A detección masiva de contaxios tras o Nadal dispara a curva da COVID en Galicia ata máximos inéditos
A incidencia acumulada a 14 días supera os 380 no país, onde a media de diagnósticos é de máis de 800 casos na última semana tras confirmarse 1.343 novos na última xornada.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A expansión da COVID bate todos os seus récords en Galicia e a hospitalización dispárase ata o ritmo da primeira vaga
O Sergas nunca sumara máis de mil casos do coronavirus en vinte e catro horas e esta semana xa sucedeu tres veces. A positividade media a sete días supera o 9% e xa está por riba dos dous períodos comparables, o verán e o outono de 2020, a incidencia a 14 días xa é a máis alta da pandemia e as 595 hospitalizacións supoñen aproximarse ao pico do outono tras aumentar as persoas ingresadas en 50 nun só día
- Datos Coronavirus
- Acontece
A expansión do coronavirus chega a outro máximo en Galicia cun empeoramento máis veloz que no outono
O Sergas suma 1.190 novos positivos da COVID-19, máximo da serie histórica por segunda xornada consecutiva. A incidencia acumulada a 14 días aumenta a ritmo elevado en todas as áreas sanitarias e para o conxunto de Galicia está a piques de superar o pico da vaga do outono. A positividade media das PCR xa é superior á daquela e as 545 persoas hospitalizadas con test positivo son 126 máis que hai apenas unha semana
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A Xunta pecha 63 concellos pola nova vaga da COVID, adianta o toque de queda e restrinxe máis a hostalería
Os peches perimetrais individuais atinxen aos 60 concellos en nivel máximo de restricións e mais ás 3 cidades que quedan en nivel alto: Vigo, Pontevedra e Lugo. A hora de peche máxima para o comercio pasa a ser as 21:30
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistra máis de mil casos da COVID en 24 horas por primeira vez dende o comezo da pandemia
A incidencia acumulada achégase aos máximos da segunda onda, nun crecemento que continuará. Todas as cidades empeoran os seus datos e A Coruña, Santiago, Ourense e Ferrol duplican os seus casos dende Noiteboa. Nos últimos dous días houbo 24 mortes. A ocupación de camas nos hospitais aumenta un 25% en catro días.
A nova escalada de positivos da COVID en residencias galegas evidencia a importancia da vacinación
Ata 590 residentes en centros de maiores e persoas con discapacidade faleceron en Galicia tras contraer a COVID e agora rexistran máis de 300 positivos. A Xunta intervén a residencia Paz y Bien de Tui, con 66 contaxios entre persoas residentes; a dirección defende que "non fomos intervidos por mala xestión", senón "porque o 95% do persoal de enfermaría está de baixa"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A nova vaga da COVID dispárase en Galicia co rexistro de novos casos en niveis máximos da pandemia
O Sergas suma 844 novos positivos, a segunda cifra máis elevada da pandemia tres días despois de rexistrar 914, rexistro récord dende o inicio. A media diaria de diagnósticos duplícase en apenas dúas semanas mentres Sanidade confirma 12 mortes máis e Galicia se aproxima aos 300 casos por cada cen mil habitantes nas últimas dúas semanas, aínda que catro cidades xa superan este limiar
- Documento
- Política
O PP tramita a inclusión de leiras abandonadas no Banco de Terras tras considerala unha medida comunista
A lei que agora impulsa o PP ten o Banco de Terras como peza clave e inclúe medidas nas que os populares vían unha "sovietización encuberta" con "incautacións de terras" de consecuencias "gravísimas". A norma regula aspectos como a investigación sobre a propiedade dos predios, que poderá comezar por iniciativa da Xunta ou por "comunicación ou denuncia" de terceiros, e estipula en que casos unha parcela se considera abandonada ou "infrautilizada"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O empeoramento da COVID tras o Nadal xa bate nos hospitais galegos co maior incremento de pacientes dende abril
O Sergas rexistra 468 hospitalizacións de persoas coa COVID-19, 47 máis que un día antes; delas, 71 están na UCI. A media diaria de novos diagnósticos a sete días pasa en apenas dúas semanas de menos de 300 a máis de 570. Por cidades, a incidencia máis elevada segue en Santiago e a máis estable e baixa continúa sendo a de Lugo, a única cidade sobre a que agora non pesa un peche perimetral
A Xunta afronta o Xacobeo cos macroeventos vetados pola pandemia e pregando á Igrexa que prorrogue o Ano Santo
Dende o nacemento do Xacobeo en 1993, a Xunta acompañou a celebración relixiosa do Ano Santo cun programa de óptica turística marcado por grandes eventos agora incompatibles coa COVID-19. A prórroga do Ano Santo reclamada pola Xunta para prolongar o Xacobeo non causa entusiasmo no Arcebispado de Santiago e o seu titular subliña a vertente "espiritual" da celebración
- Vídeo
- Política
Pontón compromete "arrimar o ombro para superar a crise" na súa primeira mensaxe de fin de ano co BNG á fronte da oposición
A líder do Bloque difunde por primeira vez unha mensaxe de fin de ano para prometer que a formación soberanista vai perseverar en ter a "man tendida" con "propostas en positivo" fronte á COVID. Encadra nun compromiso de "non escatimar esforzos para sacar o país adiante" a súa reclamación de "trato xusto nos Orzamentos Xerais do Estado" ou de "xestión directa dos fondos europeos"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas suma a maior cifra de positivos da COVID nun mes e a taxa de probas positivas apunta a empeoramento
No inicio dos días nos que cabe agardar que comecen a aflorar os contaxios do Nadal, o Sergas suma 484 positivos, a maior cifra en 24 horas dende finais de novembro. A positividade media das probas PCR xa traspasou o limiar do 5% que a OMS sinala para dar por controlada a pandemia nun territorio