"Fóra do pobo non hai salvación": Irimia "normaliza" a Romaxe tras a COVID e espalla todas as súas revistas en internet
En vésperas dunha nova edición da Romaxe de Crentes Galegos, xa sen restricións pola pandemia e dedicada a Moncho Valcarce , crego das Encrobas, todo o fondo das revistas 'irimegas' queda dixitalizado para libre consulta e descarga mediante un acordo co Consello da Cultura
- Interactivo Que turismo?
- Política
Os patrocinios do Xacobeo superan os 21 millóns tras sumar 2,5 do concerto de Muse
O concerto da banda británica en Vigo convértese no patrocinio máis cuantioso no que vai de Xacobeo mediante un contrato que incluíu 475 "convites sen custo" para a Xunta. Ata agora tamén contan con patrocinios do Xacobeo superiores ao medio millón O Son do Camiño, o ciclo de 'Concertos imperdibles', o OUR Xacobeo Fest ou o Festival Latitudes, entre outros
- Crónica
- Política
Pedro Sánchez non espera as dúas semanas de Touriño
Feijóo bateu ante o presidente do Goberno de España cunha das súas especialidades na Xunta: a fiscalización da oposición mediante un discurso no que o balance e as propostas institucionais son pórtico de zorregadas sen cuartel a un rival presentado como indocumentado para gobernar. Cabe preguntarse, cre Sánchez, se o do líder do PP é "insolvencia ou mala fe"
- Datos Coronavirus
- Acontece
As camas hospitalarias ocupadas en Galicia por pacientes ingresados a causa da COVID xa son menos do 1%
Arredor da metade das persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus ingresaron por outra causa e o total marca valores mínimos. Os ingresos pola COVID en Galicia supoñen agora un 0,7% de ocupación en camas ordinarias e un 0,8% en coidados intensivos. Cómpre remontarse ao pasado xullo para achar nos datos unha xornada con máis dun único novo ingreso dun paciente co virus nunha UCI galega
Ana Miranda volve ao escano europeo do BNG coa crise do prezos e a procura da "verdade" sobre Angrois como prioridades
Miranda será eurodeputada ata o remate da lexislatura en 2024 e exercerá como titular na comisión de Pesca e mais na que canaliza as peticións cidadás. "Galiza gaña un escano", subliña Ana Pontón en Bruxelas
A Xunta encomenda á Fundación Cidade da Cultura organizar o xuízo polo accidente de Angrois
A Vicepresidencia da Xunta transfire algo máis de 403.000 euros para sufragar a "xestión e desenvolvemento" do xuízo polo sinistro, que comeza en outubro e se prolongará arredor dun ano. A organización atrasouse pola demora do Goberno galego en confirmar onde se celebraría
Unha pregunta a Sánchez, única iniciativa de Feijóo nos seus primeiros tres meses de senador por Galicia
Tellado, que tamén foi designado senador en representación do Parlamento xunto ao ex-presidente tras ser incorporado á dirección estatal do PP, leva rexistradas 13 iniciativas, todas elas ligadas a Galicia
Dez temas para recuperares se desconectaches en agosto
Comeza a primeira semana completa de setembro e con ela bota a andar, dalgún xeito, un novo curso e non só nas aulas. Tamén volve a actividade habitual a outros moitos eidos como a política ou a información. Pero en agosto tamén sucederon cousas; algunhas delas contámolas e explicámolas en Praza.gal, pero se cadra non as viches ou pasáronche ás présas pola pantalla entre outros asuntos máis propios da época estival. Son, en boa medida, temas que non caducan e que cremos que che poden interesar nestes días de volver conectar.
- Datos
- Acontece
O 73% da poboación considerada galega no estranxeiro non naceu en Galicia
O padrón galego no exterior supera o medio millón de persoas, a maioría nadas fóra. As nacidas no país e polo tanto emigrantes só son maioría entre as que superan os 65 anos. A poboación de 16 ou menos anos que naceu en Galicia e vive noutro Estado pasou de apenas 800 persoas en 2009 a máis de 2.300 no inicio de 2022
O Goberno de Feijóo recomendou limitar a calefacción a 19 graos e o aire acondicionado a 25 para aforrar enerxía
A Xunta edita guías de aforro enerxético con temperaturas límite de aire acondicionado e calefacción, da que pide "non abusar". Agora, a dirección do PP cualifica medidas coma estas de "ocorrencia" ou "broma de mal gusto" do Goberno de España. Neste verán, xa con Rueda na presidencia, o Executivo galego volveu recomendar "controlar o consumo de aire acondicionado" cun límite de 26 graos e "manter pechadas portas e fiestras cando funcione a climatización"
Pardiñas volve a Pardiñas tras espallarse para resistir a pandemia
O veterano festival impulsado pola Asociación Cultural Xermolos regresa estes 6 e 7 de agosto ao seu histórico torreiro. Comando Curuxás, Ruxe Ruxe ou Carapaus, entre as bandas e artistas que desta volta responden á chamada de "vinde merendar a Pardiñas!"
O Concello de Lugo fai gratuíta a súa piscina de verán tras o veto da Xunta a unha zona de baño no Miño
A alcaldesa lucense ve motivacións partidarias no "non" da Xunta á praia fluvial pública que "permite a numerosos municipios da contorna. O Goberno galego alega a presenza dunha colonia de mexillóns e aspectos ligados ao caudal mentres a Confederación Hidrográfica sinala que a instalación "cumpre" a normativa de augas e advirte de que o Goberno galego tamén a está a frear para restaurar o caneiro da Acea de Olga