O Tribunal Superior anula a autorización da Xunta dun parque eólico na Serra do Oribio por contravir a lei
O Goberno galego defendeu a súa actuación como mera modificación do proxecto avalado por unha declaración de impacto ambiental dos derradeiros días do Executivo de Fraga. O TSXG sentencia que "non pode modificarse o que non existe", porque o parque non comezara a construírse daquela, e considera o proxecto como un novo parque eólico en Rede Natura, onde están prohibidos dende 2014
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia do coronavirus nas cidades galegas estáncase ou xa volve subir
As dúas cidades nas que a Xunta ergueu máis restricións antes da ponte, Santiago e Ourense, son as primeiras nas que a incidencia acumulada a 14 días regresa con claridade á liña ascendente. Sanidade suma 275 novos casos e a media diaria de diagnósticos a sete días segue roldando os 300 mentres o total de persoas hospitalizadas con test positivo da COVID volve aumentar e xa son máis que hai unha semana
Alianza do BNG co Bloco de Esquerda pola mellora do tren de pasaxeiros e mercadorías entre Galicia e Portugal
Ana Pontón encadra a "alianza estratéxica" co Bloco na aposta por "reforzar un polo atlántico que defensa os intereses comúns de Galiza e Portugal ante o deseño centralista das infraestruturas". "O centralismo do Estado espanhol, tal como o centralismo de Portugal, não ajudam ao desenvolvimento", defende Catarina Martins, coordinadora do Bloco
A Xunta amaga con seguir a directriz de Casado e adiantar a matrícula escolar para esquivar a reforma educativa
O PP asegura que os gobernos autonómicos onde goberna evitarán así "as limitacións na liberdade de elección das familias" e o conselleiro de Educación advirte que a propia lei permite facelo.
- Datos Coronavirus
- Acontece
O reflexo da ponte da Constitución nos datos galegos da COVID tradúcese en repunta de positivos en vésperas do Nadal
No inicio da nova 'desescalada', Galicia dispúñase a baixar da media de 300 novos positivos ao día e agora volve estar a piques de superar ese limiar. A realización de cribados masivos incrementa notablemente o número de probas PCR procesadas polo Sergas e contribúe a manter baixas as taxas de positividade
O PP aprobará incorporar ao Banco de Terras leiras de dono descoñecido tras velo propio da Unión Soviética
A medida está incluída na futura Lei de Recuperación da Terra Agraria, que os populares encadran na intención de "poñer a producir terras abandonadas ou infrautilizadas". Cando o Goberno de PSdeG e BNG aprobou o Banco de Terras e preveu que incorporase terreos sen propiedade coñecida, o PP alertou dunha "sovietización encuberta" e advertía á Xunta de que Galicia non era "un país pertencente ao Pacto de Varsovia"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rolda os 300 positivos diarios da COVID e os cribados impulsan unha forte baixada da taxa de probas positivas
Sanidade suma 287 novos casos do coronavirus. Os cribados elevan a ata case as 8.000 as probas PCR realizadas en vinte e catro horas e fan caer as taxas de positividade do mércores ata a contorna do 2%. A positividade media en Galicia baixa do 5% por primeira vez dende comezos de outubro. O número total de persoas hospitalizadas con test positivo continúa estancado un chisco por baixo das 400
- Datos Coronavirus
- Acontece
O descenso da COVID volve dar sinais de estancamento en Galicia ás portas das semanas críticas cara ao Nadal
Sanidade volve rexistrar máis de 300 casos do coronavirus en vinte e catro horas e outras 8 mortes. O estancamento aínda non chega á incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia, que segue baixando e rolda os 180, pero si se volve percibir nas cifras de hospitalizacións
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia é a menor en mes e medio, pero a presión hospitalaria non cede
O Sergas rexistra 274 novos positivos e o ritmo segue sendo duns 300 ao día na última semana, pero con tendencia descendente. As mortes chegan ás 1.257 tras a suma de 7 dos últimos días e a positividade media das probas PCR acumula varios días estancada un chisco por riba do 5%
- Crónica
- Política
Os ecos dos Orzamentos do Estado marcan o día da Constitución entre as forzas políticas galegas
Feijóo acode aos actos conmemorativos da Constitución en Madrid e carga contra os "socios do Goberno" de España por non participar neles. Ana Pontón ve nas contas do Estado para 2021 unha mostra de que Galicia precisa "con urxencia, ter máis poder político" e Gonzalo Caballero subliña que o PSdeG cre "na España constitucional, plural, con descentralización política" pero lonxe de "posicións independentistas que nada positivo implican para Galicia"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID segue á baixa en Galicia mentres frea o alivio nos hospitais
A incidencia acumulada a 14 días da COVID para o conxunto de Galicia baixa dos 200 casos por primeira vez dende finais de outubro e en nove dos dez concellos máis poboados, é menor que hai unha semana. As mortes chegan ás 1.250 e o número de persoas infectadas que precisan atención hospitalaria aumenta en catro áreas sanitarias.
A Xunta revela a empresas os datos persoais de quen lle formula peticións de transparencia
O Goberno galego facilita a firmas eólicas mesmo o domicilio das persoas solicitantes de información sobre o impacto ambiental de parques desas empresas