España rectificará as normas para controlar a COVID na fronteira tras desacougar á raia e incomodar a Portugal
A nova normativa española esixe certificado de vacinación ou proba negativa da COVID para atravesar a fronteira por estar Portugal entre os territorios de risco. Transportistas, persoal transfronteirizo e veciñanza da raia quedan fóra do requisito. O Goberno portugués expresou o seu malestar e horas despois, o Executivo español confirmou que se dispón a corrixir a nova norma para o caso concreto do país veciño
Galicia rexistrou 42 desafiuzamentos por cada novo caso de ocupación ilegal no primeiro trimestre de 2021
Os 106 lanzamentos por execucións hipotecarias rexistrados no primeiro trimestre do ano duplican os dun ano antes, en boa medida polo reinicio de casos que quedaran paralizados co primeiro Estado de Alarma pola COVID. Os desafiuzamentos en vivendas alugadas foron 352, seis menos que un ano antes
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID acelera o seu descenso en Galicia mentres comeza a vacinación do grupo de idade máis numeroso
Os 54 casos novos notificados polo Sergas este luns son a cifra máis baixa en 24 horas dende o 6 de agosto de 2020, cando a capacidade diagnóstica era moi inferior á actual. As 83 persoas ingresadas con test positivo da COVID nos hospitais galegos son 42 menos que hai unha semana e a cifra total máis baixa dende o 24 de agosto de 2020.
A Xunta defende o informe sobre ocupacións polo que pagou 8.000 euros a unha dirixente do PP porque dá "visións doutros territorios"
O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo xustifica o encargo dodocumento a unha ex-deputada popular por Castilla-La Mancha que o BNG cualifica de "copia e pega escandaloso".
- Datos Coronavirus
- Acontece
Máis da metade da poboación galega maior de 50 anos está vacinada por completo contra a COVID
Tras a administración de case 33.000 doses nun día, o 52,2% da poboación maior de 50 está completamente vacinada, o segundo maior dato do Estado. O Sergas diagnosticou unha media dunhas 105 infeccións novas polo coronavirus ao día na última semana; sete días antes eran 148
Adeus aos coches en senllas rúas emblemáticas dos centros da Coruña e Lugo
O peche aos coches da rúa Nova da Coruña fai parte do proxecto para peonalizar uns 11.000 metros cadrados na contorna dos Cantóns. A Mosqueira, unha das áreas máis representativas da Muralla lucense, será transformada nos vindeiros meses nunha "praza peonil multiusos", con "zonas verdes e espazo para actividades culturais e de lecer"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia rexistrou en maio un 35% menos de novos casos da COVID que en abril malia á fin do Estado de Alarma
En maio o Sergas rexistrou pouco máis de 3.300 novos casos da COVID-19 e en abril foran case 5.200. Xuño comezou con menos de cen casos novos ao día e as incidencias a 7 e 14 días descendendo aos poucos para o global de Galicia. As 111 persoas ingresadas con test positivo do coronavirus son un cento menos que hai un mes
- Documento
- Política
"Ten vostede un cobro indebido": así reclama a Xunta miles de euros da Risga a persoas sen recursos co IMV concedido
As cartas nas que Política Social reclama a persoas perceptoras da Risga as mensualidades cobradas mentres agardaban polo Ingreso Mínimo notifican débedas superiores aos 4.000 euros que deben ingresar nunha conta bancaria. Aínda que a Xunta culpa o Goberno de España do "mal trago", as propias cartas evidencian que a única causa da incompatibilidade é a lei de inclusión de Galicia
A Xunta evita aclarar ao Parlamento que residencias privadas atenden a persoas adultas ás que tutela
Política Social limítase a responder ao BNG que a Fundación para a Tutela de Persoas Adultas, dependente do Goberno galego, "procura os recursos residenciais máis adaptados" sen "preferencia por ningún tipo de empresa ou entidade". Nos últimos anos, que a Funga recorrese a prazas en residencias privadas xerou unha avultada débeda da que a Consellería xa pagou cando menos 1,8 millóns de euros
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia máis inmediata da COVID cae en seis das sete áreas sanitarias e o dato galego baixa a niveis de agosto de 2020
A incidencia acumulada a 7 días rolda os 30 casos novos por cada cen mil habitantes para o conxunto de Galicia e na única área onde sobe, a de Ferrol, amosa sinais de moderación. As 125 persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus son 19 menos que o mesmo día da semana anterior.
- Datos Coronavirus
- Acontece
Seis sinais para a esperanza na evolución da COVID en Galicia alén da 'foto fixa' de cada día
A 'foto fixa' deste derradeiro domingo de maio podería falar de empeoramento se a comparación se realizase unicamente coa xornada previa. Pero a observación das cifras con contexto falan de xusto o contrario, con bos sinais nos principais indicadores de evolución da pandemia do coronavirus mentres avanza a vacinación. Analizámolas
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID volve baixar en Galicia malia aos gromos locais e a ocupación hospitalaria é a menor en nove meses
O Sergas rexistra 110 casos novos e as incidencias acumuladas descenden tanto a 7 como a 14 días. As 107 persoas coa COVID-19 ingresadas nos hospitais son 32 menos que hai sete días e a cifra máis baixa dende o 27 de agosto de 2020. O ritmo de vacinación apunta a que, na primeira metade de xuño, máis do 50% do total da poboación galega terá posta cando menos unha dose da vacina