Galicia xa suma en febreiro máis mortes de persoas coa COVID que en todo decembro mentres a incidencia segue a baixar
Nos primeiros nove días do mes rexistráronse xa 199 mortes de persoas coa COVID-19 tras outras 411 en xaneiro e o total chega xa a 2.016. A incidencia a 14 días para o conxunto de Galicia rolda os 570 casos tras un descenso pronunciado que, admite Sanidade, aínda está "moi lonxe do obxectivo" marcado. As persoas hospitalizadas por mor da pandemia seguen descendendo, pero as UCI aínda non rexistran cambios significativos, con case 250 persoas ingresadas
Sanidade ve "pouco prudente falar de desescalada" das restricións da COVID e Feijóo anúnciaa como "medida e gradual"
"Sería pouco prudente, con 250 pacientes na UCI, comezar a falar da desescalada", considera o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, apenas unha hora despois de que o presidente da Xunta avanzase no Parlamento que "imos facer o que nos comprometemos a facer, unha desescalada medida, gradual"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia consolida o descenso da incidencia da COVID e as mortes dende o Nadal xa superan ás da primeira vaga
O número de casos novos segue descendendo tan rápido como subiu e o Sergas leva xa catro xornadas por baixo dos mil positivos novos e dúas entre os 500 e os 600. Dende o día de Nadal morreron en Galicia 622 persoas que contraeran a COVID-19, tres máis que en toda a primeira vaga e o total chega xa ás 1.988. A ocupación nas UCI segue sen diminuír significativamente mentres si o fai a hospitalización ordinaria
O PPdeG di que Manuel Lago cobra cen mil euros por representar o Ministerio de Traballo en Navantia malia non ser certo
O 'número dous' do PP en Galicia, Miguel Tellado atribúe ao asesor da ministra Yolanda Díaz un "soldo de máis de cen mil euros ao ano" en Navantia, aínda que como representante do Ministerio de Traballo na empresa pública lle corresponden só dietas por asistencia, que non poden superar os 11.994 euros
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os novos casos do coronavirus aceleran a súa baixada en Galicia mentres a ocupación das UCI bate outro récord
Os 526 casos que o Sergas suma este 8 de febreiro supoñen a cifra máis baixa dende o 5 de xaneiro. O total de persoas hospitalizadas coa COVID-19 é inferior ao de hai unha semana, pero os ingresos nas UCI son doce máis que daquela mentres o total de falecementos da terceira vaga xa está a piques de superar o da primeira
A delegada da Xunta en Pontevedra e Louzán, condenados a dous anos de prisión e oito de inhabilitación por prevariación e fraude
A xuíza ve probado que o Luisa Piñeiro e o ex-presidente da Deputación de Pontevedra, actual presidente da Federación Galega de Fútbol, participaron nun "plan" para pagar 86.000 euros adicionais á construtora dun campo de fútbol subvencionado pola Deputación por obras fóra do proxecto e, para facelo, subvencionaron traballos xa feitos como se fosen novos nunha adxudicación amañada
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID xa remite en Galicia e a hospitalización total comeza a frear, pero as UCI seguen en máximos
As incidencias acumuladas a 7 e 14 días son inferiores ás de hai unha semana por primeira vez dende comezos de decembro, pero aínda seguen en niveis moi elevados en moitos concellos galegos. O total de hospitalización é inferior ao de hai unha semana por primeira vez dende finais de decembro, pero a presión nas UCI segue sen ceder e o ritmo de novas mortes augura que a terceira vaga deixará máis vítimas que a primeira
Concellos galegos e portugueses mobilízanse na raia contra o "castigo" ao persoal transfronteirizo co novo peche pola COVID
Nunha nova protesta de municipios da raia, desta volta atrancada polas propias restricións, alcaldes e alcaldesas advirten do incremento dos gastos de combustible e tempos de desprazamento para as persoas que viven nunha beira da fronteira e traballan na outra
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia afronta a lenta baixada dende o pico da terceira vaga da COVID cun ritmo de mortes máis elevado que na primeira
O Sergas suma 1.184 novos casos en vinte e catro horas e a semana segue na contorna dos mil por xornada. Sanidade rexistra na última semana unha media de 25 mortes ao día de persoas que contraeran a COVID-19 e todo apunta a que a terceira faga deixará máis vítimas mortais que a primeira. Mentres, a ocupación das UCI semella transitar polo seu pico con 247 pacientes e a hospitalización total rexistra as primeiras diminucións significativas
A Audiencia de Lugo arquiva o caso que empurrou a Besteiro fóra do liderado do PSdeG ao velo baseado en "meras sospeitas"
Case seis anos despois da imputación, o tribunal arquiva o caso da xuíza De Lara ao non ver "base suficiente" para formular nin como "indicio" que existise unha "trama urbanística" integrada polo ex-líder do PSdeG e o ex-alcalde de Lugo xunto a construtores e funcionarios
- Datos Coronavirus
- Acontece
Menos pacientes COVID por primeira vez en vinte días nas saturadas UCI de Galicia, que traspasa o pico da terceira vaga
As 247 persoas nas UCI con test positivo supoñen aínda unha cifra moi elevada e Sanidade prevé que a forte presión hospitalaria continúe nos vindeiros días malia ás primeiras baixadas. O Sergas suma 1.141 novos casos da COVID e as incidencias a 7 e 14 días modéranse. Saúde Pública di ler con "cautela" a posible mellora porque as incidencias seguen sendo moi elevadas e tamén por factores como os posibles casos "en estudo" da variante inicialmente detectada no Reino Unido
- Con vídeo Reféns de Audasa
- Política
O Congreso aproba por ampla maioría volver tramitar a lei para traspasar a AP-9 a Galicia
O traspaso de competencias sobre a Autoestrada do Atlántico que o Goberno de Rajoy mantivo bloqueado retoma a súa marcha dous anos despois de ser aprobado por primeira vez. O PP defende que a Xunta xestionará a AP-9 mellor que o Estado, o BNG subliña que a transferencia é "o primeiro paso" para unha autoestrada "galega e libre de peaxes" e o PSdeG defende o traspaso e os descontos incluídos nos Orzamentos do Estado como a mellor vía para "aliviar" o "regalo envelenado" que deixou Aznar