- Interactivo Recuperación tras a COVID
- Política
Política social, turismo, sanidade: radiografía de mil millóns de fondos europeos transferidos polo Estado á Xunta
O informe do Consello de Contas que detecta eivas de transparencia na xestión dos fondos europeos de recuperación que recibe a Xunta permite obter unha radiografía dos destinos asignados a eses cartos ata febreiro de 2022
- Crónica Cara ao 28M
- Política
Outro coche oficial crúzase en campaña ante Feijóo e Rueda catorce anos despois
O actual presidente e o seu antecesor e agora líder estatal do PP basearan parte da súa oposición a PSdeG e BNG en acusacións dun suposto desbalde e gusto polo "súper luxo" nos coches oficiais. Agora a cuestión non é a mera existencia do coche oficial e un suposto "luxo" por usalo, senón que Baltar conduce un deles a 215 quilómetros por hora. Se fose condenado a prisión pasaría a ser electoralmente inelixible. Se a condena fose outra, en todo caso, deixaría nunha posición delicada á dirección estatal do PP que agora encabeza Feijóo
Baltar négase a dimitir, admite dúas multas máis e reitera que conduciu o coche oficial a 215 km/h por "despiste"
"Non", respondeu o presidente da Deputación e do PP de Ourense á pregunta de se dimitirá por este caso. A viaxe, afirma, debeuse a que tiña "varios encontros de xestión ordinaria como presidente" en Madrid, se ben non "pernoctou" nesa cidade. O 'barón' ourensán di que tivo outras dúas multas no coche da Deputación como presidente e nega que unha delas fose a imposta por circular a 157 km/h na N-120 entre Monforte e Pantón, viaxe na que "o xefe do parque móbil", mantén, non puido "identificar" con "certeza" quen conducía
Galicia superou as 50.000 hectáreas ardidas en 2022, a metade nos dous grandes incendios do Courel e Valdeorras
Case o 60% da superficie ardida en Galicia na última década estivo afectada por grandes incendios forestais, os que superan as 500 hectáreas. Os datos do Pladiga 2023 amosan que o ano pasado a superficie ardida aumentou máis dun 1.700% mentres que o número de focos foi un 80% superior ao de 2021
O PP suspendeu ao chegar á Xunta un plan para construír 37.000 vivendas protexidas que lle quedara feito
O Plan Sectorial de Solo Residencial foi aprobado polo Goberno PSdeG-BNG en 2008, xusto antes do estourido da crise. O Goberno de Feijóo prometeu "reformulalo na súa integridade" e nunca chegou a aplicalo. No período en que estaba previsto despregalo acabaron construíndose en Galicia unhas 70.000 novas vivendas, unha de cada dez protexidas
Baltar di que conduciu a 215 por hora por "despiste" e Rueda eloxia as súas desculpas
A Garda Civil xa remitiu ao xulgado da Pobra de Seabra o atestado sobre o exceso de velocidade do presidente da Deputación de Ourense, que atribúe o seu "erro illado" a que circulaba por "unha longa recta (...) sen referencias". Segundo as medicións definitivas dos axentes, Baltar superaba o limiar do delito contra a seguridade viaria por exceder en 80 km/h o límite permitido. O presidente da Xunta ve "moi importantes" as "desculpas" do barón ourensán, que segundo varias informacións xa fora multado varias veces por exceso de velocidade a bordo do coche da Deputación
O Tribunal da UE advirte de que prórrogas como a de Ence deben saír a concurso público
Na sentenza sobre unha prórroga de concesións de terreos costeiros en Italia, o TSXUE advirte de que a Directiva de Servizos de 2006 "impón" a "obriga" de que sexan adxudicadas con "selección imparcial e transparente" e non directamente. "Toda Administración ten a obriga" de facelo e, advirte, deben "deixar inaplicadas" as normas estatais que dispoñan o contrario. A Comisión Europea ten aberto un procedemento de infracción contra España por non garantir "seleccións aberta, transparente e imparcial" no litoral para, entre outras, "empresas papeleiras"
Pontón reclama ao Estado non ter que "volver pagar" polas vivendas da Sareb ao viren do rescate das caixas
"Xa pagamos por esas vivendas co rescate bancario, non é xusto que as volvamos pagar", defende a líder do BNG, que anuncia iniciativas no Parlamento e no Congreso nesta liña e reclama á Xunta un plan concreto de vivenda pública tras "dinamitar" esta política, acusa, dende a chegada de Feijóo á presidencia en 2009 e ata a actualidade
Besteiro entra en campaña
En coordinación con Formoso, o novo delegado gobernamental en Galicia regresou á area electoral nas presentación das candidatas do PSdeG á reelección nas alcaldías de Trabada e Guitiriz: "A política é alegría", afirma. Rueda di que Besteiro "xoga de defensa" e "sempre está marcándome" , pero "o PP ten equipo para gañar a calquera Messi" nun mitin no que a candidata dos populares lucenses foi sinalada por unha das integrantes da súa lista como "a Isabel Díaz Ayuso que Lugo necesita"
- Crónica Pola sanidade pública
- Política
Un plus contra a mobilización a prol da sanidade pública
Xunta e PP retrucaron a protesta de SOS Sanidade en febreiro con alcumes e acusacións de partidismo aos convocantes. A folga de CESM recibírona con contrariedade, pero con cautela e "man tendida".
- Datos Dereito á vivenda
- Política
A Xunta de Feijóo reduciu a cero a nova vivenda pública de alugueiro malia aos milleiros de peticións pendentes
A nova lei estatal e o plan para alugar pisos da Sareb puxo a vivenda no centro da axenda política. As críticas do PP a ambas fixeron agromar lembranzas da política dos gobernos de Feijóo na materia .O discreto balance da vivenda protexida impulsada polos Gobernos do PP en Galicia dende 2009 é aínda máis cativo ao ollarmos aos pisos para alugar, con ata seis anos sen ningunha nova e un máis, o 2018, cunha soa
Fin da folga médica: máis remuneracións e ampliar a persoal que traballa na privada o plus do que o fai só no Sergas
O pacto co Sergas para suspender a folga do CESM inclúe remunerar máis as gardas e que os arredor de 1.400 médicos que tamén traballan na privada cobren o complemento duns 800 euros ao mes ata agora reservado a quen ten exclusividade coa pública. Sanidade remite mensaxes a pacientes afectados polos milleiros de citas canceladas pedindo desculpas e indicando que reprogramará as súas consultas, probas e operacións cirúrxicas