O BNG encabezará unha histórica mudanza de goberno en Ribeira tras un inédito pacto a tres
O PP tentou ata última hora reter un dos seus concellos históricos enviando ao Senado ao ata agora alcalde, Manuel Ruiz Rivas, para procurar evitar que o PBBI se sumase ao pacto que dará a alcaldía a Luís Pérez Barral. O pacto asinado inclúe o reparto de concellerías, as "liñas de traballo" e cláusulas de "estabilidade" dun goberno que terá que agardar un chisco máis do esperado, porque a xestión dun recurso electoral atrasa a constitución das corporacións de todo o partido xudicial de Noia ao 7 de xullo
A dinastía Baltar declina e inxecta na dereita galega doses de incerteza descoñecidas dende Fraga
A renuncia de José Manuel Baltar pode converter os feitos políticos deste xuño de 2023 en algo tan histórico como o sucedido a principios dos 90, cando Victorino Núñez deixou nas mans do seu pai a Deputación que gañara Centristas de Galicia. Todo dependerá en boa medida de se a institución provincial permanece ou non nas mans do PP. Polo momento, o herdeiro do baltarismo non marcha de todo.
A maioría das alcaldías da Galicia máis poboada, despexadas para a esquerda
PSdeG e BNG seguirán tendo a maioría dunhas alcaldías urbanas nas que haberá dous cambios: o BNG obterá a de Santiago e o PP volverá á de Ferrol. Alén das sete principais cidades, o PSdeG ten 'atadas' investiduras como as de Vilagarcía, Ames, Culleredo ou Redondela e o BNG, Carballo e Cangas. Arraigadas formacións locais recuncan en Narón, Oleiros e Cambre. En Ribeira, unha escisión da dereita pon en risco tres décadas de hexemonía dos populares
A crise de goberno provocada por Feijóo fai ascender a Diego Calvo e Ángeles Vázquez na Xunta de Rueda
O presidente aproba a reestruturación do gabinete precipitada pola inclusión do ata agora vicepresidente Conde nas listas do PP para as xerais, que implica tamén a saída da que era a súa integrante máis veterana xunto co propio xefe do Executivo, Rosa Quintana, titular de Mar
O BNG promove ampliar o dereito ao voto á poboación de 16 anos en diante
"Se tes idade para traballar e pagar impostos, tamén a tes para votar e decidir o futuro do teu país", defende Ana Pontón. A proposta suporía incorporar unhas 46.000 persoas ao censo galego. A reforma da lei de eleccións promovida polo BNG inclúe a obrigatoriedade dun mínimo de dous debates electorais por campaña nos medios públicos
Feijóo abre outra crise de goberno na Xunta e deixa a Rueda sen Francisco Conde, o seu vicepresidente "imprescindible"
Home de confianza en materia económica de Feijóo desde hai máis dunha década, Conde será cabeza de lista do PP ao Congreso por Lugo, o que obriga a Rueda a remodelar novamente o Goberno galego
O Constitucional rexeita a petición do PP para emendar a referencia ao galego como "lingua propia" na lei educativa
O PP argumentaba no seu recurso contra a lei educativa, rexeitado polo TC, que denominar "propias" ás linguas oficiais diferentes do castelán implica que esta quede como "allea, estraña, obrigada ou imposta"
- Crónica Cara ao 23X
- Política
Unha derrogación prometida por Feijóo e unha entrega dun millón de euros mentres ninguén observa
Como en 2009, Feijóo tamén promete agora múltiplas derrogacións. Unha das prometidas daquela, a do decreto do galego, escenificouna meses antes de aprobala na mesma reunión na que, sen facelo público, aprobou pagar 1,03 millóns a unha consultora por un informe sobre a fusión das caixas. A guerra cultural como veo sobre o material.
O "grupo galego forte", aposta do BNG para as xerais fronte á pugna Sánchez - Feijóo
Tras os resultados das municipais, Pontón amósase convencida de que o Bloque está en condicións de dar un "salto adiante" tamén no Congreso. Todo apunta a que Rego recuncará como cabeza de lista pola Coruña mentres quedan por despexar as tres restantes. "Non somos o PP ás ordes de Génova nin o PSdeG ás ordes de Ferraz; somos o BNG ás ordes da cidadanía galega", apunta a portavoz nacional
- Datos Cara ao 23X
- Política
Galicia terá o 23X un 45% menos electorado mozo e un 21% máis de maiores de 65 que nas primeiras xerais do século
A comezos de século o electorado mozo era o grupo máis numeroso en Galicia. Agora apenas supera as 366.000 persoas mentres o grupo de maiores de 65 xa está por riba das 700.000
- Crónica Municipais 28M
- Política Ourense
Todas as opcións de Ourense: de Jácome no Concello á posible fin do baltarismo
Jácome non precisa máis votos que os seus 10 para recuncar na alcaldía. Abóndalle con que ningún outro candidato sume 14 para unha maioría absoluta alternativa que requiriría dun exótico pacto entre PP, PSdeG e BNG. Na primeira xuntanza entre socialistas e nacionalistas para pactaren nos concellos non houbo acordos pechados ao respecto, pero a cuestión si sobrevoou a xuntanza: unha alianza contra Jácome no Concello é practicamente inverosímil, pero non o é tanto pensar en desbancar a Baltar na Deputación
- Entrevista | Lara Méndez Municipais 28M
- Política Lugo
"A veciñanza de Lugo primou un goberno progresista e de boas prácticas fronte á mala praxe e a crispación"
A alcaldesa socialista de Lugo volverá ser reelixida pola maioría absoluta que o 28M revalidaron PSdeG e BNG. Asume que no novo mandato terá ante si unha oposición máis férrea, pero tamén di estar convencida de poder amosar aínda máis froitos dunha "transformación" da capital lucense baseada nun proxecto de esquerdas que "funciona".