- Datos Coronavirus
- Acontece
O primeiro trimestre do curso remata cuns 3.000 casos da COVID nas aulas e un terzo da infancia de 5 a 11 cunha dose de vacina
A rapidez da vacinación e a escaseza de poboación infantil propician que menos de 50.000 nenas e nenos que xa recibiron a primeira dose supoñan o 31,4% do grupo de 5 a 11 anos e que Galicia lidere, xunto a Extremadura, a inmunización pediátrica no conxunto do Estado
Estado e Xunta esquivan novas restricións pola COVID para o Nadal tras amagar con endurecer o uso da máscara
"Mantense a obrigatoriedade da máscara en exteriores", afirmou Pedro Sánchez despois da conferencia de presidentes, coas excepcións que xa estaban en vigor a respecto da distancia de 1,5 metros de seguridade. Pola súa banda, o presidente da Xunta lanzou ao remate da reunión as súas recomendacións para as celebracións dos días 24 e 25
- 📺 Con vídeo
- Política
O BNG responde con retranca á iniciativa contra o soberanismo presentada polo PP, que evoca a ETA
"Tráiolles hoxe nacionalismo galego para dummies", ironizou a deputada Olalla Rodil, antes de evidenciar que o Bloque é nacionalista e considerar que o PP está "tan obsesionado por caricaturizar o BNG que acaba resultando bastante ridículo". Tellado concluíu o debate cunha alusión ao 'comando Barcelona' de ETA
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia tivo no outono un 20% menos de casos COVID que o pasado ano e un 80% menos de mortes
O país rexistrou no outono de 2021 algo máis dun milleiro de hospitalización de persoas co coronavirus e hai un ano, antes da vacinación, foran unhas 3.400. Os ingresos reducíronse tres veces máis que os casos novos detectados
- Datos Coronavirus
- Acontece
Só a área de Ourense superou o pico da vaga outonal da COVID a catro días da Noiteboa
O freo no ritmo de incremento da incidencia acumulada global para Galicia está a ser substituído nos últimos días por un estancamento. A área sanitaria de Vigo é a que ten agora as cifras máis elevadas mentres nas cifras de hospitalización total continúa a tendencia ao acougo. A conferencia de presidencias autonómicas para abordar a situación epidemiolóxica chega un ano despois de que, cando aínda non comezara a vacinación, o groso das restricións fosen suspendidas ou flexibilizadas polo Nadal
19/12/1981 | Galicia constitúe o seu primeiro Parlamento para "devolvernos a confianza en nós mesmos"
O compostelán Pazo de Xelmírez acolleu a histórica sesión constitutiva da institución parlamentaria galega, da que Antonio Rosón (UCD) foi elixido presidente. O recordo dos vellos galeguistas estivo moi presente no nacemento dun Parlamento ao que agora lle corresponde elixir presidente da Xunta, cargo para o que se perfila o doutor Fernández Albor, de Alianza Popular
Os xigantes das apostas refórzanse en Galicia mentres a lei do xogo da Xunta segue estancada
Luckia e Comar veñen de lanzar unha nova patronal do xogo en Galicia coa que, din, pretenden que o sector conte cunha "única voz que nos defenda" ante procesos como a nova lei do xogo, que a Xunta lanzou hai máis de dous anos pero mantén estancada. Ao tempo, Luckia ultima a construción dunha nova sede de 25.000 metros cadrados na Coruña dende a que expandir o seu negocio dixital
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta estende a esixencia de pasaporte COVID ata despois das festas mentres Galicia transita o pico da vaga outonal
Visitas a residencias ou eventos baixo teito con máis de 200 persoas únense ata o 18 de xaneiro aos ámbitos nos que a Xunta esixe amosar o certificado de vacinación, test negativo ou recuperación da COVID. A incidencia segue freando aos poucos o seu ritmo de incremento mentres o Sergas rexistra un milleiro de casos novos ao día e a suba da hospitalización tamén tende a acougar. Na primeira xornada de vacinación infantil, a asistencia roldou o 90%
O Estado perde o 60% dos xuízos aos que se enfronta en Galicia por reclamacións do Ingreso Mínimo Vital
A porcentaxe de resolucións xudiciais favorables á persoa reclamante do IMV supera en Galicia a media estatal en vinte puntos. No ámbito administrativo, seis de cada dez recursos contra resolucións do IMV en Galicia ata outubro estaban sen resolver. A nova lei do ingreso mínimo pretende corrixir algunhas das eivas da prestación, que en Galicia ten un atranco adicional: a incompatibilidade coa Risga ao non acometer a Xunta a reforma para eliminala
- 📺 Datos Coronavirus
- Acontece
Comeza a vacinación infantil contra a COVID coa poboación menor de 12 anos á cabeza da incidencia en Galicia
O Sergas detectou unha media diaria duns mil casos nos últimos sete días, pero a moderación no ritmo de incremento da incidencia acumulada permite albiscar o pico da vaga outonal mentres tamén acouga o incremento das hospitalizacións
Unha exposición polos 40 anos do Parlamento para paliar o "grave déficit de coñecementos" sobre a historia da autonomía
O presidente do Parlamento evoca a memoria das vítimas da ditadura, o Consello de Galiza e o galeguismo histórico na inauguración da mostra 'O poder da palabra', primeiro acto polo aniversario do lexislativo, que celebrará tamén cun pleno solemne este 19 de decembro, cando se fan 40 anos da súa primeira constitución
- Datos Coronavirus
- Acontece
Principia a vacinación infantil contra a COVID mentres Galicia albisca o pico da vaga outonal
Quince mil nenas e nenos teñen cita para a vacinación contra a COVID na primeira xornada de vacinación infantil, este 15 de decembro. A poboación menor de 12 anos segue rexistrando a maior incidencia acumulada mentres os datos apuntan a que, ao ritmo actual, cabe agardar o pico da vaga para dentro de, aproximadamente, unha semana. As persoas ingresadas con test positivo roldan as 300, menos da metade que no pico da vaga do outono de 2020