- Documento Investigación ás caixas
- Política
A Xunta despachou en cinco páxinas o aval á fusión das caixas que agora envía ao Parlamento por orde xudicial
O ex-deputado Antón Sánchez viña reclamando dende 2013 o informe co que a Xunta autorizou a fusión das caixas; o pasado xuño o TSXG condenou o Goberno galego a entregar o documento. Nel limítase a resumir as vantaxes da operación que as propias entidades esgrimían ou a referirse ao visto e prace do Banco de España. Non achega ningunha pescuda propia nin se refire ao informe que encargara a KPMG por un millón de euros para impulsar a fusión
Feijóo suxire que o Estado reparte a vacina da COVID con criterio partidista malia o protocolo que prioriza a poboación de risco
Feijóo considera que "non sería xustificable" que "se manden doses ás comunidades en función de determinadas cores" ou "necesidades parlamentarias", se ben non aclara onde percibe eses criterios. A Estratexia de Vacinación prioriza as persoas residentes en centros de maiores e o persoal que as atende; neste marco, Galicia ten asignada unha primeira entrega dunhas 18.500 doses
- Datos Coronavirus
- Acontece
O avance do coronavirus contense en Galicia á espera do impacto dos encontros do Nadal
Sanidade suma 293 novos casos e unha morte. O descenso no número de probas PCR nos días do Nadal, posterior a xornadas de récord impulsadas polos cribados masivos, influíu no incremento das taxas de positividade mentres preocupa a evolución da incidencia en varias comarcas e a hospitalización rexistra o maior incremento en vinte e catro horas do último mes
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas detecta 236 positivos da COVID nunha xornada marcada polo baixo número de probas polo Nadal
A importante baixada no número de PCR explica o aumento da taxa de positividade e o descenso na detección de novos casos. A presión hospitalaria volve aumentar.
A Xunta deixa conxelado o complemento das pensións non contributivas por décimo ano consecutivo
Tras retornar á Xunta o PP pasou de anunciar a supresión do complemento en 2009 a mantelo e incrementalo en 2011 ata os 206 euros, nos que segue conxelado unha década despois. Feijóo xustificara a conxelación nos menores Orzamentos con respecto á etapa de PSdeG e BNG; en 2021, o Goberno conta co maior volume de fondos da súa historia e a partida tampouco aumenta.
Galicia chegou ao Nadal coa incidencia da COVID estabilizada e récord de probas
As cifras mánteñense estables tras o aumento de contaxios da pasada semana. O pasado 23 de decembro o Sergas realizaou case 10.700 PCR nunha soa xornada.
- Con vídeo Coronavirus
- Acontece
Comeza a vacinación da COVID en Galicia: as claves dun reto loxístico, clínico e divulgativo
Tras as primeiras 500 doses do simbólico primeiro día, para unha residencia de Santiago, o luns 28 chegarán a Galicia outras 18.000 e comezará a distribución cara ao resto de centros de maiores dende un ultraconxelador central. O persoal de enfermaría do Sergas volve ser clave nun proceso no que as autoridades sanitarias alertan tamén contra as desinformacións a respecto da tecnoloxía da vacina e os seus efectos alén da inmunización
O PSdeG insta a Feijóo a aclarar por que non fixo corentena pero pasou unha PCR tras o positivo da conselleira do Mar
O presidente da Xunta retruca advertindo de que dispón dun dossier "cheo de fotografías que me pasa o gabinete, dos líderes do PSdeG e do BNG sen máscara en actos públicos" e asegura que o test da conselleira foi previo ao mitin do PP na Coruña e debido á súa viaxe á Bruxelas, aínda que despois o Goberno galego admite que foi posterior e por mor dun positivo na súa contorna persoal
Feijóo remata o ano parlamentario acusando o BNG de "traizoar a Galicia" e ao PSOE, de "mentir sobre as mortes" da pandemia
Para o presidente da Xunta, "dicir que xestionamos mal a pandemia" é tanto como "non apreciar os profesionais" do Sergas. "É incapaz de saír do guión da bronca e da prepotencia", lamenta Pontón, quen pide "devolver o esforzo que levan feito os galegos e galegas" na pandemia "cun pouco de altura política"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus estabilízase en Galicia antes das semanas clave do Nadal e entre alertas sobre a terceira vaga
O Sergas suma 249 novos casos e a media diaria dos novos diagnósticos segue na contorna dos 300. Santiago xa é a cidade galega con maior incidencia acumulada a 14 días, indicador que para para o conxunto de Galicia se estanca arredor dos 180 casos novos por cada 100.000 habitantes. O número de persoas hospitalizadas segue sen baixar de arredor das 350
Santalices evoca o Estatuto do 36 como "semente" da actual autonomía no cuadraxésimo aniversario do referendo de 1980
A excepción da breve intervención do presidente do Parlamento, o silencio político e institucional en torno ao cuadraxésimo aniversario do referendo do Estatuto foi practicamente total
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta permite traspasar os peches pola COVID do 23 ao 25 para encontros familiares do Nadal, pero pide non facelo
Sanidade mantén a petición de celebrar as festas só entre conviventes e recomenda xuntar, como máximo, dúas unidades familiares ou seis persoas adultas máis catro menores. Médicos integrantes do comité clínico do Sergas fan fincapé na súa petición de limitar os contactos: "Temos que chegar todos vivos a 2021"