- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia é un 60% superior á previa ao Nadal malia ao descenso máis intenso dende o inicio da pandemia
Tras unha caída sen precedentes, a incidencia acumulada a 14 días baixa dos 300 casos novos por cada cen mil habitantes; antes do Nadal era inferior a 190. As UCI experimentan os primeiros descensos significativos de pacientes coa COVID e rexistran 169 ingresos, menos que no pico da primeira vaga por primeira vez dende finais de xaneiro
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia xa é inferior ao pico da segunda vaga, pero aínda duplica a previa ao Nadal
A incidencia a 14 días rolda os 329 casos novos por cada cen mil habitantes; antes do Nadal estaba en torno a 165. Apenas 40 concellos superan os 500 casos neste indicador e ningún deles é xa unha das sete cidades. As 863 persoas ingresadas con test positivo supoñen a menor cifra nun mes, pero aínda por riba do máximo na segunda vaga. Xa morreron 2.147 persoas que contraeran a doenza
Unha residencia de Gondomar notifica cinco mortes de anciáns que contraeran a COVID con máis de dous meses de atraso
Sanidade asegura que a residencia Vila do Conde non lle notificou ata os días 12 e 15 de febreiro estas cinco mortes acontecidas entre finais de novembro e principios de decembro. A residencia Paz y Bien de Tui notificou con varias semanas de atraso o falecemento de tres residentes que morreran no centro despois de que fose intervido pola Xunta tras un forte gromo do coronavirus
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos de 200 positivos do coronavirus nas UCI galegas por primeira vez dende o Nadal
As actuais 187 persoas na UCI con test positivo da COVID son dez máis que no pico de ocupación da primeira vaga, pero case 70 menos que a comezos de mes, cando chegaron a ser 254. O Sergas suma 357 casos novos, a menor cifra en vinte e catro horas dende principios de xaneiro, e tras máis de dúas semanas de pronunciado descenso, a incidencia acumulada a 14 días aínda duplica a rexistrada antes das festas
- Datos Coronavirus
- Acontece
As hospitalizacións pola COVID baixan do milleiro en Galicia un mes despois mentres a caída da incidencia frea o seu ritmo
As 951 persoas hospitalizadas con test positivo da COVID-19 son 327 menos que hai unha semana, o maior descenso en sete días dende o comezo da pandemia, pero a ocupación das UCI segue sendo moi alta, por riba dos 200 pacientes co coronavirus. Os 359 novos positivos sumados polo Sergas son a cifra máis baixa en vinte e catro horas dende o 5 de xaneiro, e o total de falecementos chega a 2.124.
Feijóo pide "reflexión" no PP tras o pau nas eleccións catalás, cuxa participación cuestiona malia ser semellante á das galegas
Feijóo di considerar que Casado é "tan responsable do resultado catalán como o foi o presidente Sánchez" no que denomina "descalabro" do PSdeG o 12X, aínda que os socialistas galegos non perderan representación e aumentaran 1,5 puntos o seu resultado. Unha vez incorporado o voto CERA, a participación nas eleccións galegas de 2020 quedou no 48,9%. Nas catalás tamén roldará o 50% unha vez sumado o sufraxio exterior
A Xunta levanta a restrición horaria do comercio pola COVID e reabre espazos culturais e aulas universitarias
Retómase o deporte en instalacións ao aire libre e a competición federada e fanse máis flexibles as visitas en residencias que completasen a vacinación, pero Feijóo pide “prudencia” porque “a incidencia sobe moito máis rápido do que baixa”
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia baixa a niveis próximos ao pico da segunda vaga, pero cun 70% máis de hospitalización
O Sergas suma 372 novos casos e a media diaria de diagnósticos a sete días xa é inferior ao pico da segunda vaga, pero aínda supera as cifras previas ao Nadal. As persoas hospitalizadas con tes positivo do coronavirus volven superar ao milleiro nun contexto de lento descenso do número de persoas contaxiadas do coronavirus que precisan asistencia na UCI
A reforma do 'voto emigrante' promovida por PSOE e Podemos suprime o sufraxio rogado e mantén a obriga de anexar o DNI
A modificación da lei electoral xa rexistrada no Congreso por socialistas e UP prevé remitir de oficio a documentación a todas as persoas do CERA, que descarguen as papeletas de internet e as remitan cunha copia do carné. Inclúe unha depuración do censo para eliminar a inscrición de persoas falecidas e persegue aumentar a participación dun colectivo que, no caso de Galicia, xa se achega ao medio millón de persoas
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia segue por riba do peor da segunda vaga tras dúas semanas de pronunciado descenso
O Sergas suma 648 casos novos cunha media duns 721 diagnósticos por PCR ao día na última semana, aínda tamén por riba do máximo da segunda vaga malia á liña descendente. A hospitalización xa é inferior á do pico da primeira vaga, pero nas UCI segue habendo máis de 200 persoas con test positivo. Galicia rexistra na última semana unha media de vinte mortes ao día de persoas contaxiadas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O freo da COVID comeza a chegar aos centros sanitarios galegos, aínda máis presionados que na primeira vaga
Máis de 14.000 altas epidemiolóxicas nos primeiros dez días de febreiro contribúen a moderar os casos activos e a hospitalización, que rexistra a primeira baixada significativa nas UCI malia seguir por riba do pico da primeira vaga. O Sergas suma 677 novos casos e o gran número de probas ligadas aos cribados contribúe a que descendan as taxas de positividade mentres rexistra unha media diaria superior ás 20 mortes na última semana
O PSdeG busca apoios para unha moción de censura contra Baltar e ve no achegamento do PP a Jácome un intento de evitala
Os socialistas piden "poñer fin a 35 anos de baltarismo", ao que ven máis feble ca nunca tras o fracaso dos seus bipartitos con Democracia Ourensana, mediante unha moción de censura que precisaría tamén a DO, BNG e Ciudadanos. Evitan aclarar se chegaron a ofrecer a presidencia dun eventual goberno alternativo á deputada de Ciudadanos, partido que di querer unha "solución de amplo espectro" con PP e PSOE