- Datos Coronavirus
- Acontece
Os brotes de Ourense disparan os novos casos de coronavirus en Galicia ata máximos da pandemia
Máis da metade dos máis de 400 novos casos de cada un dos últimos dous días son da área sanitaria de Ourense, na que o 22% das probas PCR están a dar positivo e onde o brote da residencia Os Gozos é xa, con 153 persoas usuarias infectadas, o maior de Galicia nun destes centros. Catro novas mortes elevan o total a 780.
A mobilización dun colexio de Brión logra que a Xunta permita contratar máis persoal para o comedor
O Concello ofrecía a contratación de persoal adicional para unha segunda quenda de comedor, pero a Xunta negábase ao admitir só familias voluntarias para atender o servizo, deixando fóra do comedor a case 200 estudantes. "Non é unha concesión, non é un regalo, é un dereito que se recupera tras moitas semanas de arduo traballo", destaca a asociación de nais e pais deste colexio brionés
O Tribunal Superior avala o peche de Ourense para frear o coronavirus por ser "idóneo para a protección da saúde"
O TSXG considera que as medidas, que tamén recibiron visto e prace da Fiscalía, "son idóneas para a prevención e protección da saúde da poboación á que van destinadas" e "proporcionais". O Sergas incrementa as restricións no Carballiño
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta amosa tras sete meses a serie estatística do coronavirus, pero evita os datos abertos e por concellos
Por primeira vez dende o comezo da pandemia, o Goberno galego accede a publicar cifras que ata agora negaba, como o número diario de casos novos, pero segue evitando ofrecer unha fonte de datos abertos e información detallada por concellos ou comarcas. Os brotes en residencias de Ourense derivan no peor dato de positivos nun día dende marzo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Dous brotes en residencias de maiores da provincia de Ourense suman máis de 150 novos casos de coronavirus
A residencia Os Gozos, da Fundación San Rosendo no Pereiro de Aguiar, ten agora 109 positivos entre residentes e dous no cadro de persoal. Os datos xerais divulgados pola Xunta apuntan a 289 novos casos da COVID-19 nas últimas vinte e catro horas, aínda que diversos indicadores procedentes de Sanidade e Política Social discrepan entre si sobre se inclúen ou non os surtos nestes centros de maiores. As persoas falecidas chegan ás 774
A UE retomará en 2021 a adiada inspección sobre o control de España á radioactividade na costa galega
O compromiso da Comisión para controlar a supervisión do estado dos bidóns guindados entre 1949 e 1982 chegou despois de ficar certificado que, durante décadas, ninguén vixiou periodicamente a radioactividade nas augas. "O problema non é que a misión pase de 2020 a 2021 polo coronavirus, senón que pasasen máis de 40 anos sen verificar o estado do residuos", subliña Ana Miranda, voceira do BNG en Bruxelas
A información parcial da Xunta xa impide saber cantos novos casos do coronavirus se rexistran nos centros de ensino
O Goberno galego remite aos medios datos sobre os casos "activos" de coronavirus nos centros educativos, que polo momento non divulga para a cidadanía en xeral. Ao non especificar as cifras de altas, non é posible coñecer cantos casos novos se rexistran en cada centro nin no cómputo global de Galicia mentres o sindicato maioritario do sector, CIG-Ensino, reitera a esixencia de transparencia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Douscentos novos casos da COVID-19 no primeiro día con máis de 7.000 probas e co foco en Ourense
A relativa estabilidade e mesmo tendencia descendente no resto de Galicia provoca que o empeoramento en Ourense non dispare os datos da COVID-19 para o conxunto do país. Catro novos falecementos elevan o total a 769
Feijóo deslígase da creba do bipartito de Ourense e culpa o PSdeG de que Jácome sexa alcalde
O presidente da Xunta e do PP deixa claro que a resolución da crise ourensá queda nas mans de Baltar e fai responsable o PSdeG de que os populares se coligasen con DO por non facilitar que o barón ourensán seguise á fronte da Deputación. "Foron vostedes quen provocaron a crise para salvar o baltarismo colocando na alcaldía a aquel do que dicía que era letal para Ourense", acusa Gonzalo Caballero
Sousa sinalou o galego e á esquerda como atrancos de Pescanova mentres activaba a trama de contas falsas
A dúas semanas das eleccións galegas , Sousa avogou publicamente polo retorno do PP á Xunta, atribuíndo ao Goberno de PSdeG e BNG atrancos para unha empresa na que xa comezara a artellar, segundo sentencia a Audiencia Nacional, unha rede de "relacións comerciais ficticias" para obter cartos dos bancos e "desfigurar a realidade da verdadeira situación económic de Pescanova"
Fernández de Sousa, condenado a oito anos de prisión polo entramado para falsear as contas de Pescanova
Segundo a sentenza da Audiencia Nacional, a ex-cúpula de Pescanova "planeou" métodos de financiamento irregulares mediante compravendas falsas e empresas pantalla para estafar os bancos e posibles investidores
Galicia é a autonomía que máis contactos atopa en cada caso de COVID-19, pero segue ignorando onde se contaxia o 80%
O Sergas identifica uns 5 contactos por cada positivos detectado, o mellor resultado do Estado no rastrexo 'cara a adiante', mentres segue co peor no rastrexo 'cara a atrás'. O pasado xullo, a Xunta atribuíu a elevada porcentaxe de casos sen orixe identificada a un "problema" coa enquisa aos pacientes que, subliñaba, estaba a piques de corrixir