- Interactivo Coronavirus
- Acontece
O coronavirus frea aos poucos en Galicia mentres o eixo atlántico concentra máis incidencia e restricións
O Sergas suma 441 novos casos por segundo día consecutivo e define a situación como de "estabilidade con tendencia ao descenso". Sanidade, que ultima un plan de 'desescalada', incorpora tres concellos do Salnés e outros tantos da Costa da Morte ás restricións máis severas, das que saen os municipios de Viveiro, Toén, San Cibrao das Viñas, O Pino, Vedra e Mugardos.
Brote de coronavirus con máis dun cento de contaxios nunha residencia de maiores de Gondomar
Os positivos en residencias sociosanitarias son agora o 8% dos positivos activos, incluíndo o persoal, pero as mortes de persoas que vivían nestes centros son o 43% dos ligados á COVID-19 en Galicia. A Xunta anuncia "cribados semanais" e un "plan de choque" para estas instalacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
A melloría en Ourense contribúe a que a COVID retome a senda descendente en Galicia
O Sergas suma 441 novos casos, un descenso a respecto da xornada previa malia á realización de máis probas PCR, e computa 3 falecementos, dous deles do pasado martes. A leve baixada aínda non se percibe con claridade nos datos xerais de incidencia a 14 días; por cidades, Pontevedra e Vigo seguen rexistrando as máis elevadas e Santiago e Ourense, as máis baixas
- Datos Coronavirus
- Acontece
O coronavirus estáncase na contorna dos 500 casos ao día en vésperas de que a Xunta decida sobre o Nadal
O Sergas suma outros 531 positivos e nove mortes máis a apenas dez días do horizonte marcado pola Xunta para avaliar se cómpre manter de maneira xeral as restricións impostas co obxectivo declarado de "resetear" o sistema sanitario e "salvar a campaña de Nadal". A incidencia acumulada a 14 días sitúase nos 266 casos novos por cada cen mil habitantes, pero con notables diferenzas por áreas e concellos mentres a hospitalización segue descendendo moi lentamente
A Xunta asume unha caída do 90% nos ingresos dos albergues do Xacobeo e duplícalle a subvención
Tras precisar un 'rescate' de 1,2 millóns de euros durante 2020, a S.A. do Xacobeo pasa de prever máis de 400.000 estancias de peregrinos nos seus albergues no Ano Santo a estimar que chegarán apenas 35.000. Os fondos da Xunta para a partida de turismo chegan aos 104 millóns, un 42% máis que un ano antes e un 32% máis que no anterior Xacobeo
Feijóo amaga co incumprimento parcial da nova lei educativa alentado pola dirección do PP
A dirección central do PP asegura que o seu partido vai "tratar de bloquear" a LOMLOE nas comunidades autónomas e Feijóo compromete a "máis mínima aplicación posible" mentres o voceiro dos populares galegos no Parlamento di "non ter dúbidas" sobre o cumprimento da lei, tamén en Galicia
- Gráficos Orzamentos 2021
- Política
Sanidade e gastos imprevistos son as partidas que máis soben no primeiro orzamento da Xunta marcado pola COVID
As contas públicas manexan algo máis de 13.000 millóns de euros, incluíndo a débeda, con máis marxe para gastar grazas ao incremento dos fondos do estado e da UE. Os fondos sanitarios, educativos e da débeda pública absorben case sete de cada dez euros
A suba de fondos estatais, da UE e da débeda permiten á Xunta disparar o gasto no Orzamento de 2021
A relaxación a nivel europeo das normas de austeridade por mor da pandemia permite á Xunta incrementar o gasto apoiándose en máis fondos estatais e comunitarios, dada a renuncia do Goberno galego a aumentar os ingresos pola vía de calquera imposto. Os fondos de sanidade e educación estarán xa, en termos absolutos, por riba dos consignados polo Goberno de PSdeG e BNG en 2009, aínda que esta partida e a sanitaria seguen sen recuperarse do recorte acumulado na década pasada
- Análise Escola pública
- Política
O que di (e o que non) a nova lei de educación
A reforma educativa superou a súa primeira gran proba parlamentaria con 177 votos a prol de 7 grupos políticos para pasar a páxina da LOMCE, aprobada en 2013 cos 182 votos que daquela tiña o PP. Veta as subvencións a centros privados que segregan por sexo, estipula o "incremento progresivo da rede de centros de titularidade pública" e aposta polo "equilibrio" no coñecemento das linguas oficiais por parte do alumnado. O Goberno de España subliña que será "un paso adiante á educación excelente e inclusiva" mentres o PP mantén que é un ataque á "liberdade"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A suba da incidencia da COVID na área sanitaria de Vigo reforza o freo á mellora da pandemia en Galicia
O Sergas suma 686 novos casos en vinte e catro horas, a cifra máis alta en case dúas semanas, dos que 280 corresponden á área de Vigo, e computa outras 15 mortes de persoas contaxiadas da COVID-19. Un forte brote na residencia Asilo de Vilalba, agora intervida pola Xunta, suma 114 positivos entre residentes e outros 18 entre o persoal
- Datos Coronavirus
- Acontece
Frea o descenso de novos casos do coronavirus en Galicia mentres o Sergas agarda polo alivio nas UCI
A media diaria de diagnósticos rolda os 500 mentres Sanidade admite que as melloras dos últimos días aínda non teñen "impacto claro" nos hospitais e pide "cumprir" as restricións porque "senón, a curva pode erguerse de novo". A incidencia acumulada sitúase na contorna dos 292 casos e Sanidade sinala datos "preocupantes" en Vigo e Lugo
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta asigna os 7,3 millóns de euros de subvención extra ao ensino concertado para gastos do coronavirus
A subvención extraordinaria súmase á contemplada nos propios concertos educativos e está encamiñada a financiar contratacións adicionais de profesorado, mercar material e adaptar espazos ás restricións do coronavirus. Dous colexios da Coruña, un de Santiago e outro de Ourense son os que reciben maiores cantidades desta achega, que chega a 227 colexios concertados