- Datos Crise de prezos
- Economía
A inflación xeral segue a moderarse mentres continúa disparada nos alimentos cunha alza interanual de prezos do 16%
Malia á moderación dos últimos meses e mentres o dato español é o menor de toda a zona euro, a inflación galega do 6,4% interanual é a maior en tres décadas. Electricidade e combustibles son clave para a moderación do IPC xeral mentres os alimentos seguen disparados e rexistran en Galicia unha alza interanual do 16,6%, 1,2 puntos máis que en novembro e sete décimas por riba da media
Vinte e cinco anos do barco que partiu a ponte das Pías e co que Aznar xunguiu Galicia con Audasa ata 2048
O 13 de xaneiro de 1998 o vento rachou as amarras da plataforma petrolífera Discoverer Enterprise nos estaleiros de Astano, que acabou batendo contra a Ponte das Pías, daquela principal conexión de Ferrol co resto da comarca e do país. O Goberno de Aznar reconstruíuna en apenas dous meses e, ao tempo, aprobou ampliar 9 quilómetros a AP-9 para levala de Fene a Ferrol. A cambio da construción do novo treito, prolongou a concesión por 25 anos máis, ata 2048. Tres anos despois, privatizouna.
A Sociedade de Medicina de Urxencias alerta dun "colapso" xeral con "récords" na Coruña, Pontevedra e Vigo
SEMES sinala un incremento medio de entre o 15% e o 20% de pacientes atendidos nas urxencias hospitalarias galegas a respecto de hai un ano, pero con picos superiores ao 40% en hospitais como o CHUAC coruñés. "O sistema estase dinamitando", afirma o seu presidente, tamén coordinador de Urxencias no Salnés
O PP pide a dimisión de Jácome na alcaldía de Ourense tras entregarlla e propiciar que seguise no posto
Os populares, que formaron bipartito con Jácome dúas veces no que vai de mandato, formulan unha moción para esixir que dimita por permitir que o home que interpretou o rei Baltasar na cabalgata "fose un condenado reincidente por abusos sexuais". PSdeG e BNG subliñan que o PP local agardou case unha semana para pedir explicacións e poñen o foco en que Jácome é alcalde grazas á formación conservadora que, lembran, esquivou a moción de censura para desbancalo
- 📺
- Política
Feijóo aproveita o asalto aos poderes do Brasil para censurar protestas nos parlamentos como a que el secundou
En novembro de 2005 o PP enviou uns 200 cargos a manifestarse contra o Goberno de PSdeG e BNG no Pazo do Hórreo pola cancelación dunhas obras que Fraga aprobara en campaña. A comitiva rompera o cordón policial e irrompera no recinto parlamentario. O ex-presidente da Xunta e actual líder do PP, na altura 'número dous' do grupo dos populares permanecera inicialmente na sesión. Pero tras un tirapuxa dialéctico coa daquela presidenta da Cámara, abandonou o pleno, secundou os manifestantes e tomou a pancarta
Principia o ano do primeiro debate de política xeral para Rueda e Pontón pide celebralo xa
O Regulamento prevé que o debate de política xeral non se convoque en anos con investidura na presidencia da Xunta, por iso non se celebrou en 2022 e, agás no caso de que Rueda opte por un adianto electoral, si o haberá en 2023. A portavoz nacional do BNG defende a necesidade de "poñer sobre a mesa alternativas" en ámbitos como a sanidade ou a crise de prezos fronte a un Goberno do PP "instalado na rutina, sen pulso nin impulso político para poder ofrecer un proxecto de futuro" ao país
Feijóo carga contra o cheque de 200 euros do Estado tras a suspensión da tarxeta de alimentos da Xunta
O actual líder do PP compara a contía da nova axuda (200 euros) coa do bono cultural estatal para a mocidade (400), do que xa afirmara que pretende comprar votos mentres que o da Xunta, dixera, non o pretendía. A tarxeta básica de alimentos estaba dotada con entre 150 e 300 euros e a Xunta cancelouna ao considerar que a situación económica "excepcional" que a propiciara durante a pandemia "afortunadamente, xa non a hai"
O Goberno de España dá por cumprido o 52% do pacto do PSOE co BNG para a investidura de Pedro Sánchez
O informe 'Cumpliendo' presentado por Pedro Sánchez sinala como realizados 23 dos 40 puntos acordados co Bloque en 2020 e non prevé novos cumprimentos nos vindeiros meses. O acordo inclúa aspectos moi diversos, dende o tren de proximidade aos descontos na AP-9 ou o saneamento das rías
Adeus ao ano dos maiores incendios forestais documentados na historia de Galicia
En dúas semanas de xullo arderon entre 11.000 e 13.000 hectáreas no Courel e unhas 10.500 en Valdeorras. Expertos sobre o terreo advertiron que a intensidade do incendio na montaña lucense provocou nubes que contribuíron a avivar o foco ourensán. Ambos responden ao 'retrato robot' dos novos incendios dos que diversas voces levaban anos alertando
O Estado suprime seis meses o IVE da alimentación básica e lanza un cheque de 200 euros para as rendas máis baixas
Os alimentos agora gravados ao 4% de IVE pasan ao 0% durante seis meses e a pasta e o aceite pasan do 10% ao 5% no mesmo período. Pedro Sánchez estima que a axuda de 200 euros chegará a uns 4 millóns de fogares. O desconto xeral 20 céntimos por litro de combustible substitúese por "bonificacións para os sectores máis afectados" como "transportistas, agricultores e pescadores"
Dez anos da quebra definitiva do relato de "solvencia e galeguidade" dos restos das grandes caixas
Entre o Nadal de 2012 e o Aninovo de 2013, o Estado asumiu 5.000 millóns de 'ladrillo tóxico' que Novagalicia Banco 'herdara' de Caixa Galicia e Caixanova e ratificou que os investidores chamados a salvar Novacaixagalicia perderían todo
O PP defende que a "normalidade" marcou a política galega en 2022 malia á primeira dimisión do presidente na historia da Xunta
Os populares sosteñen no seu balance anual da actividade parlamentaria que a inédita remuda á fronte do Goberno virou en exemplo de "coherencia e estabilidade". O BNG, que tamén fai balance, pon o foco na crise de prezos e encara o ciclo electoral como "alternativa de goberno"