A Xunta atribúe a anulación da prórroga de Ence a PSOE e BNG, que instan a Feijóo e á empresa a "porse a traballar" no traslado
O Goberno galego láiase do que define como "golpe irreversible para Galicia" e fai responsable "Goberno do PSOE apoiado polo BNG" de formular "alternativas que atenúen o impacto" da sentenza. Lores ve no ditame un "fracaso estrepitoso" do "cambalache ilegal do PP coa empresa". Pontón valora o "triunfo para Galiza" e subliña que "canto antes se asuma que o futuro pasa por un traslado, mellor será para o emprego". O Caballero apela a Feijóo para que "exerza as súas competencias en materia industrial" para o traslado tras quedar constatada a "actuación fóra da lei do Goberno do PP de Rajoy"
- Datos Coronavirus
- Acontece
A incidencia da COVID en poboación aínda fóra da vacinación masiva supera as taxas totais que Galicia rexistrou tras o Nadal
O Sergas rexistrou na primeira metade do mes de xullo case 11.300 casos, o groso concentrados nos grupos de idade máis mozos, aínda non incorporados á vacinación masiva. A suma dos meses de abril e maio quedou en 9.700. As 96 persoas ingresadas con test positivo da COVID son 36 máis que hai unha semana
A Audiencia Nacional anula a prórroga a Ence outorgada por Rajoy porque non xustificou que deba estar na ría
O tribunal non entra a valorar a duración da concesión senón o propio feito de que unha instalación así teña que estar en terreos públicos costeiros
- Crónica
- Política
O PPdeG, do "nacionalismo moderado" no inicio do fraguismo ao mandato no que Feijóo superará ao fundador
O PP de Galicia referenda por quinta vez como líder a Feijóo tres décadas despois de que 'don Manuel', da man de Cuíña, culminase a viraxe ideolóxica e organizativa na que asentou a súa hexemonía. O actual presidente da Xunta acumula así máis anos á fronte do partido dos que sumou o seu antecesor. Na tese política que aproba o PPdeG neste 2021 sobrevive o termo da "autoidentificación" nun ideario e nunha estratexia afastadas daquel inicio do fraguismo. No patio de butacas da xornada inaugural estarán dirixentes como Díaz Ayuso e o discurso de clausura corresponde a Pablo Casado
O director xeral da CRTVG estrea o seu terceiro consello de administración e os venres negros xa son 165
Sánchez Izquierdo foi nomeado por Feijóo ao abeiro da lei da CRTVG de 1984. En 2015, o PP aprobou en solitario unha reforma da nova lei de medios que lle permite continuar no posto por tempo indefinido. Tras a ratificación dos novos membros do Consello de Administración, o colectivo 'Defende a Galega' volveu urxir o cumprimento íntegro da lei de medios, incluíndo o nomeamento da dirección xeral por maioría reforzada do Parlamento
- Datos Coronavirus
- Acontece
As áreas de Ourense, Pontevedra e Vigo encabezan a incidencia da COVID mentres as vacinas amortecen o seu impacto
Este 15 de xullo o Sergas notifica mil casos novos en vinte e catro horas por primeira vez dende o 5 de febreiro, pero Sanidade advirte de que, por efecto da vacinación, as incidencias acumuladas xa non poden ser, por si soas, os únicos indicadores de referencia. Entre a poboación máis moza, a aínda non incorporada á vacinación masiva, as incidencias acumuladas igualan ou mesmo superan as acadadas no conxunto da poboación tras o Nadal
- Interactivo Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende a obriga de certificar test negativo da COVID ou vacinación para entrar en todos os pubs e discotecas
O límite nas terrazas hostaleiras baixa a 10 persoas e 6 no interior dos locais. A Xunta "recomenda" esta referencia para os encontros privados en toda Galicia. Notifica 766 casos novos e estima que a vacinación da poboación de 20 a 29 anos comezará "arredor do 9 de agosto"
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia pecha a fenda na vacinación de 60 a 69 anos e a incidencia da COVID segue á alza nos grupos aínda sen vacina
Nos grupos de 12 a 19 e de 20 a 29 anos, os menos cubertos pola vacinación, a incidencia a 14 días aumentou en máis de 400 puntos en apenas unha semana. Entre a poboación máis protexida pola vacina, o incremento rolda os 10 puntos. O Sergas notifica máis de 700 casos novos en vinte e catro horas mentres a hospitalización segue en niveis baixos, con apenas 60 ingresos
O Parlamento aproba a 'lei Ángeles Alvariño' para evitar a discriminación ás científicas que sexan nais
A proposta orixinal, formulada polo BNG, fixaba un único criterio para evitar a penalización ás nais nas axudas á investigación científica; as emendas do PP fixan que cada convocatoria establecerá "o factor corrector que en cada caso corresponda". As impulsoras da iniciativa aplauden a súa aprobación por unanimidade
- Datos Coronavirus
- Acontece
Ourense encabeza a suba da incidencia nunha vaga da COVID que a vacinación vira en incomparable coas anteriores
Nos últimos sete días completos, o Sergas diagnosticou unha media diaria dunhas 450 infeccións. Na anterior ocasión en que os novos casos aumentaron cun ritmo semellante ao actual, a hospitalización de pacientes coa COVID disparouse un 130%. Agora aumentou apenas un 10% mentres o groso da presión polo incremento de contaxios recae na Atención Primaria e no rastrexo de xeito paralelo á vacinación, co 60% da 'poboación diana' xa coa pauta completa
O 12X, un ano despois: case todo foi pandemia
Por presenza e por ausencia, a COVID fora protagonista dunhas eleccións nas que o PP logrou a súa cuarta maioría absoluta consecutiva tras unha campaña na que, alén da triunfante candidatura de Feijóo, quen tirou máis partido foi o BNG. Un ano despois, segue a resultar difícil que o debate público vaia alén da pandemia mentres as forzas políticas retoman procesos internos que aqueles comicios e o propio coronavirus obrigaran a adiar
A empresa promovida pola Xunta para captar fondos da UE incorpora tres mulleres á directiva ata agora composta por nove homes
A sociedade, impulsada pola Xunta e con control privado encabezado por Abanca, terá a Enyd López como directora xeral e suma ao seu consello á catedrática da UDC Amparo Alonso e mais a Rosa Sánchez-Yebra, antiga alto cargo do Goberno de Rajoy