- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra as cifras de novos casos da COVID máis baixas en sete meses entre sinais de freo do descenso
O Sergas suma 152 e na última semana rexistra unha media duns 130 diagnósticos diarios por PCR. 438 dos 1.099 casos rexistrados na primeira semana de marzo son da área sanitaria da Coruña-Cee. Na cidade da Coruña o estancamento no descenso da incidencia chega cando aínda non dera baixado dos 200 casos por cada cen mil habitantes; a tendencia descendente máis pronunciada rexístrase agora en Lugo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra a xornada con menos casos da COVID dende agosto, pero con tantas hospitalizacións como en Reis
Os 88 novos casos que o Sergas suma este luns son a menor cifra en vinte e catro horas dende o 10 de agosto, cando as PCR procesadas eran moitas menos. As persoas ingresadas con test positivo da COVID son 16 máis que o día previo, pero 138 menos que unha semana antes
A investigación da fusión das caixas volve quedar conxelada e acumula tres meses sen trámite ningún
Durante uns cinco anos, a comisión de investigación mantívose inactiva por vontade do grupo maioritario da Cámara, o PP, que alegara a necesidade de "arrefriar o debate". Logo das últimas eleccións galegas, no pasado mes de outubro a Cámara abriu a comisión por terceira vez, pero axiña volveu deterse.
Pontón defende o "dereito a manifestarse con todas as garantías" este 8M e o PP pide prohibilo "por lei"
A líder do BNG ve unha "campaña orquestrada polo PP e Vox" para "abonar o terreo para culpabilizar as mulleres" dunha eventual cuarta vaga da pandemia. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva (PSdeG), maniféstase "disconforme con impedir as manifestacións das mulleres (...) Canta ideoloxía hai nesta decisión, canto de culpabilizar ás mulleres?", pregúntase
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta limita as restricións de mobilidade a 17 concellos dende o 8 de marzo pola mellora dos indicadores da COVID
Sanidade liga o levantamento dos peches das áreas da Coruña e Pontevedra á relativa mellora das cifras de hospitalización. Este 5 de marzo, o cómputo do Sergas suma 210 novos casos da COVID-19 e o número de persoas ingresadas con test positivo do coronavirus queda en 400. Xa faleceron 2.262 persoas que foran diagnosticadas desta doenza en Galicia
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta amplía os límites de asistencia pola COVID a reunións laborais ou sindicais, en velorios e os postos nas feiras
O límite para reunións "laborais, institucionais, académicas, profesionais, sindicais" pasa de 30 a 75 persoas en interior e de 75 a 150 ao aire libre. Nos concellos incluídos no nivel máis baixo de restricións, os centros cívicos e sociocomunitarios poden reabrir ao 30% da súa capacidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
O ritmo de novos diagnósticos da COVID baixa a niveis de agosto en Galicia, pero con 400 persoas máis no hospital
O Sergas diagnosticou uns 170 casos ao día mediante PCR na última semana e as persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus aínda roldan as 250. Cinco concellos superan os 500 casos por cada cen mil persoas a 14 días e noutros noventa non houbo positivos nas últimas dúas semanas. Entre as cidades, todas agás Ourense manteñen a tendencia descendente na súa incidencia
- Análise Coronavirus
- Acontece
Un ano coa COVID en Galicia: cen mil positivos, dúas mil mortes e infinitos plans esfarelados
O 4 de marzo de 2020, o Sergas daba por confirmado o primeiro caso positivo por SARS-CoV-2 en Galicia. Dez días despois, comezaba o confinamento nun país inmerso nun clima preelectoral que marcou a xestión da primeira vaga da pandemia. Máis dun terzo das persoas contaxiadas que faleceron ata agora en Galicia co coronavirus viviran en residencias de persoas anciás ou con discapacidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia agarda polo efecto da terceira 'desescalada' coa menor incidencia da COVID-19 en cinco meses
Galicia rexistra uns 130 caso novos da COVID por cada cen mil habitantes nos últimos 14 días e arredor de 50 na última semana e o Sergas admite a necesidade de cautela á espera dun maior alivio nos hospitais, onde aínda hai máis de 400 persoas ingresadas con test positivo do coronavirus, e tamén ata ver o efecto da 'desescalada'. O Sergas xa computa 2.256 mortes de persoas que contraeran a doenza.
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
Unha décima parte da poboación galega vive en concellos sen casos novos da COVID na última semana
Cos datos pechados a 1 de marzo, 155 concellos non rexistraran casos novos da COVID-19 nos sete días previos. Ata 86 deles acumulaban nesa xornada dúas semanas 'libres' do coronavirus
A Xunta di agora que dará instrucións para non volver revelar a empresas datos persoais de quen lle fai peticións de transparencia
Unha directora xeral cualifica de “incidente puntual” o que un departamento subordinado admitiu que se fai “sempre” e asegura que vai “evitar no futuro este tipo de incidentes”
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos de cen casos da COVID nun día en Galicia por primeira vez dende agosto tras máis de 400 mortes en febreiro
Tras dous meses seguidos con máis de 400 mortes de persoas que contraeran a COVID-19, o total chega xa ás 2.252. Apenas media decena de concellos superan os 500 casos novos por cen mil habitantes a 14 días, limiar que a Xunta fixara para o máximo nivel de restricións