A Xunta amplía o límite de ocupación de locais e eventos pola COVID cadrando coa fin da obriga xeral da máscara ao aire libre
Á espera da aprobación no Consello de Ministros deste xoves, a Xunta é partidaria da retirada da máscara ao aire libre agás "cando non sexa posible gardar a distancia dun metro e medio". O Goberno galego eleva a referencia para a ocupación máxima de locais e eventos do 50% ao 75% e os locais hostaleiros poderán volver ofrecer o 100% das súas prazas en terrazas agás nos concellos con maiores restricións
- Datos Coronavirus
- Acontece
Só unha vintena de concellos galegos rexistraron máis de dez casos da COVID nas últimas dúas semanas
Nos concellos con dez ou máis casos da COVID-19 nos últimos 14 días vive o 47,3% da poboación galega, polo que a maior parte de habitantes reside en concellos cunha situación epidemiolóxica moi favorable, entre eles as veciñanzas de 165 municipios 'libres' do virus. O Sergas diagnosticou unha media diaria dunhas 80 infeccións na última semana e as 50 persoas hospitalizadas con test positivo son outro mínimo dende agosto de 2020
A Junta de Andalucía subvenciona unha asociación en Vigo ao considerala "afectada" pola "inmersión lingüística" en galego
A reforma das subvencións ás comunidades andaluzas no exterior para "permitir especificamente" financiar actividades que "palíen os problemas que orixinan nos descendentes (...) os procesos de inmersión lingüística" foi unha das medidas pactadas polo PP de Andalucía con Vox
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia supera o millón de persoas coa vacinación completa contra a COVID e a incidencia segue contida en risco baixo
O 41% da nova poboación diana da campaña de vacinación, composta agora por todas as persoas de 12 ou máis anos, ten xa posta a pauta completa e o 62% recibiu polo menos unha dose. O Sergas notifica este luns 56 casos novos do coronavirus os mesmos que unha semana antes, e as persoas hospitalizadas coa COVID son menos de 60 por primeira vez dende mediados de agosto de 2020
O gran centro de discapacidade da Xunta non usaba o 70% do espazo un ano despois de abrir tras outros cinco rematado e pechado
O proxecto do CEGADI remóntase a 2005; foi impulsado polo Goberno de coalición PSdeG-BNG e asumido polo PP tras volver á Xunta. As obras non remataron ata 2013, con catro anos de demora e un custo duns 13 millóns, arredor dun 40% máis do previsto. Segundo as condicións do contrato de limpeza que a Xunta está a tramitar, uns 7.400 metros cadrados dos máis de 10.200 que ten o recinto seguen sen uso permanente
- Datos Coronavirus
- Acontece
Os maiores de 80, de encabezar o incremento de mortes coa COVID a ser o grupo no que menos soben tras a vacinación
Máis do 70% das persoas que morreron en Galicia coa COVID tiñan 80 ou máis anos e neste grupo de idade o ritmo de falecementos ligados á pandemia cae a maior ritmo que no resto da poboación dende o comezo da vacinación. Antes da vacinación, as mortes coa COVID de persoas que viviran en residencias chegaran a ser o 40% do total, con ata 790 falecementos; dende marzo non se rexistra ningunha
- Datos Coronavirus
- Acontece
A COVID estáncase en Galicia no nivel máis baixo en dez meses ás portas da fin da obriga xeral de levar máscara ao aire libre
A incidencia acumulada da COVID-19 a 14 días só sobe na área sanitaria da Coruña-Cee e os indicadores a unha e dúas semanas para o conxunto de Galicia mantéñense estables no nivel de risco baixo. Mentres, o país aproxímase ao millón de persoas con pauta completa de vacinación
- Datos Coronavirus
- Acontece
Máis da metade da poboación galega vive en concellos con menos de 10 casos novos da COVID nas últimas dúas semanas
Os 165 concellos sen casos novos nos últimos 14 días suman algo máis de 400.000 habitantes. O Sergas notifica 94 casos novos nun clima de estabilidade dos principais indicadores epidemiolóxicos e tamén da ocupación hospitalaria
Sanidade di á Valedora que se os doentes rexeitan operacións na privada non esperan máis dun ano pola atención no Sergas
Sanidade é a consellería atinxida por un maior número dos asuntos dentro das queixas recibidas pola Valedora durante 2020, un terzo do total. Case o 60% das actuacións da Valedoría durante o pasado ano foron referidas ao Goberno galego e catro de cada dez, aos concellos
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en Galicia, na 'zona verde' de Europa malia ás subas en tres áreas nos últimos días
Os aumentos na incidencia na área da Coruña-Cee e, en menor medida, nas de Lugo e Ourense, propician que o dato galego deixe de baixar e entre nunha fase de estabilidade. Pedro Sánchez anuncia a fin da obriga xeral de uso de máscara ao aire libre para o 26 de xuño e sinala o avance na vacinación como clave na relaxación desta restrición, que en Galicia rexe dende xuño de 2020
A banca pechou 18 sucursais en concellos onde a Xunta a vai subvencionar con 2,8 millons para poñer caixeiros
En 16 dos 34 concellos que xa se sumaron ao plan, os bancos pecharon unha ou máis das súas sucursais dende 2003. Noutros 15 xa non había banco a principios de século e os 3 restantes tiñan en 2020 cadansúa oficina. A Xunta repite que os concellos "non terán que facer ningunha achega económica", pero os convenios establecen que pagarán subministros como auga, luz ou telefonía. Resta saber que banco se vai beneficiar deste "incentivo"
- Datos
- Acontece
As mortes duplicaron os nacementos en Galicia en 2020 por primeira vez dende que hai datos comparables
Os datos demográficos actualizados polo INE reflicten que en Galicia morreron 17.610 persoas máis das que naceron durante o pasado ano. As mortes de persoas coa COVID notificadas polo Sergas durante 2020 equivalen ao 3,6% do total de falecementos en Galicia rexistrados polo INE