súa construción"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas diagnostica por primeira vez máis de mil casos diarios da COVID-19 durante unha semana seguida
Sanidade suma 1.372 novos casos do coronavirus, un novo récord de positivos detectados en vinte e catro horas e Galicia conta máis de 800 ingresos hospitalarios ligados á pandemia, o máximo dende abril. O Sergas procesa máis de 11.000 probas PCR en vinte e catro horas por primeira vez e a positividade media para o conxunto de Galicia semella estabilizarse arredor do 10%
Endesa ratifica o peche da térmica das Pontes ao non ver viable a queima de lodos e biomasa
Alén dos "graves inconvenientes de carácter ambiental", Endesa esgrime que o alto custo da electricidade xerada co método probado deixaría a central pontesa "fóra do mercado eléctrico" e subliña que a fin da térmica non "foi un proceso sobrevido". O desmantelamento da factoría durará uns catro anos e a eléctrica asegura que se dispón a "activar" o seu plan para buscar proxectos empresariais que se instalen nas Pontes
- Datos Coronavirus
- Acontece
O impacto da COVID nos hospitais galegos dispárase ata niveis da primeira vaga tras máis de 8.000 casos nunha semana
As 778 persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 xa son máis que no pico do outono e o seu ritmo de incremento é semellante ao da primavera de 2020. Este martes, o Sergas suma 1.183 novos casos, máis de mil en vinte e catro horas por sétima xornada consecutiva
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta pecha hostalería e actividade "non esencial" en Arteixo, Viveiro e Xinzo e suspende todo o deporte federado autónomico
O que, na práctica, é un novo nivel reforzado de restricións pola COVID-19 inclúe o peche de ximnasios e bibliotecas e a suspensión de "calquera actividade cultural ou social". Só o deporte federado de ámbito estatal seguirá equiparado á actividade laboral a efectos das restricións da Xunta polo coronavirus
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os contaxios das semanas das festas elevan a presión no sistema sanitario galego ata máximos da pandemia
O incremento de persoas hospitalizadas por mor da COVID-19 é o maior dende o 28 de marzo e a cifra total de ingresos, 739, é a máis elevada dende o 15 de abril. O Sergas suma 1.025 casos novos e son xa seis as xornadas por riba do milleiro mentres a incidencia acumulada a 14 días xa supera os 500 casos por cada cen mil habitantes en tres áreas sanitarias
- Documento Dereito á vivenda
- Política
A Xunta pon 500 euros semanais para ter avogados de garda no seu teléfono 'antiocupacións'
O convenio da Xunta co Consello da Avogacía para asesorar sobre ocupacións chega tres anos despois da fin doutro acordo co mesmo organismo para axudar a persoas afectadas por desafiuzamentos, os cales seguen multiplicando por quince as intrusións ilegais
A explosión de contaxios tras as festas xa dispara a hospitalización por riba do pico do outono
Galicia rexistrou o maior número de ingresados positivos desde o 22 de abril. A taxa de positividade media no país a sete días supera por primera vez o 10%.
A detección masiva de contaxios tras o Nadal dispara a curva da COVID en Galicia ata máximos inéditos
A incidencia acumulada a 14 días supera os 380 no país, onde a media de diagnósticos é de máis de 800 casos na última semana tras confirmarse 1.343 novos na última xornada.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A expansión da COVID bate todos os seus récords en Galicia e a hospitalización dispárase ata o ritmo da primeira vaga
O Sergas nunca sumara máis de mil casos do coronavirus en vinte e catro horas e esta semana xa sucedeu tres veces. A positividade media a sete días supera o 9% e xa está por riba dos dous períodos comparables, o verán e o outono de 2020, a incidencia a 14 días xa é a máis alta da pandemia e as 595 hospitalizacións supoñen aproximarse ao pico do outono tras aumentar as persoas ingresadas en 50 nun só día
- Datos Coronavirus
- Acontece
A expansión do coronavirus chega a outro máximo en Galicia cun empeoramento máis veloz que no outono
O Sergas suma 1.190 novos positivos da COVID-19, máximo da serie histórica por segunda xornada consecutiva. A incidencia acumulada a 14 días aumenta a ritmo elevado en todas as áreas sanitarias e para o conxunto de Galicia está a piques de superar o pico da vaga do outono. A positividade media das PCR xa é superior á daquela e as 545 persoas hospitalizadas con test positivo son 126 máis que hai apenas unha semana