- Crónica Municipais 28M
- Política
Galicia, á marxe das 'despeonalizacións' das dereitas nas cidades tras as municipais
O novo mandato municipal comezou en múltiples puntos do Estado coa dereita inaugurando novas alcaldías co peche de espazos ao tránsito peonil e reducións e supresións de carril bici. Galicia quedou á marxe dese 'tsunami' do PP con Vox e das súas consecuencias neste eido e gobernos coma os da Coruña, Lugo, Pontevedra ou Santiago avanzan novos avances en peonalizacións e uso da bicicleta
Baltar reaparece para advertir de que "non marcha" tras afirmar Rueda que tamén deixará o liderado do PP de Ourense
Despois de que Rueda dese por feita a súa marcha do liderado provincial do PP, o presidente da Deputación de Ourense en funcións advirte de tomará a decisión "cando se convoque o congreso" sobre se manterse ou non nunha función no partido que o "apaixona". "Non marcho, eh! Ou sexa que cuidadito", resume o dirixente ourensán en declaracións a 'La Región'
Pontón propón un debate de líderes en Galicia como o de Touriño, Quintana e Feijóo nas xerais e o PP négase
A portavoz nacional do BNG cre preciso o debate para que a poboación coñeza "de primeira man as alternativas para defender os seus intereses ante o Goberno do Estado" e lembra que propón "exactamente o mesmo" que o PP de Feijóo aceptou de bo grao en 2008. O PSdeG acudiría pero os populares descualifican a proposta, que atribúen a unha "ansia de protagonismo" de Pontón e a que se "avergoña" das candidaturas do Bloque o 23X
A caducidade da lei da AP-9 precipita o récord de catro lexislaturas galegas sen ningunha nova competencia
O Congreso ratificou a principios de xuño que a lei para o traspaso da AP-9 é unha das que caducan por mor da fin da lexislatura estatal en vésperas do décimo quinto aniversario das últimas transferencias logradas pola Xunta. O Goberno de Rajoy vetou a lei do traspaso da AP-9 forzando a aplicación do artigo 134.6 da Constitución. Foi desbloqueada en 2018 e 2021 ata volver embarrancar no trámite de emendas, formuladas por PSOE e PP e agora tamén caducadas
De Sanidade e Economía a Igualdade: a crise de goberno continúa cunha quincena de cambios en seis consellerías
A conselleira de Economía leva consigo o secretario xeral de Emprego, que á súa vez 'ficha' o ata agora secretario xeral de Sanidade nunha serie de remudas que tamén salpican a Medio Rural e Infraestruturas. A que foi candidata do PP á alcaldía de Vilalba é a nova Secretaria Xeral de Igualdade en substitución da veterana Susana López Abella
Unha ducia de forzas políticas competirán polos escanos galegos nas xerais do 23X
O PSdeG encabezado por Besteiro e Miñones; o PP coas candidaturas que precipitaron unha crise de goberno na Xunta; o BNG que procura o seu "salto adiante" no Congreso e os perfís elixidos por Sumar para o seu debut marcan as listas das principais forzas políticas ao Congreso nas circunscricións galegas, que veñen de ser publicadas no BOE
O plan do PP para gobernar Samos fichando o fillo do rexedor do PSdeG acabou co BNG gañando a alcaldía
A operación, 'bendicida' pola cúpula popular ao máis alto nivel, marcou o obxectivo de lograr a maioría absoluta que ata agora ostentara o pai do candidato, que dixo considerarse "de dereitas" tras a fichaxe do fillo polo PP. Malia ao crecemento os conservadores, o Bloque triplicou representación e Chus López converteuse na primeira alcaldesa da historia da vila: "Samos deu un paso á fronte para abrir un tempo novo", di
O BNG asume Urbanismo, Economía, Turismo e Cultura no goberno de Santiago con Servizos Sociais e Mobilidade para CA
Goretti Sanmartín afirma que esta é a estrutura dun goberno "cohesionado e forte e "preparado" para "transformar". Rozas, "satisfeita" co reparto de área, di que o gabinete se dispón a "afrontar con rapidez e valentía" os retos da cidade
- Crónica
- Política
Unha semana para a historia política do país
Ordenamos os relevantes feitos políticos vividos nos últimos días para, co paso do tempo, podermos comprobar se, como todo semella indicar, non foi nin de lonxe unha semana calquera. Da crise de goberno provocada por Feijóo ao enésimo terremoto ourensán, o mapa da placidez da dereita en boa parte do Estado non acaba de encaixar en Galicia, malia aos obvios esforzos dende varias frontes por facelo cadrar tamén aquí
Lara Méndez, reelixida alcaldesa socialista de Lugo en coalición co BNG para unha "nova alianza de traballo e afecto"
A maioría absoluta lograda nas urnas polas formacións da esquerda o 28M volve ser dabondo para reeditar por sétima vez consecutiva unha investidura apoiada no bloque progresista na cidade da Muralla. Méndez espera que a acción do goberno que volve presidir actúe como "revulsivo de orgullo lucense" e, entre apelacións á "valentía para proxectar o Lugo actual", pide "interese polo entendemento" e "boas praxes" á oposición agora exercida en solitario polo PP
- Entrevista | J.R. Gómez Besteiro Cara ao 23X
- Política
"O 23 de xullo vai marcar un antes e un despois histórico e hai que mobilizar a esquerda para non volver atrás"
José Ramón Gómez Besteiro regresou á primeira liña política o pasado marzo, cando Pedro Sánchez o nomeou delegado do Goberno de España en Galicia. Aínda que non poida evitar realizar unha análise da situación en clave netamente galega, prefire non alimentar polo momento a expectativa de ser candidato á Xunta. Menos aínda tras encomendarlle o propio Pedro Sánchez que encabece a candidatura do partido por Lugo nas eleccións xerais, unha "batalla" fronte á dereita que, di, se vai "decidir" en provincias como a súa
Néstor Rego, Daniel Castro, Noa Presas e Carme da Silva encabezan as listas do BNG ao Congreso
O voto ao Bloque, mantén Pontón, ten un dobre valor o 23X: "que Galiza teña voz propia en Madrid", pero tamén "frear en seco un posible goberno da dereita coa extrema dereita machista e antigalega".