A lei da CRTVG fai oito anos con artigos clave sen cumprir oitenta venres negros despois
Os prazos fixados na lei de medios públicos de 2011 comezaron a incumprirse seis meses despois da súa entrada en vigor e preceptos centrais como a remuda na dirección xeral ou a constitución do Consello de Informativos seguen pendentes oito anos despois. A plataforma Defende a Galega' inicia unha recollida de sinaturas para esixir o cumprimento íntegro da norma
Feijóo apela a antigos cargos do PSOE para pedir "parar" o "goberno co Partido Comunista"
"Se alguén pode parar esta coalición entre o Partido Socialista e Podemos debería facelo", proclamou Feijóo dende o atril de San Caetano na defensa da súa proposta de pacto de goberno PP-PSOE. Tras os primeiros contactos dos socialistas con ERC, Pedro Sánchez insta a "aqueles que se opoñen a un Goberno progresista formado por PSOE e Unidas Podemos, que é o único posible" a "explicar que alternativa propoñen"
- Entrevista | Ana Pontón Xerais 10N
- Política
"Estamos polo desbloqueo e por un goberno de progreso, pero deben comprometerse con Galiza"
A portavoz nacional do BNG ábrese á negociación do voto de Néstor Rego na investidura de Pedro Sánchez, pero tras saber "cal vai ser o programa de goberno" de PSOE e Unidas Podemos e sempre "vinculándoo ao cumprimento dunha axenda galega". "O desbloqueo ten que ser tamén dos asuntos de Galiza", advirte
Feijóo gábase de disparar o orzamento da renda de inclusión social malia ser sinónimo de máis pobreza
"Estamos investindo 64 millóns de euros onde antes se investían 22", gabouse Feijóo sobre a Risga, aínda que ese incremento orzamentario implique un aumento das persoas en situación de exclusión social. O incremento do orzamento da Risga foi produto do gran aumento das persoas que a perciben: de apenas 4.000 a máis de 10.000
Feijóo aférrase a que o pacto de PSOE e Unidas Podemos "acabe mal" para que o PP siga na Xunta
O presidente da Xunta di saber que o pacto de Sánchez e Iglesias é garantía de que a esquerda non vaia "gobernar Galicia durante moitos anos". Caballero ínstao a admitir que o 10N a poboación que apoiou á esquerda en Galicia volveu ser "maioría"
- Documento Xerais 10N
- Política
PSOE e Unidas Podemos acordan gobernaren en coalición pola vía rápida tras a repetición electoral
Apenas corenta e oito horas despois das eleccións, ambas formacións maniféstanse dispostas a conformaren un "goberno progresista de coalición" no que Iglesias tería a vicepresidencia
A esquerda logra en Galicia a súa maior vantaxe histórica sobre a dereita en eleccións xerais
O bloque progresista nunca alcanzara os 13 escanos nuns comicios estatais, como si fixo neste 10N, no que mantivo a súa distancia co espazo conservador en case 10 puntos.
A esquerda galega ve no 10N o primeiro paso para a fin da era Feijóo mentres recea do ascenso da extrema dereita
Mentres Feijóo pon o foco en que o PP volveu ser primeira forza, PSdeG, En Común e BNG ven nos resultados a evidencia de que pode haber cambio pola esquerda en 2020
Doce mulleres e once homes compoñen a nova representación galega no Congreso
A presenza feminina no Congreso polas circunscricións galegas é menor que tras o 28A, cando as deputadas galegas chegaron a ser quince, pero segue a ser maioritaria por terceira elección consecutiva
A repetición electoral complica ao PSOE o pacto pola esquerda fronte a unha dereita á alza
Os socialistas perden tres escanos mentres o PP gaña unha vintena e Vox substitúe a Ciudadanos como terceira forza política do Congreso
- Crónica Xerais 10N
- Política
O 10N avalía en Galicia as posibilidades de cambio político en 2020
Os de Feijóo non viron en perigo o poder en Galicia malia aos sustos das europeas de 2014 e das municipais de 2015; pero o pasado 28 de abril non foron, por primeira vez na súa historia, a forza máis votada entre o electorado galego. Este 10N é en Galicia unha primeira volta, unha vista previa
O PP busca en Facebook electorado galego de dereitas para tentar que non lle fuxa a Vox
Dez anos despois de temer fugas de votos a UPyD, os populares procuran que en Galicia parte dos seus sufraxios habituais non vaian parar á formación de extrema dereita. Mentres, outras formacións como En Común-Unidas Podemos ou o BNG empregaron esta rede social para facer chegar vídeos de campaña ou convocatorias dos seus actos ao electorado galego