- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta amplía ata as 21 horas a apertura da hostalería co interior ao 50% na maior parte de Galicia
O Goberno galego mantén só tres concellos con prohibición da mobilidade e da restauración nunha nova desescalada que segundo o presidente non será revisada ata a propia Semana Santa. As novas medidas inclúen a prohibición de encontros entre non conviventes nos espazos privados, acordada entre o Goberno de España e as autonomías para San Xosé e Semana Santa
O Sergas prevé estender as consultas por videoconferencia en atención primaria e hospitalaria
A implantación da videoconsulta para servizos dos centros de saúde e dos hospitais chega tras a extensión da consulta por teléfono durante a pandemia mediante unha nova aplicación que tamén inclúe unha versión electrónica da tarxeta sanitaria
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia suma en dúas semanas de marzo tantos casos da COVID como os rexistrados en xaneiro cada dous días
O pasado xaneiro, Galicia rexistrou unha media de case 1.200 casos novos ao día; nos primeiros 14 días de marzo sumou pouco máis de 2.200. A media diaria de diagnósticos por PCR estáncase arredor dos 130 e as persoas ingresadas con test positivo nos hospitais galegos aínda superan as 300.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia estabilízase en niveis semellantes aos de agosto co triplo de ocupación hospitalaria
A área sanitaria da Coruña segue destacando con cifras máis elevadas de casos novos nun contexto estable para o conxunto de Galicia, cuns 130 diagnósticos novos da COVID-19 ao día. As persoas hospitalizadas co coronavirus seguen sendo máis de 300 e as que precisan atención na UCI, máis de 70
- Con vídeo
- Política
Pablo Iglesias volve a Madrid e Yolanda Díaz será vicepresidenta no Goberno de España
Iglesias volve a Madrid, onde xermolou o seu partido na década pasada, e faino postulándose para encabezar unha candidatura conxunta das formacións madrileñas á esquerda do PSOE nas eleccións desa rexión. Sinala á ministra de Traballo como substituta na vicepresidencia do Goberno que encabeza Pedro Sánchez e aléntaa como aspirante a cabeza de cartel por Unidas Podemos nas vindeiras xerais
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID estáncase en Galicia no menor nivel dende agosto e sen completar o alivio dos hospitais
O número de hospitalizados por coronavirus volve baixar, ata 320, pero hai aínda 75 persoas nas UCI. Sanidade suma 112 casos novos fronte aos 277 da xornada anterior.
- Con vídeo
- Política
Bárcenas atribúe á contabilidade 'b' 2 millóns en doazóns do PP galego datadas cando Feijóo xa o presidía
O informe exhibido pola Fiscalía no xuízo da caixa B que se desenvolve na Audiencia Nacional, sinalado por Bárcenas como auténtico, recolle dous millóns en doazóns xestionadas polo PPdeG e datadas en 2006 que serviron, segundo o ex-tesoureiro, para sufragar a campaña das eleccións galegas de 2005 por vías alleas á legalidade vixente na época
O pleno de Pontevedra volverá apoiar o traslado de ENCE, que di velo "inviable" mentres agarda polo ditame xudicial
O consistorio reitera a petición mentres ENCE agarda pola Xustiza e centra a batalla política na oposición á lei de cambio climático, que propiciaría a saída da ría en 2033 aínda no caso de que lograse o aval xudicial. "Galicia necesitaría dúas pasteiras e vamos a quedar sen ningunha", di Feijóo para expresar a súa oposición á nova lei
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta deixa só nove concellos con restricións de mobilidade pola COVID e centra na Coruña a procura de asintomáticos
Cinco municipios continuarán dende o luns no nivel máximo, con peches perimetrais individuais e veto aos encontros entre non conviventes. O Sergas suma 167 casos novos e a media diaria de diagnósticos por PCR a sete días tende ao estancamento en niveis semellantes aos de mediados do pasado agosto. A hospitalización ordinaria experimenta outro lixeiro descenso e queda en 330 persoas, pero nas UCI hai aínda 73 pacientes coa COVID
- Datos Coronavirus
- Acontece
O descenso da incidencia da COVID frea, pero continúa tras dúas semanas de 'desescalada' en Galicia
O Sergas suma 158 novos casos e na última semana rexistra unha media duns 132 diagnósticos diarios mediante PCR. As persoas ingresadas con test positivo do coronavirus aínda superan as 340 e xa morreron 2.284 persoas que se contaxiaran.
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta afonda na relaxación das restricións pola COVID e admite que vixía á Coruña pola fin da baixada da incidencia
Sanidade introduce dúas mudanzas no anunciado inicialmente e dende o venres, Mos e Cambados situaranse tamén no nivel medio de restricións. O Sergas suma 168 novos casos e a incidencia acumulada a sete días deixa de descender, en boa medida polo relativo empeoramento na área coruñesa
O Sergas comeza no Gaiás as probas para a vacinación masiva contra a COVID
Estas probas realizaranse nas sete áreas sanitarias e, di Sanidade, teñen por obxectivo testar a infraestrutura de vacinación masiva e tamén a de citación. As citadas para estas primeiras vacinación masivas serán persoas nacidas entre o 11 de marzo de 1965 e o 31 de decembro de 1971