- Crónica
- Política
Pontón marca perfil institucional co lehendakari mentres Feijóo ratifica se quere suceder a Casado
A portavoz nacional do BNG sinala Euskadi como "exemplo de que o autogoberno é fundamental para avanzar" no inicio dunha viaxe cuxa segunda xornada estará centrada na I+D+i, cunha visita á entidade na que o Goberno vasco concentra a política de impulso da ciencia
Ence volve ignorar o plan apadriñado pola Xunta para mantela na ría se o Supremo non lle dá a razón
A compañía reitera que tería que pechar en Lourizán entre 2023 e 2024 se o Supremo non avala a súa prórroga, sen sequera mencionar a adscrición ao porto de Marín que vén defendendo a Xunta
O PP galego atribúe a invasión da Ucraína á Unión Soviética 31 anos despois da súa fin
Paula Prado advirte de que "a verdade é que os comunistas están invadindo un pobo soberano e libre" e acusa da guerra o "réxime comunista soviético de Putin".
Xustificar se Ence ten que estar en terreo público á beira da ría, clave na resolución do recurso que o Supremo xa tramita
O Goberno de Rajoy concedeu a prórroga á pasteira para permanecer na ría ata 2073 sen xustificar por que debe ocupar terreos públicos. Na anulación, a Audiencia Nacional sentenciou que non é preciso que as plantas de celulosa "teñan que situarse no dominio público marítimo terrestre", senón que poden estar "nas proximidades, pero fóra" dese espazo público
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo, rumbo a Madrid trece entroidos despois de bater o Goberno de PSdeG e BNG por un escano
A convocatoria do congreso que prevé aclamalo como líder do PP cadra co décimo terceiro aniversario das eleccións que lle permitiron chegar á presidencia da Xunta por primeira vez. O resultado daqueles comicios contribuíu a deixar en segundo plano as maneiras dos populares na campaña, na que fiaran o éxito ao descrédito de PSdeG e BNG entre acusacións de persecución do castelán ou tendencia ao luxo reforzadas por outras mensaxes 'extraoficiais' máis agresivas
Casado deixará paso a Feijóo tras un mes de transición
Pablo Casado marchará e deixará vía libre ao presidente da Xunta e do PP en Galicia, pero formalmente seguirá sendo líder do partido ata o congreso extraordinario dos vindeiros 2 e 3 de abril. Tras o encontro co presidente saínte e os líderes territoriais, que rematou de madrugada, o titular da Xunta evitou confirmar a súa candidatura "ata que non se convoque" o congreso, avanzando o que pode ser o guión das vindeiras semanas
Deputados do PP de Galicia secundan o manifesto contra Casado e membros galegos da súa dirección súmanse
O manifesto que reclama un congreso inmediato do PP comezou a ser difundido por cargos como o presidente das Novas Xeracións en Galicia. Este martes asumiron o texto deputados como a ourensá Ana Vázquez Blanco, unha das integrantes do Grupo Popular no Congreso á que a actual dirección do partido veu brindando máis proxección mediática, ou Jaime de Olano, membro da Xunta directiva de Casado
- Guía Feijóo en Madrid
- Política
O que pasa se dimite o presidente da Xunta: cesamento do Goberno en pleno e remuda nun mes como máximo
O primeiro que cómpre ter en conta é que, se Feijóo asumise o liderado estatal do PP, o cargo orgánico non é incompatible coa presidencia da Xunta. A persoa elixida no caso de que o actual presidente renuncie ten que ser membro do Parlamento, o que exclúe da posible remuda a todos os integrantes do actual Goberno agás aos dous vicepresidentes, Rueda e Conde
- Con vídeo Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo require decisións "urxentes" ante un PP en "colapso" e a oposición galega veo máis centrado no partido que en Galicia
O presidente da Xunta e do PP en Galicia ve o seu partido en "convulsión" e sinala a Casado como principal responsable de atopar unha saída. O BNG advirte a Feijóo de que "os galegos e galegas non lle pagan para tapar a corrupción do PP nin para arranxar a guerra interna"; o PSdeG cre que debe explicar "que vai facer para reparar o inmenso dano que o PP está a causar á democracia"
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
A pugna interna do PP evoca a defenestración de Xosé Cuíña durante a crise do Prestige
Os feitos que desencadearon a saída de Cuíña do Goberno de Fraga tras as novas que o ligaran coa venda de material para a recollida de chapapote do Prestige ecoan na actual guerra aberta no PP. A venda nunca chegara aos tribunais e Cuíña esgrimira un informe para certificar que non implicara beneficios á empresa da súa familia. A súa defenestración propiciou que Fraga remodelase o Goberno na liña de Aznar e Rajoy, cun Feijóo apadriñado por Romay que en apenas ano e medio ascendeu a vicepresidente
- Datos Coronavirus
- Acontece
O Sergas flexibiliza as limitacións para acompañar pacientes coa COVID tras reiteradas protestas das familias
A norma xeral pasa a ser que cada persoa ingresada pode ter unha acompañante. Se o paciente padece a COVID, quen o acompañe debe portar equipo de protección individual. As mudanzas chegan mentres a poboación galega vacinada con pauta completa supera o 90% e a incidencia acumulada da COVID-19 cae en todas as áreas sanitarias e grupos de idade
Sada disponse a desenterrar o río Maior
As graves inundacións de 2016, agravadas polo encanamento e soterramento do río no século XX, propiciaron o proxecto que agora vai derivar na súa renaturalización. A opción de "eliminar a cobertura" do río no seu treito final, deixándoo "a ceo aberto", foi a avalada polo departamento técnico de Augas de Galicia e o goberno local disponse a aprobar o proxecto en pleno