- Datos Coronavirus
- Acontece
Os casos novos da COVID marcan máximos en Galicia, pero a taxa de probas positivas é un terzo da de marzo
Galicia suma 693 novos casos da COVID-19 e a taxa de PCR positivas rolda o 9%, porcentaxe máxima da segunda vaga pero un terzo da máis alta rexistrada en marzo. Sanidade confirma outros dous falecementos mentres a información do Ministerio, construída con datos da Xunta, reflicte unha vintena de persoas hospitalizadas máis que as indicadas polo Sergas a causa da COVID-19
A Xunta recorre ao fondo de imprevistos para tapar un buraco de 1,2 millóns nos ingresos do Xacobeo polo coronavirus
O Goberno galego xustifica a necesidade desta inxección de fondos na S.A. do Xacobeo para compensar a "perda de ingresos por motivo da COVID-19" e poder afrontar "gastos correntes". A sociedade do Xacobeo tiña previsto ingresar neste 2020 uns 3 millóns da Xunta e outros 2,4 da rede de albergues
Sanidade mantén intactas as restricións pola COVID en Galicia mentres Feijóo censura as medidas en clave estatal
A Xunta non fai uso polo momento da potestade de alterar o horario do confinamento nocturno e manteno de 11 da noite ás 6 da mañá. "Santiago preocúpanos moito", admite o conselleiro, que tamén pon o foco nos datos das contornas de Ferrol, Ourense, O Carballiño, Verín e Lugo e non contempla polo momento aplicar o confinamento perimetral de toda Galicia, permitido no estado de alarma
Feijóo di estar a prol do confinamento nocturno pero ataca a Pedro Sánchez por "cargarse o consumo no Nadal"
O presidente da Xunta proclama, tras a conferencia de presidencias autonómicas co Goberno de España, que abeirar as novas restricións pola COVID-19 nun estado de alarma é "cargarnos o consumo no Nadal" e "pechar a Semana Santa", ademais de "demoledor" para a "reputación internacional de España"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Tres días con máis de 600 casos sitúan as probas positivas do coronavirus en Galicia en máximos da segunda vaga
O cómputo do Sergas rexistra 613 novos casos da COVID-19 e oito mortes máis, catro delas de persoas que viviran en residencias de maiores. A incidencia acumulada segue á alza e por riba dos 200 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos catorce días, nos que destaca a aceleración na área sanitaria de Ferrol
A Xunta di que o director da CRTVG será remudado cando haxa "diálogo" tras mudar a lei para mantelo indefinidamente
A Secretaría Xeral de Medios limítase a constatar que a elección da dirección xeral da radio televisión pública require dunha ampla maioría en resposta a unha pregunta do PSdeG sobre as datas previstas para substituír a Sánchez Izquierdo. Tamén elude valorar as "denuncias de manipulación informativa na CRTVG" apelando á "obriga de respectar a autonomía e independencia" dos medios públicos
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma máis de 500 positivos de coronavirus nun día por primeira vez dende marzo
A área sanitaria de Santiago acumula 131 dos 532 novos casos rexistrados polo Sergas en vinte e catro horas. O cómputo oficial rexistra nove mortes máis, tres delas de persoas que vivían en residencias e outra, dunha paciente oncolóxica afectada polo brote no hospital provincial de Pontevedra
Un concello en vermello pola COVID non sempre significa o mesmo: guía para non perderse nas cores da Xunta
Os mapas da Xunta sobre a incidencia da COVID-19 nos concellos mesturan indicadores diferentes para sinalar niveis de "alerta" que, á súa vez, non se corresponden cos utilizados para aplicar restricións, e representan coa mesma cor municipios en situacións epidemiolóxicas moi diferente. No caso de aplicar as directrices xerais da nova guía do Ministerio, coa que o Goberno galego di concordar, os niveis de alerta do Sergas si pasarían a corresponderse cos niveis de restricións
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma once mortes e rolda os 500 casos de coronavirus no día con peor evolución da segunda vaga
Os 472 novos casos que suma o Sergas supoñen o máximo da segunda vaga en vinte e catro horas nas que foron realizadas algo máis de 6.500 probas PCR. A incidencia acumulada próxima aos 200 casos por cada 100.000 habitantes nas últimas dúas semanas e as máis de 360 persoas hospitalizadas tamén supoñen os niveis máis altos dende o verán
- Guía Coronavirus
- Acontece
A Xunta activa as restricións polo coronavirus máis estritas dende o desconfinamento
Nos 302 concellos con restricións nivel 2, alén do veto aos encontros de máis de 5 persoas rexe a limitación xeral de capacidade do 50% ás actividades en espazos interiores de uso público. Nos once concellos con medidas de nivel 3, os límites son máis estritos para as reunións e en tres contornas da provincia de Ourense rexe o confinamento perimetral.
- Datos Coronavirus
- Acontece
344 centros de ensino teñen casos de coronavirus en Galicia, pero só dous están pechados
A Xunta cifra en 608 os positivos de coronavirus entre alumnado e profesorado e di que solicitou "informes de expertos" sobre "os criterios axeitados de ventilación" nos centros educativos para previr a COVID-19
- Datos Coronavirus
- Acontece
Ourense suma un cento dos 447 novos casos da COVID e ten apenas un terzo de concellos sen restricións especiais
Na capital ourensá a incidencia do coronavirus a 14 días comeza a remitir, pero segue por riba dos 460 casos por 100.000 habitantes na provincia. Os case 5.500 "positivos activos" en toda Galicia son a maior cifra da segunda vaga e practicamente igualan o máximo da primeira, cando eran realizadas moitas menos probas