O Consello de Contas non é quen de "verificar, de forma precisa" canto aforrou a Xunta en coches oficiais
Feijóo cifrara en 6 millóns de euros o aforro no parque móbil na súa primeira lexislatura como presidente; o Consello de Contas di que non é quen de "verificar, de forma precisa" canto foi aforrado
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rolda os 800 casos da COVID nun día e a porcentaxe de probas positivas dispárase na área de Ferrol
O Sergas suma 791 novos casos do coronavirus, outro máximo en días de récord no número de probas PCR realizadas, e outras catro mortes. A incidencia acumulada a 14 días supera por primeira vez os 300 novos casos por cada cen mil habitantes no global galego. As 74 persoas diagnosticadas do coronavirus ingresadas en UCI supoñen outro máximo da segunda vaga
- Datos Coronavirus
- Acontece
Récord de positivos e probas da COVID en Galicia nun día coas áreas de Ferrol e Vigo á fronte do empeoramento
O Sergas nunca rexistrara 770 novos casos da COVID-19 en vinte e catro horas, pero tampouco procesara ata agora máis de 10.000 PCR nunha xornada. Sanidade suma outras 8 mortes nunha xornada co 7,5% das probas PCR con resultado positivo, porcentaxe que practicamente duplican as áreas ferrolá e viguesa
A Xunta estende o confinamento perimetral e o veto ás reunións de non convivintes a toda a Galicia urbana
As restricións polo coronavirus que xa estaban vixentes en varios puntos da provincia de Ourense esténdese agora ás demais cidades, algúns dos seus concellos lindeiros e tamén ao municipio de Vimianzo.
A Xunta inaugura o 'cumio' da patronal do xogo de azar e felicítaa por ser "responsable" coa COVID e xerar "riqueza"
O vicepresidente Rueda inaugurou o encontro da patronal do xogo e comprometeuse a que a futura lei do xogo "envíe á sociedade a mensaxe de que é un sector importante, responsable, ordenado e que xera riqueza". A organización reclama rebaixas de impostos para compensar a pandemia
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Os casos da COVID ligados ao ensino roldan o milleiro e afectan a case 500 centros
Os datos parciais da Xunta impiden coñecer cantos casos de coronavirus ligados a escolas, colexios e institutos se acumulan dende o inicio do curso. Dous centros están pechados e outros 39 teñen aulas en corentena, segundo o Goberno galego.
A veciñanza das autonomías non confinadas pode viaxar a Galicia malia aos peches de Asturias e Castela e León
Aos peches de Asturias e Castela e León súmase nos vindeiros días a restrición ás entradas e circulación en Portugal, un peche de Galicia 'por fóra' que non é total porque o decreto do estado de alarma sinala que "non está sometida a restrición ningunha a circulación en tránsito" a través das autonomías con confinamentos perimetrais
As contas do Estado para 2021 destinan 55 millóns a rebaixar as peaxes da AP-9
A principal partida do Ministerio de Transportes para peaxes da AP-9 consigna 50 millóns a "establecer bonificacións adicionais ás xa existentes". Inclúe 3,4 millóns para compensar o 1% de suba anual polas recentes ampliacións da autoestrada e 1,5 millóns para a "gratuidade" do tramo Vigo-Redondela
O Orzamento do Estado prevé investir en Galicia un 10% máis que as contas de 2019 malia á liña descendente pola fin do AVE
O primeiro orzamento do Goberno de coalición do PSOE e UP prevé 832 millóns de euros en investimento territorializado para Galicia. En termos cuantitativos, as obras que absorben máis fondos son os treitos pendentes da autovía A-54 entre Lugo e Santiago e en materia ferroviaria, a mellora da liña de Ourense a Lugo. As fragatas que Defensa constrúe en Ferrol e a rexeneración da ría do Burgo, entre os proxectos máis cuantiosos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os casos novos da COVID marcan máximos en Galicia, pero a taxa de probas positivas é un terzo da de marzo
Galicia suma 693 novos casos da COVID-19 e a taxa de PCR positivas rolda o 9%, porcentaxe máxima da segunda vaga pero un terzo da máis alta rexistrada en marzo. Sanidade confirma outros dous falecementos mentres a información do Ministerio, construída con datos da Xunta, reflicte unha vintena de persoas hospitalizadas máis que as indicadas polo Sergas a causa da COVID-19
A Xunta recorre ao fondo de imprevistos para tapar un buraco de 1,2 millóns nos ingresos do Xacobeo polo coronavirus
O Goberno galego xustifica a necesidade desta inxección de fondos na S.A. do Xacobeo para compensar a "perda de ingresos por motivo da COVID-19" e poder afrontar "gastos correntes". A sociedade do Xacobeo tiña previsto ingresar neste 2020 uns 3 millóns da Xunta e outros 2,4 da rede de albergues
Sanidade mantén intactas as restricións pola COVID en Galicia mentres Feijóo censura as medidas en clave estatal
A Xunta non fai uso polo momento da potestade de alterar o horario do confinamento nocturno e manteno de 11 da noite ás 6 da mañá. "Santiago preocúpanos moito", admite o conselleiro, que tamén pon o foco nos datos das contornas de Ferrol, Ourense, O Carballiño, Verín e Lugo e non contempla polo momento aplicar o confinamento perimetral de toda Galicia, permitido no estado de alarma