- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus estabilízase en Galicia antes das semanas clave do Nadal e entre alertas sobre a terceira vaga
O Sergas suma 249 novos casos e a media diaria dos novos diagnósticos segue na contorna dos 300. Santiago xa é a cidade galega con maior incidencia acumulada a 14 días, indicador que para para o conxunto de Galicia se estanca arredor dos 180 casos novos por cada 100.000 habitantes. O número de persoas hospitalizadas segue sen baixar de arredor das 350
Santalices evoca o Estatuto do 36 como "semente" da actual autonomía no cuadraxésimo aniversario do referendo de 1980
A excepción da breve intervención do presidente do Parlamento, o silencio político e institucional en torno ao cuadraxésimo aniversario do referendo do Estatuto foi practicamente total
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta permite traspasar os peches pola COVID do 23 ao 25 para encontros familiares do Nadal, pero pide non facelo
Sanidade mantén a petición de celebrar as festas só entre conviventes e recomenda xuntar, como máximo, dúas unidades familiares ou seis persoas adultas máis catro menores. Médicos integrantes do comité clínico do Sergas fan fincapé na súa petición de limitar os contactos: "Temos que chegar todos vivos a 2021"
A UE autoriza a vacina de Pfizer contra a COVID, que chegará a Galicia menos de dez meses despois do primeiro positivo
A Axencia Europea do Medicamento basea o seu visto e prace á vacina Comirnaty en "datos suficientemente robustos" sobre a súa "calidade, seguridade e eficacia". A Xunta prevé comezar a vacinación entre persoas anciás que viven en residencias e mais con persoal destes centros e do Sergas
Feijóo di non oporse a "pedir desculpas, se hai que pedilas" polas máscaras no acto do PP e non fará corentena tras dar negativo
O presidente da Xunta sostén que non foi "contacto estreito" de ningunha persoa contaxiada, suposto no que os protocolos estipulan corentena, e indica que as PCR ás persoas asistentes ao acto do PP foron realizadas por "precaución". No mitin, o propio xefe de filas dos populares galegos recuperou a tese segundo o a cal o Goberno de España contribuír a agravar a pandemia cunha "chamada masiva" a participar nas mobilizacións feministas do 8M
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia volve estancarse arredor dos 300 casos diarios da COVID e a incidencia en Santiago é a peor das cidades
O Sergas suma 286 novos positivos, a cifra máis baixa en seis xornadas, e suma outro tres falecementos para un total de 1.341 mentres o alivio segue sen chegar aos hospitais, con continuas subas e baixadas de persoas ingresadas por mor do coronavirus. A incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia deixou de baixar e agora rolda os 180 casos novos por cada 100.000 habitantes
Feijóo acusa o Goberno de España de agravar a pandemia cunha "chamada masiva a participar" nas manifestacións do 8M
O presidente da Xunta e do PP asegura que houbo unha "falta estrepitosa de funcionamento do sistema de alerta epidemiolóxica" despois "coroada cunha chamada masiva a participar naquelas coñecidas manifestacións". Nun acto de partido na Coruña, advirte ante Pablo Casado de que antes de gobernar cómpre "acreditar experiencia"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A repunta do coronavirus consolídase en Galicia a unha semana do Nadal
O Sergas suma 408 novos casos da COVID e a media diaria de diagnósticos xa volve superar os 300. A incidencia a 14 días acumula xa case unha semana de incremento e, entre as principais cidades, Santiago segue a trazar a liña máis claramente ascendente. A hospitalización volve aumentar e segue na contorna das 350 persoas ingresadas con test positivo.
A lei de eutanasia, aprobada no Congreso por ampla maioría 22 anos despois da morte de Ramón Sampedro
A norma promovida polo PSOE sae adiante no Congreso con 198 votos a prol e a única oposición do PP, Vox e os seus aliados. Concede o dereito á eutanasia a quen sufra unha doenza "grave e incurable" ou un "padecemento grave, crónico e imposibilitante"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia a 14 días da COVID en Galicia sobe por primeira vez en mes e medio entre reflexos da ponte da Constitución
Galicia encadea dúas xornadas con máis de 400 novos casos do coronavirus por primeira vez dende finais de novembro. Entre as cidades, Santiago é segue amosando peor evolución e a única na que a incidencia do virus traza unha liña claramente ascendente
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma máis de 400 novos casos da COVID por primeira vez en vinte días
O Sergas suma 424 casos e a media diaria de diagnósticos prolonga o seu estancamento na contorna dos 300. Entre as sete principais cidades, Santiago é a que mantén unha incidencia á alza máis clara e Lugo, a única que polo momento segue en liña descendente. As mortes de persoas infectadas chegan ás 1.323 tras sumar o Sergas outras seis.
O Sergas pide celebrar o Nadal só con conviventes ou xuntar como máximo dous fogares
A Xunta confirma o peche perimetral de Galicia do 23 de decembro ao 6 de xaneiro, pero coa excepción das visitas a familiares. Recomenda tamén a "estudantes que se movan dentro de Galicia" a inscrición no rexistro de viaxe para facerlles probas da COVID