- Datos Coronavirus
- Acontece
O pico de ingresos coa COVID da sexta vaga quedou na metade do de hai un ano cunha incidencia catro veces maior
No inverno de hai un ano cando a vacinación apenas comezara, Galicia rexistraba unha media superior aos 140 ingresos diarios de persoas coa COVID e desta volta o pico apenas superou os 70. A metade das persoas co virus que precisaron hospitalización na actual vaga eran maiores de 70 anos.
O Partido Socialista logra a absoluta nas eleccións portuguesas e a extrema dereita ascende a terceira forza
Lonxe das sondaxes que auguraban proximidade do conservador PSD ao primeiro posto, os socialistas de António Costa pasan de 108 a 117 escanos a falta de asignar os 4 da emigración mentres os antigos socios da 'gerigonça' enfraquecen e o ultra CHEGA ascende de 1 a 12
A Xunta deixou de ingresar 3,7 millóns pola rebaixa de impostos ao xogo de azar en 2021
O Goberno galego presentara a súa rebaixa ao sector do xogo de azar como unha vía para paliar a "situación provocada pola pandemia", os peches de locais e as restricións ao seu funcionamento, máis flexibles que para outros sectores coma o hostaleiro. O mesmo informe de Facenda recolle que unha anterior rebaixa tributaria ao xogo de azar, en 2012, tivera un impacto nas arcas públicas de 3,86 millóns
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia remata xaneiro coa metade da hospitalización COVID e un 60% menos de mortes que hai un ano
A principal diferenza a respecto de hai un ano, cando a incidencia era catro veces menor, é que case o 90% da poboación galega está vacinada. Ademais, a OMS subliña que a variante ómicron semella "causar unha doenza moito menos grave". A incidencia acumulada decae nas sete áreas sanitarias e un terzo da mocidade de 20 a 29 anos, no último grupo incorporado á vacinación de reforzo, xa ten a terceira dose
A mocidade galega que segue estudando tras a ESO acada outro máximo histórico durante a pandemia
O abandono escolar temperán rematou 2021 en Galicia no 8,1% e acumula nove anos de descenso. Este indicador reflicte a porcentaxe de estudantado en idade de rematar a ESO nos últimos seis anos que continuou formándose e está influído por diversos factores, dende a flexibilidade para o paso de curso ata o apoio ao alumnado con dificultades e a inserción laboral da mocidade
O teléfono 'antiocupacións' tivo 30 consultas nun ano e a Xunta vaino seguir pagando ao ver "satisfactorio" o resultado
O Goberno galego afirma que, aínda que poida semellar "discreto", o balance da liña 'antiocupacións' á que destinou 27.000 euros en 2021 é "acorde co agardado". Matiza agora que o das ocupacións "non é tanto un problema cuantitativo como cualitativo"
Un xulgado de Santiago autoriza unha nai a vacinar á súa filla contra a COVID fronte á negativa do pai
O xuíz conclúe que a "única perspectiva a ponderar" é a "maior protección da menor" e autoriza a vacinala porque "os beneficios" son "superiores" aos eventuais riscos. A incidencia acumulada da COVID descende actualmente en todos os grupos de idade en Galicia agás en menores de 12 anos e as primeiras doses da vacina pediátrica chegan xa ao 80% das nenas e nenos de 5 a 11 anos
Os 10.000 empregos que gañou Galicia durante 2021 mantéñena á cola do Estado na recuperación do mercado laboral
Galicia rematou 2021 con 10.400 persoas máis traballando e 7.000 menos no paro que un ano antes e as taxas de paro e emprego xa son practicamente idénticas ás previas da pandemia. Non obstante, a media estatal de incremento do emprego cuadriplica amplamente a mellora galega e a redución do paro é máis de tres veces superior á rexistrada en Galicia
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta suprime o veto nocturno a reunións de non conviventes e dá por superado o pico da sexta vaga da COVID
Hostalería, pubs e discotecas recuperan o horario previo ás restricións de decembro e o servizo de barra e a Xunta mantén o uso estendido do certificado COVID. Os concertos e outros eventos con público en pé volven estar permitidos. Sanidade sinala que, "cada vez con máis frecuencia", boa parte das persoas hospitalizadas coa COVID, que actualmente roldan as 600, ingresaran a causa doutra patoloxía ou por unha operación programada
- Datos Coronavirus
- Acontece
A OMS ultima a "fin da emerxencia" pola COVID en Europa e advirte de tarefas "urxentes" noutras doenzas e no resto do mundo
A equidade no acceso ás vacinas e aos antivirais, a "protección dos grupos de alto risco con máscaras de alta calidade e distancia física" cando xurdan novas variantes e o "testeo dirixido" son, para a Organización Mundial da Saúde, clave nunha nova fase na que coida que xa "non cumprirá" retomar as restricións máis duras. A incidencia a 7 días cae con claridade en todas as áreas sanitarias galegas e as 638 hospitalizacións son 36 máis que hai unha semana. Os pacientes co coronavirus nas UCI galegas seguen sendo arredor de medio cento e a OMS subliña que "a maior parte" de pacientes COVID na UCI en Europa "están sen vacinar"
O convenio do Sergas con Medtronic contempla que a multinacional manexe "datos persoais e xenéticos" de pacientes
O vixente acordo marco sinala a Medtronic como "encargado do tratamento tratamento dos datos da Consellería e/ou Hospital" e por ese motivo, especifica, o seu acceso aos datos cumpre a normativa vixente
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas supera os 300.000 rexistros de persoas que superaron a COVID mentres a sexta vaga decae
Un terzo dos casos acumulados en toda a pandemia en Galicia rexistráronse en 2022, cadrando coa contabilización dos positivos mediante autotest. A incidencia acumulada a 7 días xa cae con claridade e as persoas hospitalizadas con test positivo do coronavirus seguen roldando as 600, cifra semellante á do outono de 2020, cando aínda non comezara a vacinación e a incidencia era dez veces inferior á actual