A Xunta rexistra as marcas 'Bienio Santo Xacobeo' e 'Xacobeo 21-22' tras tentar un particular quedar con 'Xacobeo 2022'
O empresario que tentou rexistrar a marca 'Xacobeo 2022' iniciou os trámites apenas unha hora despois de que a Igrexa confirmase a prórroga do Ano Santo, o pasado 31 de decembro. A Xunta exerceu o seu dereito a opoñerse a ese rexistro e, paralelamente, rexistrou outras tres ligadas ao Ano Santo prorrogado por mor da pandemia
- Datos Coronavirus
- Acontece
Freo no alivio da hospitalización por COVID na xornada con menos casos rexistrados en Galicia dende agosto
O total de persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus segue sendo dunhas 200 máis que antes do Nadal. Os 104 novos casos que suma o Sergas son a cifra máis baixa dende os primeiros días de agosto e os concellos sen novos casos nas últimas dúas semanas roldan os 80. Á espera da consolidación dos datos, febreiro de 2021 é xa o terceiro mes con máis mortes ligadas á pandemia
A Xunta pide as competencias de xestión da costa tras manter a petición aparcada durante doce anos
A transferencia da xestión dos terreos costeiros fora abordada por Anxo Quintana co Goberno de Zapatero; ao retornar á Xunta en 2009, o PP asegurara que ía "dar continuidade ás demandas" de competencias do anterior Executivo. Dende aquela, o Goberno galego non sumou ningunha competencia nova e transita polo período sen novos traspasos máis prolongado da historia da autonomía
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
Por áreas, concellos e incidencia: guía das restricións máis complexas da Xunta pola COVID
Nas áreas sanitarias da Coruña, Ferrol e Pontevedra, a veciñanza só poderá desprazarse a outros concellos no seu mesmo nivel de incidencia e da súa mesma área sanitaria. Nas de Santiago, Vigo, Ourense e Lugo, a mobilidade entre municipios estará condicionada á incidencia e non aos límites da área sanitaria. Resumimos o avanzado polo Goberno galego a respecto das novas limitacións e os concellos afectados, que non coinciden cos avanzados por Feijóo
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia afronta a terceira 'desescalada' con tantas persoas coa COVID nos hospitais como no pico da segunda vaga
As 586 hospitalizacións que reflicten os últimos datos do Sergas son unhas 250 máis que antes do Nadal e os 121 ingresos en UCI, o dobre que nos días previos ás festas. O Sergas rexistra unha media duns 260 diagnósticos diarios mediante PCR na última semana, cifra semellante á de antes da segunda vaga. Xa morreron en Galicia máis de 2.200 persoas que contraeran a doenza
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas xa rexistra menos casos da COVID que antes do Nadal mentres a peor vaga da pandemia aínda ecoa nos hospitais
Galicia rexistra unha media de 285 diagnósticos novos por PCR ao día na última semana, un nivel semellante ao previo ao Nadal e tamén ao do final da segunda vaga. As persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus son aínda unhas 300 máis que antes das festas
- Mapa Coronavirus
- Acontece
A Xunta reabre a hostalería e permite a mobilidade segundo a incidencia da COVID e por áreas sanitarias agás en 17 concellos
O Goberno galego crea unha nova escala de restricións baseada na suma de casos a 14 días e Feijóo pide á cidadanía que “se quere volver aos bares, teña un comportamento individual correcto”
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia encara a terceira 'desescalada' de restricións da COVID con 300 hospitalizacións máis que no inicio da segunda
Todos os principais indicadores da pandemia están en liña claramente descendente, pero aínda por riba das cifras previas á segunda 'desescalada', a da ponte da Constitución. Os 289 casos novos que suma o Sergas este domingo son a menor cifra en vinte e catro horas dende o 27 de decembro e os concellos con máis de 500 casos novos por cen mil habitantes a catorce días xa son apenas vinte
- Crónica
- Política
O de Casado xa non parece "razoable" para Feijóo
Feijóo adoita expresar desaprobación advertindo que tal asunto "non parece razoable". Así ve a mudanza da sede do PP mentres se afasta dos motivos esgrimidos por Casado: o partido adebeda "un porrón de cartos" por non gañar eleccións. Asegúrao mentres traza comparacións de alta voltaxe para o seu partido: "Se vostede lle pregunta ao presidente Sánchez hai un par de anos que lle faltaba ao PSOE para ser alternativa ao PP, sentiríase nunha situación parecida á que me sinto eu. (...) Agora é presidente do Goberno"
- Datos Coronavirus
- Acontece
O ritmo de novos casos da COVID en Galicia roza niveis previos ao Nadal tras 50.000 positivos e 800 mortes
O 45% dos positivos e o 37% das mortes de persoas coa COVID-19 en Galicia rexistráronse dende o 24 de decembro. O Sergas suma 417 novos casos e o total de persoas hospitalizadas baixa de 800 por primeira vez dende finais de xaneiro mentres o ritmo de baixada da incidencia acumulada tende a estancarse
Cinco empresas compiten polo seguro que a Xunta financia con 1,4 millóns para turistas que contraian a COVID en Galicia
A Xunta prevé ter vixente o 'seguro COVID' para turistas cando menos ata finais de febreiro de 2022 cunha eventual prórroga de 9 meses máis que elevaría o custo ata a contorna dos 2,4 millóns de euros. Cobre gastos médicos, de prolongación da estancia por hospitalización ou corentena ou traslado ao lugar de orixe
O PP liga á oposición galega con "manifestacións violentas" e forzará un debate ao respecto no Parlamento
O 'número dous' de Feijóo atribúe ao BNG unha "defensa velada do uso da violencia" e di perseguir "unanimidade na condena" dos "acontecementos dos últimos días en moitas cidades de España". Ao tempo, Tellado recorre ao éuscaro para estender os seus reproches a Podemos e descualificar o vicepresidente Pablo Iglesias como "autor intelectual da kale borroka"