O Parlamento abre por terceira vez a investigación da fusión das caixas, que o PP tivo media década bloqueada
O PP aborda a nova reapertura da comisión sobre a fusión amosando o seu "orgullo" por impulsar a unión de Caixa Galicia e Caixanova, o BNG ve unha "vergoña" ter que seguir pescudando dez anos despois e o PSdeG lamenta que, para os populares, a culpa do "maior pelotazo da historia de Galicia" sexa "de calquera, agás do padriño da fusión", en referencia a Feijóo
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas suma nove mortes e 357 positivos da COVID-19, que segue a acelerar en Santiago e Vigo
Ata 91 dos novos casos son da área de Santiago-Barbanza e outros 67, da de Ourense, onde a incidencia comeza a descender aos poucos malia seguir sendo moi elevada. Cinco dos novos falecementos notificados son de persoas que vivían en residencias de maiores. A porcentaxe de PCR positivas só está en dúas áreas sanitarias por baixo do 5% que a OMS sinala como limiar para o control da doenza
Segunda unanimidade no Parlamento en torno á comisión para paliar as consecuencias do coronavirus
A unanimidade que presidiu a decisión de crear a comisión mantense na aprobación das súas normas de funcionamento malia ás discrepancias puntuais sobre a duración, que será duns tres meses
- Datos abertos Coronavirus
- Acontece
Galicia volve superar os 400 positivos da COVID-19 nun día coa peor evolución de toda a segunda vaga
O Sergas suma 425 novos positivos en vinte e catro horas, 417 detectados mediante PCR, e suma catro mortes das que tres eran residentes do mesmo centro de maiores. As máis de 300 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus supoñen outro máximo da segunda vaga nun contexto no que destaca o empeoramento da situación na área sanitaria de Vigo
A Xunta négase oficialmente a facilitar os seus datos abertos do coronavirus malia á Lei de Transparencia
Sanidade responde a unha petición expresa de transparencia remitindo á web que activou a pasada semana, na que non existe a posibilidade de descargar e reutilizar series históricas de datos como aposta na súa propia lexislación
A Xunta defende que casinos e apostas pechen máis tarde que os bares porque a clientela non "interactúa"
O responsable de Interior da Xunta desbota a proposta do PSdeG, que pide que casinos, bingos e locais de apostas teñan, "polo menos, a mesma limitación" no horario de peche pola COVID-19 que os bares. Defende que estes locais non se "equiparan, en ningún aspecto" con pubs ou bares porque non hai "interacción entre usuarios", ofrecen "actividades individuais" e o consumo de bebidas é só unha "actividade complementaria" á do xogo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera as 800 mortes ligadas á pandemia e a hospitalización chega a outro máximo da segunda vaga
O Sergas engade 247 novos casos do coronavirus e Ourense segue sendo a área que suma máis novos positivos, pero cunha tendencia á moderación mentres aumentan os rexistros de Vigo e da Coruña. As persoas ingresadas con test positivo da COVID-19 son xa 265.
O Goberno de España confirma que prevé anular o xuízo e a condena dos golpistas a Alexandre Bóveda
O Executivo advirte nunha resposta ao BNG que a nova Lei de Memoria Democrática declarará "radicalmente nulas" as condenas por razóns políticas ou ideolóxicas durante a guerra civil, así como a "ilexitimidade e nulidade" dos tribunais impulsados polo fascismo daquela.
A Xunta permite ata finais de semana algúns eventos xa reservados en restaurantes para máis de dez persoas
Sanidade permite "celebracións e eventos" para máis de dez persoas que estivesen reservados antes do día 14 cos restaurantes, cuxos propietarios terán que "comunicalos" á Consellería. Un membro do comité clínico considera que cómpre "pedir desculpas" porque "moitos cargos e algúns médicos" transmitiron, "se cadra, que rematara a pandemia co final da desescalada; ou a mensaxe foi equivocada ou non se interpretou ben"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Sete mortes, 250 novos positivos e repunta xeral da incidencia do coronavirus en Galicia
Sanidade admite "certos indicios" preocupantes pola "tendencia crecente no número de casos" nas últimas xornadas, aumentando unha incidencia acumulada que no caso da área sanitaria de Ourense continúa disparada
A Xunta limita a dez persoas as reunións en toda Galicia polo coronavirus e confina O Carballiño, O Irixo e Boborás
O Goberno galego tamén endurece as restricións en Verín e na comarca de Celanova. Todas as novas medidas estarán en vigor dende as cero horas do xoves, 15 de outubro
A investigación parlamentaria da fusión das caixas abrirá por terceira vez en sete anos, cinco deles parada
A segunda reapertura chegará entre os ecos do auto da Audiencia Nacional que cuestiona a "obrigada" fusión polo estado ruinoso no que Caixa Galicia chegou á operación. A comisión de investigación foi constituída por primeira vez en marzo de 2013, pero o PP bloqueouna antes das eleccións europeas de 2014 para "arrefriar o debate", segundo xustificou en 2016; accedeu a reabrila en 2017 e, tras uns poucos meses, volveu ficar paralizada