Sousa sinalou o galego e á esquerda como atrancos de Pescanova mentres activaba a trama de contas falsas
A dúas semanas das eleccións galegas , Sousa avogou publicamente polo retorno do PP á Xunta, atribuíndo ao Goberno de PSdeG e BNG atrancos para unha empresa na que xa comezara a artellar, segundo sentencia a Audiencia Nacional, unha rede de "relacións comerciais ficticias" para obter cartos dos bancos e "desfigurar a realidade da verdadeira situación económic de Pescanova"
Fernández de Sousa, condenado a oito anos de prisión polo entramado para falsear as contas de Pescanova
Segundo a sentenza da Audiencia Nacional, a ex-cúpula de Pescanova "planeou" métodos de financiamento irregulares mediante compravendas falsas e empresas pantalla para estafar os bancos e posibles investidores
Galicia é a autonomía que máis contactos atopa en cada caso de COVID-19, pero segue ignorando onde se contaxia o 80%
O Sergas identifica uns 5 contactos por cada positivos detectado, o mellor resultado do Estado no rastrexo 'cara a adiante', mentres segue co peor no rastrexo 'cara a atrás'. O pasado xullo, a Xunta atribuíu a elevada porcentaxe de casos sen orixe identificada a un "problema" coa enquisa aos pacientes que, subliñaba, estaba a piques de corrixir
O alcalde de Ribadeo pide que a Xunta informe os concellos das cifras do coronavirus: "É desalentador sabelo pola prensa"
"Non hai mellor momento ca este para actuar coordinados e para iso, quen ten a información, que é a Xunta, ten que dala", subliña Fernando Suárez (BNG). A Fegamp, cuxo presidente se reúne este martes con Feijóo, a oposición parlamentaria e o Colexio de Xornalistas tamén veñen reclamando á Xunta a publicación de datos abertos e completos sobre a evolución da pandemia en Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
O empeoramento en Ourense pon fin á tendencia descendente da segunda vaga do coronavirus en Galicia
Galicia suma 254 novos casos do coronavirus, 117 deles na área sanitaria de Ourense, onde faleceron outras dúas persoas. Ao contrario que noutras fins de semana, o número de probas PCR procesadas cada día en Galicia continúa en máximos, con máis de 6.000 nunha soa xornada
Audasa perde cartos por primeira vez en tres décadas a causa do coronavirus
A concesionaria da AP-9 perdeu uns 664.000 euros no primeiro semestre de 2020; no mesmo período de 2019 gañara máis de 18 millóns de euros. A compañía, que non menciona se buscará acollerse á compensación das perdas por parte do Estado, comezara 2020 cun incremento do 2,69% no prezo das peaxes
- Crónica
- Política
Saudades da orde perdida con arrecendo a La Toja
Mentres no mundo real se anunciaban restricións para conter a pandemia, no Foro La Toja celebrado nun hotel da Toxa, políticos de antes e de agora lanzaban titulares cun intenso arrecendo a saudades por unha orde que xa non é o que era
A Xunta prohibe en Ourense as reunións de persoas que non convivan e suma Ortigueira e Cambados ás restricións
As restricións na cidade de Ourense pasan a ser as máis estritas para a liberdade de reunión dende a fin do confinamento ao que, advirte Sanidade, habería que recorrer se os contaxios non remiten. Galicia rexistra 206 novos casos da COVID-19 e outros dous falecementos.
A Xunta intensifica a súa campaña sobre ocupación de vivendas mentres admite que non ten "datos reais" ao respecto
Tribunal Superior e Policía sinalan a escaseza de casos pero a conselleira de Vivenda volve asegurar que existe "sensación de impunidade" e "salienta" as ocupacións antes da reunión do Observatorio da Vivenda porque "están dando moito que falar" e "lle preocupa a Galicia". Anuncia un "teléfono para prexudicados por ocupacións" e o encargo dun "mapa da ocupación en Galicia" que terá como obxectivo "obter datos reais sobre o problema", evidenciando que polo momento non os ten
- Datos Coronavirus
- Acontece
Máis da metade dos casos de coronavirus confirmados en Galicia rexistráronse tras o estado de alarma
Dende o comezo da pandemia, Galicia leva rexistrados uns 23.000 casos da COVID-19. O número de probas é unha diferenza clave entre ambas vagas; na segunda, case o 70% dos positivos detectados en Galicia non presentan síntomas e acumula 128 falecementos, fronte aos 619 da primeira
- Datos Coronavirus
- Acontece
Récord de probas PCR en Galicia no segundo día con máis mortes da segunda vaga da pandemia
Este 30 de setembro foron procesadas en Galicia máis de 6.800 PCR; o día con máis probas na primeira vaga non chegou ás 4.200. A media semanal de casos novos descende dos 200 ao día por primeira vez dende finais de agosto; o Sergas destaca que un dos pacientes falecidos non tiña ningunha "patoloxía previa". A peor evolución continúa en Ourense.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Setembro finaliza coa segunda vaga da pandemia do coronavirus en liña descendente en Galicia
Tras manterse na contorna dos 250 casos novos ao día durante boa parte de setembro, Galicia remata o mes encadeando tres días con menos de douscentos positivos por primeira vez dende agosto. Os falecementos son xa 740 tras outras catro mortes, tres delas na área ourensá