Conta atrás para os Franco en Meirás, 82 anos e 5 días despois
O xeneral golpista quedou co pazo o 5 de decembro de 1938, cando llo entregou a 'Junta Pro Pazo del Caudillo', culminando a operación financiada con achegas económicas forzosas. Os herdeiros de Franco din estar dispostos á entrega mentres non se resolve o seu recurso. Non obstante, a xuíza advirte de que "se non proceden á entrega voluntaria" o día fixado, a Policía procederá "ao inmediato desaloxo"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas suma outras 7 mortes ligadas á pandemia entre tímidos sinais de freo no aumento da incidencia do virus
Sanidade suma 666 novos casos do coronavirus, 639 diagnósticos mediante PCR, e a incidencia acumulada a 14 días descende por primeira vez dende hai un mes. A porcentaxe de probas PCR positivas segue na contorna do 8% e destaca a suba de positividade na área de Lugo, afectada polo brote detectado na residencia de maiores de San Cibrao
O estudo da COVID que a Xunta tivo oculto dende xuño conclúe que o Sergas apenas detecta un terzo dos contaxios
A Xunta aceptou, tras catro meses, remitir ao Parlamento a segunda parte do seu estudo de seroprevalencia do coronavirus, á que tivo acceso Praza.gal. Estima que apenas un 1,2% da poboación galega estivera exposta ao virus e inclúe unha conclusión dunha única frase: "O valor da prevalencia da positividade en Galicia é tan baixo que non se pode contar con practicamente ningunha protección derivada da inmunidade de grupo"
O PP galego volve axitar a bandeira da "imposición lingüística", agora contra a reforma educativa do Goberno de España
Os populares reciclan o discurso da "imposición lingüística" para rexeitar o texto pactado no Congreso que "garante o dereito" do alumnado a "recibir ensinanzas en castelán e nas demais linguas cooficiais" por non se referir ao castelán como "lingua vehicular". Preguntado pola parte concreta do texto que rexeita, o 'número dous" do PP galego retruca que o que "queda claro" son as "intencións reais" da reforma
- Datos Coronavirus
- Acontece
As PCR positivas chegan a outro máximo da segunda vaga e Galicia ten máis de 10.000 activos da COVID por primeira vez
O Sergas suma 685 novos diagnósticos mediante PCR e un total de 722 novos casos. A incidencia acumulada a dúas semanas sitúase nos 340 e é a maior dende o comezo da pandemia. Cinco das 9 novas mortes computadas por Sanidade son de persoas que viviran en residencias de maiores, tres das cales faleceron nos propios centros. O número de persoas ingresadas nos hospitais galegos con test positivo xa se achega ás 600
A Xunta suprime a obriga de non ir ao colexio para estudantes e docentes que convivan con casos sospeitosos de COVID
Todas as versións do protocolo educativo aprobadas pola Xunta ata agora ordenaban "non acudir ao centro" a estudantes ou persoal que convivisen con persoas "sospeitosas de padecer" a COVID-19 ata que o eventual positivo fose desbotado. Máis de 600 centros de ensino en Galicia suman 1.256 positivos do coronavirus e un colexio de Vigo ten 9 aulas pechadas por esta razón
- Datos Coronavirus
- Acontece
A presión da COVID segue á alza nos hospitais galegos e Ourense mellora tras máis dun mes coas restricións máis severas
O Sergas suma 760 novos casos da COVID-19 e outras sete mortes mentres o ritmo de novas probas volve a máximos da pandemia. A incidencia acumulada a 14 días segue por riba dos 300 casos novos por cada 100.000 habitantes no global de Galicia e a positividade media das probas PCR, na contorna do 8% porque as baixadas nas áreas de Ourense e Santiago nos últimos días contribúen a amortecer os empeoramentos noutras
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
Para non perderse: guía dos peches pola COVID que a Xunta impón ata decembro
Os novos confinamentos perimetrais entran finalmente en vigor ás cero horas do sábado, 7 de novembro, e a referencia para o seu remate é o 4 de decembro. As novas restricións xerais para toda Galicia están vixentes dende o 5 de novembro. Os peches nos 60 concellos con medidas reforzadas atinxen á hostalaría e outras actividades vinculadas ao lecer
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os hospitais galegos reséntense polo empeoramento da pandemia e as probas positivas seguen arredor do 8%
As 563 persoas hospitalizadas, 80 delas na UCI, supoñen outro máximo na segunda vaga da pandemia. O Sergas suma 644 novos casos do corononavirus e o total de falecementos ligados á doenza sitúase en 951 tras rexistrar sanidade outras sete mortes
A Xunta pecha a hostalaría e impón confinamento perimetral dun mes a 60 concellos
Nos concellos afectados polas medidas reforzadas, que Feijóo xustifica pola necesidade de "resetear" o sistema sanitario e "salvar a campaña de Nadal", terán que pechar todos os locais de hostalería agás para servizo a domicilio. As medidas estarán en vigor dende o día 6 ás tres da tarde
As restricións pola COVID en Galicia seguen intactas e coa vista posta no venres 6 e no luns 9
O subcomité do venres deberá decidir se os confinamentos perimetrais e as restricións de reunións para non convivintes continúan ou non alén dos 7 días aprobados; do día 9 en diante, Feijóo pode facer uso de competencias da prórroga do estado de alarma para decisións como modificar o toque de queeda
O TSXG desbota ordenar á Xunta dar clase por internet a familias que o esixen por "temor ao contaxio" da COVID
577 centros educativos teñen algún caso da COVID-19 entre o seu alumnado ou persoal, segundo a Xunta, que cifra os positivos en 1.181.