- Crónica Municipais 28M
- Política Ourense
O colapso dos bipartitos do PP en Ourense desemboca nos xulgados
En vésperas das municipais, os bipartitos de PSdeG e BNG seguen gobernando con normalidade mentres os do PP con DO en Ourense para salvar a Baltar racharon varias veces. Tras lograr non ser xulgado ata despois das eleccións por conducir o coche oficial a 215 km/h, Baltar expresouse en termos de "situación gravísima" que "invalida para a política". Referíase aos audios de Jácome publicados por 'La Región', que xa investiga a Fiscalía e que o alcalde ourensán sinala como parte dunha operación da "mafia" que "orquestra" o PP, co que non se pecha a volver pactar
A quinta xornada de folga na CRTVG volve suspender programas e apunta a outra cancelación do 'Luar'
"Caeu toda a programación non esencial e o 'Luar' tamén vai caer, témolo confirmado", subliña o presidente do comité intercentros, que cifra nun 70% o seguimento da protesta mentres a dirección o rebaixa a menos do 25%. O comité subliña que a folga persegue que a CRTVG deixe de estar "secuestrada polo PP" e exerza "ao servizo da sociedade galega. A corporación pública censura o "carácter político" da mobilización
A CIG volve gañar as eleccións sindicais no Sergas e o CSIF medra coa coalición co CESM tras a folga
CIG-Saúde logra 68 das 299 delegacións en xogo e CSIF e CESM conseguen coligados 5 máis que por separado nun contexto de aumento global de representantes, de 287 a 299. Sanidade di esperar que "a nova composición da Mesa Sectorial contribúa a manter o nivel de colaboración e negociación dos últimos catro anos"
28M, a hora dos concellos fronte ao ruído
Estamos en campaña cara a unhas eleccións que poñen en xogo o goberno dos 313 concellos e das 4 deputacións e na que será clave dilucidar se as forzas políticas lograrán poñer poñer o debate local en primeiro plano, por riba do tirapuxa estatal
Baltar logra non ser xulgado ata despois das eleccións por delito contra a seguridade viaria por ir a 215 km/h
O popular ourensán converte o seu xuízo rápido por delito contra a seguridade viaria nunha vista penal ordinaria que se celebrará tres días despois dos comicios do 28M e Rueda xustifica que está no seu dereito
Jácome declárase vítima dunha "mafia" de empresas "xonquis de cartos públicos" cos audios que a Fiscalía xa investiga
O alcalde de Ourense e líder de DO acusa o xornal 'La Región' de "manipular" e "adulterar" gravacións obtidas cun "micrófono oculto" no seu despacho porque, di, "se xoga 10 millóns" de euros por mandato municipal e el non os entrega. Négase a responder preguntas sobre os contidos concretos dos audios, que "non valen absolutamente nada" por non seren "orixinais", estar "editados" e obtidos de maneira "ilegal", augura que vai "arrasar" nas urnas tras este "ataque", que ve "orquestrado" tamén polo PP, se ben admite estar aberto a un novo pacto con Baltar
Baltar logra adiar o seu xuízo rápido por ir no coche oficial a 215 km/h e Jácome denuncia que o espían
Tras rexeitar o xulgado de Seabra o adiamento solicitado polo avogado do presidente da Deputación e do PP de Ourense, o letrado non atendeu a comparecencia por vía telemática que ditara a xuíza, abocada a fixar unha nova data. Mentres, o alcalde e aspirante á reelección anuncia que xa presentou "unha denuncia no Xulgado" e asegura que as gravacións nas que, segundo 'La Región', alude a condutas como branqueo de cartos, están "editadas e manipuladas", ademais de seren "ilegais" e procuraren "eliminalo" como candidato o 28M
Caixa Rural Galega dispara os beneficios un 40% e bate outro récord de ganancias, crédito e persoal
Os beneficios da entidade lucense acadan os 8,9 millóns impulsados polo aumento dos tipos de xuro ata a contorna dun 3% que considera como "o escenario normal". Os depósitos medran case un 14% e superan por primeira vez os 1.700 millóns e o crédito aumenta case un 7%, ata os 800 millóns, coa morosidade contida por baixo do 3%. O cadro de persoal supera por primeira vez os 160 efectivos e as persoas socias cruzan a barreira das 20.000 tras aumentar por oitavo exercicio consecutivo
O exceso de velocidade de Baltar e os audios comprometedores de Jácome axitan a batalla do 28M en Ourense
En vésperas da comparecencia do 'barón' do PP ourensán ante a Xustiza polo seu presunto delito contra a seguridade viaria, 'La Región' publica gravacións que amosan a Jácome tentando que funcionarios municipais asuman unha multa de tráfico e "admitindo que xestiona diñeiro negro e se gaba de saber branquealo" , destaca o xornal
- Crónica
- Política
Besteiro no atril de San Caetano
A intendencia do gabinete de Rueda propiciou unha imaxe significativa tras o primeiro encontro institucional do presidente da Xunta co delegado gobernamental: Besteiro intervindo dende o atril da Presidencia empregado en innumerables ocasións por Feijóo. Os ruxerruxes foron inevitables. Mesmo as chanzas sobre se acudir para practicar para un futuro da política galega que non está escrito. O que cada vez máis ven xa practicamente escrito é o nome de Besteiro no cartel electoral do PSdeG
- Datos
- Política
As oficinas de emprego logran apenas o 1% das colocacións mentres a Xunta sinala a poboación parada que desbota ofertas
"Tras a realización do seguimento personalizado será posible iniciar expedientes que poderían poñer en risco as prestacións vencelladas ao emprego que reciba esa persoa", advertiu a Xunta ao presentar o 'Programa de seguimento intensivo da demanda de emprego'. As baixas de demandantes por atopar traballo son maioría, pero o 99% desas colocacións son ofertas que non chegaron dende o Servizo Público de Emprego
Baltar xa non responde por ir a 215 km/h e PSdeG e BNG apelan ao electorado do PP ourensán para desaloxalo
No pleno extraordinario forzado polo PSdeG para pedir máis explicacións pola infracción do presidente da Deputación ourensá aos mandos do coche oficial e esixirlle a dimisión, o voceiro do PP ve todas as preguntas "respondidas" e socialistas e nacionalistas advírteno de que defenderen a Baltar xa os "prexudica" ante a cita electoral do 28M: "Votar a calquera candidato do PP de Ourense implica apoiar este xeito de conducir a institución"