Día 4 | Defensa do español ou apoio ao rural en Lugo, contra a crise climática e a fenda de xénero en Pontevedra
A 'número dous' do PP por Madrid, lucense ex-de Ciudadanos, fai campaña en Lugo cun acto sobre cultura e chama a ter en conta a "ferramenta fundamental que é o español". O PSdeG lucense recolle as propostas da plataforma 'Galicia Baleira' para afrontar o despoboamento, o BNG expón os seus plans medioambientais en Pontevedra e Sumar Galicia promove que a intelixencia artificial axude a frear a discriminación salarial das traballadoras
- Crónica Xerais 23X
- Política
"Todos os galegos que coñezo son moi valentes"
"Todos os galegos que coñezo, todos, son moi valentes. Menos Mariano Rajoy, que non quere debater comigo!", clamara Zapatero na Coruña en 2004, na campaña tras a que foi presidente por primeira vez. Case dúas décadas despois daqueles acontecementos, o expresidente socialista é, inopinadamente, un personaxe clave da non menos inesperada campaña das eleccións xerais do 23 de xullo. Afirma que unha frase de Feijóo sobre ETA o "motivou extraordinariamente" para implicarse a prol da reelección de Pedro Sánchez
A Xunta envía á chatarra 59 Citroën unha década despois da campaña de Feijóo a prol da marca e compra 84 coches novos
Tras usar un coche cedido pola empresa como líder do PP na oposición, Feijóo prometeu viaxar como presidente nun Citroën fabricado en Vigo, o cal era imposible. Si utilizou durante anos un C6 e os conselleiros, un C5, ata que o pasado 2022 os remudaron por outros novos do mesmo grupo. O contrato que a Xunta pon agora en marcha implica mercar 84 coches híbridos enchufables por case 4 millóns aproveitando unha subvención de 420.000 euros de fondos europeos transferidos polo Estado e desfacerse doutros tantos automóbiles
- Entrevista | José Miñones Xerais 23X
- Política
"Isto non é unha campaña normal: ou goberna Pedro Sánchez ou retrocedemos vinte anos"
O ministro de Sanidade e cabeza de lista do PSdeG pola Coruña para o 23X bota man da súa experiencia municipal para advertir de que o electorado está máis mobilizado do que poida semellar cara a unhas eleccións xerais nas que, di, "temos que contar o que fixemos e o que queremos facer, pero tamén que o que temos enfronte é o que estamos vendo cos pactos da vergoña" do PP con Vox. Con el conversamos sobre aspectos da súa área de xestión, como a escaseza de persoal médico, o balance do Goberno de España en Galicia e o xeito en que o PSOE afronta a campaña
En campaña: unhas xerais históricas poñen a proba a mobilización da esquerda e o poder imperante en Galicia dende 2009
O 23X está en xogo o exame ao Goberno de Pedro Sánchez e a maioría parlamentaria que sustentará o vindeiro, pero tamén ao núcleo dirixente que controlou o groso do poder na Xunta e no PPdeG dende hai década e media
A pugna sobre a permanencia de Ence na ría, camiño do Constitucional e da UE tras o aval definitivo do Supremo
O Supremo comunicou esta semana que rexeita as peticións de nulidade interpostas polo Estado e o Concello de Pontevedra contra a sentenza na que avalou a que a pasteira fique en Lourizán e di que non é aplicable a directiva europea que obriga a sacar a concurso prórrogas coma esta. Lores ratifica que se o Constitucional non frea a prórroga "iremos aos tribunais da UE". Alí, o caso Ence atoparíase cun precedente que obrigou a sacar a concurso prórrogas na costa italiana mentres a Comisión Europea advirte a España con sancións se non aplica ese precepto
- 📺 Crónica Cara ao 23X
- Política
Rueda erixe "acabar co sanchismo" en "principal reto" de Galicia
Ana Pontón (BNG) ve o presidente da Xunta e do PPdeG "tan manso e submiso é que nin sequera é capaz de pedir ao candidato Feijóo que cumpra a lei e xustifique un incremento patrimonial de 800.000 euros". O PSdeG lamenta que unha Xunta do PP "incapaz" só estea "preocupada por atacar o Goberno do Estado"
O PP promete recortar o dereito ao aborto, "revisar" a eutanasia e a fin da lei de memoria se Feijóo goberna en España
O programa do PP promete condicionar ao consentimento paterno o dereito a interromper o embarazo nas mozas de 16 e 17 anos. Segundo Feijóo, en caso de discrepancia decidiría "un xuíz de familia". Tamén aseguran que, se logran gobernar, deixarían sen efecto "a mal chamada Lei de Memoria Democrática" ou que, co ex-presidente no Executivo central, estaría "asegurada" a "independencia e obxectividade dos medios de comunicación públicos"
O Concello de Santiago lanza un acto institucional polo Día Nacional tras unha década de ausencia da Xunta
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirma que exercerá de "anfitrioa" das autoridades que acudan á ofrenda da Casa Real ao Apóstolo na Catedral, "como é tradición" e con independencia de que non acuda á Eucaristía "atendendo á condición de Estado laico"
Feijóo tamén recicla o inicio de campaña nos Peares e Yolanda Díaz principiará na Coruña
O PP volve poñer o foco na vida persoal do ex-presidente e no seu lugar de nacemento para comezar unha campaña na que tamén reproducirá o mitin na praza de touros de Pontevedra. Que Díaz organice a pegada de carteis na Coruña é "mostra do compromiso da candidata de Sumar coa súa terra e coa Galicia progresista", afirman
Xira internacional do secretario de Emigración da Xunta e do PP en vésperas das primeiras eleccións sen voto rogado en 14 anos
O secretario xeral de Emigración e o delegado na Xunta na Arxentina exercen tamén como secretario do PP no exterior e representante do partido para Iberoamérica; nestes días clave para o voto exterior están a reunirse no nome do Goberno galego con diversos representantes da emigración galega no Brasil e na Arxentina. As primeiras eleccións sen voto rogado en Galicia en década e media chegan mentres o censo exterior xa supera as 470.000 inscricións, máis de 165.000 delas na Arxentina
- Crónica Cara ao 23X
- Política
Debate - acontecemento ou debate - mal menor
O escenario galego para as xerais do 23X tende, outra volta, ao debate - mal menor que primara con Fraga, cando Feijóo o substituíu ante a súa negativa a confrontar con Touriño e Quintana na TVG, a mesma que o ex-presidente e actual líder do PP escenificou a primeira vez que foi candidato á Xunta e que reproduce agora fronte a Pedro Sánchez