As novas regras da pandemia pactadas con Madrid atinxen (sobre o papel) a Vigo, A Coruña e Ourense
O "principio de acordo" con Madrid que aborda este mércores o Consello Interterritorial implica "limitar a mobilidade" en cidades con máis de 100.000 habitantes que superen varios limiares epidemiolóxicos. O pactado responde ao reclamado por Ayuso no sentido de que as restricións adicionais non sexan só para Madrid, aínda que actualmente todas as cidades que cumpren todas as condicións están só nesa comunidade. A Fegamp di que a Xunta accede a informar aos concellos dúas veces á semana, pero parcialmente
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encadea dous días con menos de 200 casos da COVID-19 por primeira vez dende agosto, pero suma cinco mortes
A media semanal de novos casos diarios descende ata os 219, a cifra máis baixa nun mes. Catro das cinco persoas falecidas, que elevan o total a 736, son da área sanitaria da Coruña. Os casos "activos" aumentan só na área sanitaria de Ourense mentres o total de persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus tende á estabilidade
- Documento
- Política
O PP disponse a promover un pronunciamento do Parlamento de Galicia a prol do rei
O texto que o PP promoverá aprobar no Parlamento, nos concellos e nas deputacións parte da tese de que está "en marcha" un "proceso para liquidar a nosa democracia". Inclúe un punto de defensa "da unidade da nosa nación" e outro, chamando a "protexer e apoiar o labor (...) de todas as institucións do Estado, co rei á cabeza"
Baltar ascende o líder dos 'rebeldes' de Democracia Ourensana a vicepresidente da Deputación
Baltar nomea como vicepresidente con dedicación exclusiva a quen tamén foi avogado de Jácome mentres o PP accede por primeira vez a negociar unha posible moción de censura para desbancar da alcaldía ao líder de DO
- Datos abertos Escola pública
- Acontece
Medio cento de centros de ensino en Galicia teñen algunha aula pechada por casos de coronavirus
Os positivos ligados a centros de ensino son 219, vinte máis que un día antes, segundo os datos difundidos este venres pola Xunta, correspondentes ao xoves
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos da COVID-19 volven asentarse na contorna dos 240 no día con máis PCR dende o inicio da pandemia
A media semanal de casos diarios descende ata os 237 no segundo día da semana sen novos falecementos ligados ao coronavirus, pero increméntase a hospitalización. A tendencia da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés segue a empeorar e o Sergas incorpora a Vilanova de Arousa aos concellos con restricións para tentar frear os contaxios
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos positivos do coronavirus en Galicia volven superar os 250 e o Sergas suma cinco mortes
O efecto do gran número de altas provoca que os "positivos activos", indicador de referencia para a Xunta, sexan só un máis e queden en 4.461. Na última semana ingresaron case 170 persoas en Galicia con test positivo da COVID-19, segundo o Ministerio de Sanidade. A área sanitaria con maior incidencia de casos "activos" é a de Pontevedra-O Salnés, pero a peor evolución rexístrase na de Ourense
O Concello de Lugo confronta a "alarma social" por ocupación de casas axitada pola Xunta cos únicos seis casos existentes
Tres días despois de que o Tribunal Superior considerase que a "alarma" por ocupacións semella "non estar avalada polas cifras" porque as demandas xudiciais ao respecto descenden, a conselleira de Vivenda defendeu que experimentan "un incremento" e laiouse de que estas accións "non sexan delito", aínda que en realidade si están recollidas no Código Penal
- Vídeo Coronavirus
- Política
A Xunta di non ter clara a "definición" de rastrexador da COVID-19 nin cantos son tras dicir Feijóo que hai 6.000
O conselleiro de Sanidade limítase, en resposta ao PSdeG no Parlamento, a afirmar que na central de seguimentos de contactos traballa un "número axeitado" de persoas que "se adapta ás necesidades que se producen en cada área" e insta a ter en conta que o rastrexo é un "proceso" complexo e non un "oficio" concreto
Xacobeo vs. Ano Santo: Feijóo quere estender a 2022 o evento turístico e a Igrexa garda silencio no relixioso
O presidente bota sobre as autoridades relixiosas a responsabilidade dun evento que ao seu ver vai "máis alá dunha celebración, debe ser unha ferramenta económica na que debemos tentar apoiarnos". O arcebispado compostelán limítase a evidenciar que a celebración relixiosa comezará cando estaba previsto mentres o número de peregrinos experimenta unha histórica caída
- Mapas Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende as restricións pola COVID-19 a Vilagarcía e ao Milladoiro e enduréceas no barrio ourensán do Couto
As restricións seguen "sen cambios" en Santiago, Silleda, Lalín, Lugo, Poio, Pontevedra, Vilaboa, Marín e Verín, así como no resto do concello de Ourense e nos barrios da Coruña onde xa estaban vixentes. O Goberno galego continúa sen publicar datos da evolución da pandemia a nivel municipal ou comarcal
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos de coronavirus volven superar os 250 nun día en Galicia, 90 en residencias
A residencia Nosa Señora do Viso, en Lobeira, suma 61 novos positivos entre residentes e membros do cadro de persoal. Outros 23 correspóndense co centro Ballesol de Oleiros, nunha xornada sen novos falecementos rexistrados e con máis de 5.000 probas PCR, no que os novos casos equivalen a menos do 5% do total de test realizados