- Datos Coronavirus
- Acontece
A expansión da terceira vaga da COVID acouga en Galicia entre rexistros inéditos de hospitalización e mortes
A media diaria de diagnósticos do coronavirus rolda os mil na última semana tras superar os 1.300 a finais de xaneiro, que rematou chegando ás 400 mortes de persoas que contraeran a doenza. O total de persoas hospitalizadas coa COVID semella transitar polo seu pico, pero a presión hospitalaria segue sendo moi elevada e a ocupación das UCI continúa marcando máximos de toda a pandemia
O Congreso volve aprobar o traspaso da AP-9 a Galicia, pendente dos descontos nas peaxes incluídos nos Orzamentos do Estado
A lei do traspaso da AP-9 que agora retoma o Congreso ten a súa orixe en 2015, nunha proposición do BNG avalada pola unanimidade do Parlamento galego que o Goberno de Rajoy vetou en varias ocasións forzando un artigo da Constitución e esgrimindo cálculos que non se correspondían coa realidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID comeza a frear en Galicia cunha inédita carga nos hospitais tras o segundo mes con máis mortes da pandemia
Tras chegar aos niveis máis altos dende o inicio, a incidencia acumulada a 7 días xa comezou a descender e o indicador a 14 días semella chegar ao pico da terceira vaga. O Sergas rexistra menos de mil casos en vinte e catro horas por primeira vez dende o 12 de xaneiro e os falecementos de persoas infectadas polo coronavirus chegan aos 1.775. As 1.452 persoas hospitalizadas son outro récord da pandemia, pero o incremento semanal modérase
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia albisca o pico de incidencia da COVID con hospitais ao límite e unha media de 16 mortes diarias
O incremento de hospitalización é o menor nun día dende mediados de mes pero os pacientes na UCI con test positivo da COVID son outro máximo da pandemia, con 193. Dous días da última semana rexistraron 22 mortes de persoas que contraeran a COVID-19 e o total chega a 1.688 mentres a incidencia segue marcando máximos da pandemia cada día, aínda que diminuíndo o seu ritmo de incremento
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os ingresos coa COVID nas UCI galegas superan á primeira vaga tras dispararse dende o inicio do ano
As 178 persoas co coronavirus nas UCI galegas son dúas máis que no pico de abril, que se supera dous días despois de deixar atrás o total de hospitalización da primeira vaga. Galicia segue rexistrando unha media dunhas 15 mortes por xornada tras dúas semanas con máis de mil casos diarios rexistrados cada día. A suba da incidencia acumulada amosa lixeiros sinais de freo e descende por primeira vez dende o Nadal en dúas cidades
- Guía Coronavirus
- Acontece
As novas restricións da Xunta pola COVID e as súas excepcións: das parellas que non conviven á caza
Os peches perimetrais manteñen excepcións laborais ou médicas e para mercar produtos básicos que non haxa no propio concello, mais tamén para cazar. As persoas que vivan soas poden xuntarse cunha "única unidade de convivencia" e as parellas que residan en domicilios diferentes tamén poden reunirse
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia afronta as restricións máis estritas pola COVID dende o confinamento con 15 mortes ao día e a maior presión hospitalaria
Tras rexistrar ata 27 novos falecementos, tres deles da última xornada, o total chega aos 1.649 e a media diaria de mortes da última semana rolda as 15. Despois de superar o pico de hospitalización total da primeira vaga, está a piques de suceder o mesmo coa ocupación máxima das UCI mentres o Sergas acumula dúas semanas sumando cada día máis de mil novos casos
A Xunta adía o reinicio das clases presenciais na universidade pola COVID e mantén abertos escolas, colexios e institutos
As tres universidades retomarán as clases a través de internet o 8 de febreiro, inicialmente por unha semana. Como no conxunto de Galicia, o número de positivos "activos" ligados aos centros de ensino aumentou en maior medida tras o Nadal
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas chega á súa fase máis crítica na pandemia pola explosión de casos da COVID tras as semanas das festas
Galicia xa supera o pico de hospitalización da primeira vaga con 1.154 ingresos. Sanidade rexistra 1.402 novos casos, máis de mil por décimo terceira xornada consecutiva, e unha media diaria superior ás 12 mortes. Os concellos sen novos casos en dúas semanas son menos de 20 e o incremento da incidencia modérase, pero lonxe de indicar que o coronavirus frea de xeito significativo
Unha residencia ourensá notificou a morte por COVID dunha anciá que se curou por un "erro de identificación"
A familia da muller falecida non soubo da súa morte e do funeral celebrado en Xove por mor da identificación errónea ata dez días despois, cando a anciá que se recuperou foi trasladada de volta á súa residencia de orixe. A Fundación San Rosendo, propietaria de ambos centros, subliña que estes feitos de "gravidade" non teñen "precedentes" entre "os máis de cen traslados que se realizaron dende o pasado decembro"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID carga os hospitais máis que na primeira vaga e o ritmo de casos augura outra semana con subas de ingresos
As 1.066 persoas ingresadas por mor da COVID-19 son 99 máis que un día antes, o maior incremento nun día dende o 28 de marzo, e supoñen estar a piques de alcanzar o pico de hospitalización da primeira vaga. O Sergas suma outros 1.528 novos casos da COVID e as mortes xa son máis de 1.600. As incidencias acumuladas a 14 e a 7 días seguen empeorando, pero o seu ritmo de incremento é menor que na semana previa por primeira vez dende decembro
- Datos Coronavirus
- Acontece
Presión sen precedentes no Sergas pola COVID tras sumar máis de 22.000 casos dende o inicio de xaneiro
As actuais 967 hospitalizacións ligadas á COVID son apenas 140 menos que no pico de presión hospitalaria da primeira vaga mentres o récord de casos activos, por primeira vez máis de 18.000, contribúe a sobrecargar a Atención Primaria e o rastrexo. Este sábado, Sanidade suma 1.889 casos novos, outro récord en vinte e catro horas, e 15 mortes máis