- Datos Coronavirus
- Acontece
A caída da incidencia da COVID acelera en Galicia mentres as mortes de persoas co virus aínda aumentan
É habitual que o 'pico' da mortalidade chegue semanas despois do de incidencia. Actualmente Galicia rexistra unha media a 7 días dunhas 8 mortes de persoas co virus, menos dun terzo das que rexistraba hai un ano, cando a vacinación apenas comezara. As 653 persoas con test positivo da COVID ingresada nos hospitais galegos ás seis da tarde do luns eran 48 menos que unha semana antes.
BNG e PSdeG recriminan o relativismo de Feijóo ante as investigacións de abusos na Igrexa
O presidente da Xunta vén censurando que se investigue "só á Igrexa" mentres o arcebispo de Santiago, na liña do Vaticano, apoia as pescudas
O PP logra seguir no goberno do seu feudo de Castela e León, agora nas mans da extrema dereita
A operación deseñada pola dirección do PP para pasar da coalición con C's a un Goberno en solitario que reforzase a Casado e enfraquecese a Sánchez acaba cos populares nas mans dun socio máis forte e á alza, a extrema dereita de Vox, nunha agre noite electoral para a esquerda. Feijóo, que se implicou activamente na campaña do PP, considera que Castela e León "elixiu a xestión" do PP e "seguirá co mellor presidente", sen mención á obrigada alianza para reteren o poder
México sinala o "contubernio" dos negocios de Pemex en Galicia apadriñados pola Xunta como clave na súa crise con España
O presidente mexicano e o director xeral de Pemex sinalan a compra de Barreras "practicamente en bancarrota" e o encargo dos dous floteis con "sobreprezo", que o Goberno de Feijóo impulsara e convertera en bandeira electoral, como mostra da "promiscuidade económica-política" que, acusa, se dedicaba a "saquear" o seu país
- Datos Coronavirus
- Acontece
A Xunta evidencia que "aplicará a lei" da fin da máscara ao aire libre e "recoméndaa" nos patios escolares
A incidencia acumulada da COVID descende con claridade nas sete áreas sanitarias e na maioría de grupos de idade. A carga hospitalaria volve roldar as 600 persoas ingresadas co coronavirus e as cifras de mortalidade seguen moi lonxe das de hai un ano malia aos 20 falecementos notificados con data deste 7 de febreiro. A Xunta suprime dende o sábado, día 12, as restricións horarias á hostalería
A Xunta é condenada a rehabilitar o pazo de Lourizán tras negarse a facelo por non ser cedido a Ence
En 2017, a Xunta reclamara á Deputación de Pontevedra ceder o histórico recinto á empresa pasteira como condición para rehabilitalo e o goberno da institución negárase a secundar o "pacto do PP" coa compañía. O TSXG sentencia que "non hai ningunha dúbida sobre a obriga" do Goberno de asumir as obras no pazo e que "o que de verdade importa é que non se executaron", con independencia do rexeitamento ao pacto da Xunta coa papeleira
- Datos Exclusión financeira
- Economía
Galicia bate récords de cartos depositados nos bancos mentres o número de sucursais é o menor dende 1974
Contra finais de 2021 os depósitos bancarios superaron en Galicia os 70.000 millóns de euros por primeira vez dende que hai datos comparables e as sucursais xa son apenas mil. Os peches acelerados tras a quebra e rescate de Novacaixagalicia e a súa venda a Banesco agudizáronse coas desaparicións do Pastor e do Gallego e, máis recentemente, coa absorción de Bankia por CaixaBank mentres o sector tende a desprazar a clientela cara aos servizos dixitais
- Datos Coronavirus
- Acontece
A máscara ao aire libre pasa a ser unha excepción
"Exímese da obriga de uso da máscara en espazos exteriores con carácter xeral, independentemente da distancia", confirma o Ministerio, que deixa en "recomendación" portala "onde se produzan aglomeracións". Si seguirá sendo obrigatoria en "eventos multitudinarios". A incidencia acumulada descende con claridade nas sete áreas sanitarias galegas e as persoas hospitalizadas son unhas 700, se ben a Xunta vén matizando que arredor do 40% ingresan por motivos que non son o virus
Galicia recibiu en 2021 o 6% dos fondos europeos de recuperación distribuídos polo Estado, a sexta maior porcentaxe
O Ministerio de Facenda publica os criterios que rexeron as distribucións de fondos europeos de recuperación durante 2021, que segundo a dirección central do PP e dirixentes territoriais do partido como Feijóo responden a motivacións partidarias do PSOE e UP
A Xunta cifra en 500 millóns anuais o que deixa de ingresar polos seus recortes de impostos
Cara á reforma do financiamento autonómico, o Goberno galego di calcular que co actual sistema recibe "800 millóns anuais menos do que lle custa financiar a sanidade, a educación e as políticas sociais". No derradeiro orzamento do Goberno de coalición PSdeG-BNG, o impacto dos "beneficios fiscais" roldaba os 84 millóns, segundo o informe da Consellería de Facenda
A Xunta deixa de detallar os casos COVID de cada residencia da terceira idade e súmaos por áreas sanitarias
O Goberno galego atribúe o recorte á información sobre o coronavirus nas residencias á "evolución da situación epidemiolóxica" e que tamén o fan outras autonomías. Sanidade tamén deixa de especificar as residencias de procedencia das persoas que viven nestes centros e falecen coa doenza
- Datos
- Economía
O paro rexistrado en Galicia é menor ao do xaneiro previo á pandemia e a contratación indefinida 'rebota' ata o 83%
O mercado laboral galego continúa recuperándose da COVID con menor ritmo que a media estatal. A CIG observa nos datos "os efectos máis perversos da nova reforma" e "contratación eventual agochada baixo o eufemismo dos fixos discontinuos"; CC.OO advirte unha "mellora da contratación indefinida como consecuencia" da nova normativa