- Datos Coronavirus
- Acontece
As mortes coa COVID seguen en máximos da segunda vaga en Galicia mentres a incidencia do virus cae aos poucos
Seis das 17 novas mortes computadas polo Sergas son persoas que vivían na residencia de Salvaterra e morreron no propio centro, que acumula unha vintena de falecementos de persoas contaxiadas. Sanidade suma 409 novos casos e a incidencia acumulada a 14 días baixa do limiar dos 300 casos por cada cen mil habitantes tras unha semana cun lixeiro incremento de probas PCR, pero con menos positivos
O BNG sinala unha suba do 20% do investimento en Galicia como limiar para valorar votar "si" aos Orzamentos do Estado
O proxecto orzamentario prevé investimentos en Galicia por importe de 832 millóns de euros e o Bloque ultima emendas parciais para subilo ata un "mínimo" de 1.000 millóns. Ana Pontón e Néstor Rego amosan "disposición a negociar" e o PSdeG di agardar que, finalmente, a formación soberanista actúe con "responsabilidade" e opte polo voto afirmativo ás contas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O novo pico da COVID segue sen baixar nos hospitais galegos mentres os novos casos se moderan
As 110 persoas diagnosticadas da COVID-19 que precisan asistencia na UCI supoñen outro máximo da segunda vaga da pandemia. O Sergas suma 444 novos casos do coronavirus e a media semanal de diagnósticos mediante PCR baixa ata a contorna dos 500 ao día mentres Sanidade confirma outras 7 mortes que elevan o total de falecementos ligados á pandemia ata os 1.069
- Crónica
- Política
Feijóo empurra o galego no ensino de volta cara á ruptura que promoveu en 2007
Mentres os datos sociolingüísticos apuntan a que, se algo fixo o galego no ensino na última década foi retroceder, o PP volve en Galicia ao vieiro da alerta de importación sobre o castelán oprimido nas aulas polo resto de idiomas oficiais, agora a conta da reforma educativa que promove o Goberno de España
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus dá sinais de freo en parte de Galicia tras máis de cen mortes nos primeiros once días de novembro
Oito dos falecementos incorporados ao cómputo oficial son das últimas vinte e catro horas e outros sete, de varios días anteriores. O número de novos casos segue en cifras inferiores aos das semanas previas, con 523 na última xornada, mentres a cifra de probas PCR volve ascender por riba das 8.000 en vinte e catro horas e a súa positividade media baixa do 8% tras varias semanas de estabilidade nesa cifra
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia aínda se resente do empeoramento da COVID en outubro con 15 mortes e máis ingresos mentres frean os novos casos
Sete dos 15 falecementos computados polo Sergas correspóndense coa xornada do martes e outros 8, con días anteriores. Nos primeiros dez días de novembro Galicia sumou 91 mortes ligadas á pandemia. Máis da metade dos 520 novos casos rexístranse nas áreas sanitarias da Coruña e Vigo nunha xornada de incremento das PCR tras varios días á baixa
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suma de 18 mortes de días previos fai que Galicia xa supere os mil falecementos ligados á COVID
Dezaoito das 21 mortes incluídas no cómputo oficial do Sergas producíronse entre o venres e o domingo e as tres restantes, o luns. Nove son persoas que viviran en residencias de maiores. O Sergas suma 383 novos casos, a cifra máis baixa dende o 20 de outubro, tras unha xornada con algo máis de 4.300 probas PCR, o menor número dende o 21 do mesmo mes, mentres a súa positividade segue estable na contorna do 8%
A Xunta muda as restricións da COVID no transporte: permite ocupar todos os asentos, prohibe comer e recomenda non falar
Sanidade indica agora que se pode "ocupar a totalidade" dos asentos en buses e barcos, pero "deberase manter a máxima separación entre persoas" cando "o nivel de ocupación o permita". En autobuses e barcos sen asignación de asento, a Xunta pasa a recomendar que "as persoas usuarias anoten no billete o número de asento que ocupen"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A hospitalización por COVID toca outro teito en Galicia mentres segue freando o número de positivos e probas
Os 399 novos casos notificados este luns son a cifra máis baixa en vinte días mentres tamén descende a cifra de test PCR, se ben a correlación entre ambos indicadores non é a mesma en todas as áreas sanitarias. As 605 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus supoñen outro máximo da segunda vaga mentres o Sergas suma outras 7 mortes e a porcentaxe de probas PCR positivas continúa na contorna do 8%
A opacidade sobre o rastrexo ensombrece a mudanza nos protocolos da Xunta para atallar o coronavirus
A Xunta está determinada a manter en segredo cantas persoas traballan no dispositivo de rastrexo de contactos da COVID-19, mesmo tras asignarlle a esta Central de Seguimento tarefas que ata agora encomendaba ao persoal médico de Atención Primaria, como a petición de probas PCR para contactos estreitos de persoas contaxiadas
Os Franco enfróntanse a multas de ata 150.000 euros se levan de Meirás sen permiso as esculturas do Mestre Mateo
En declaracións a 'La Razón', os herdeiros do ditador confirman que teñen en marcha a contratación de "entre trinta e cincuenta camións" para baleirar o Pazo, que conta no seu interior con "obxectos de moitísimo valor"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Leves sinais de freo da COVID en Galicia e menos probas tras un outubro disparado que segue a bater nos hospitais
O descenso de novos casos coincide cunha baixada na cifra de PCR que, malia seguir en máximos da pandemia, son ata o sábado unhas 9.000 menos que a semana anterior e seguen nunha taxa de positividade na contorna do 8%. O Sergas notifica outras cinco mortes que elevan o total a 981 e os ingresos ligados ao coronavirus en coidados intensivos son agora 89; a principios de outubro apenas superaban a trintena e nos primeiros días de setembro, a quincena