Feijóo enche a súa axenda como líder do PP e Rueda di que agora toca "empezar a falar" da remuda na Xunta
Tras ser proclamado en Sevilla novo presidente do PP, Feijóo presidiu este luns a reunión da dirección do seu partido en Madrid, onde volverá mércores e xoves para ser recibido polo rei e por Pedro Sánchez. BNG e PSdeG coinciden en criticar a interinidade na presidencia, pero sinalan o PP como pasado de Galicia
- Datos Reféns de Audasa
- Economía
A AP-9 gaña un 20% máis que antes da pandemia e ingresou 14 millóns polas subvencións ás peaxes en 2021
A intensidade do tráfico e os ingresos por peaxes, superiores aos 150 millóns en 2021, aínda están por baixo das cifras de 2019, segundo os resultados de 2021 presentados por Audasa. O 95% das viaxes de pagamento xa se abonan a través de vías automáticas como a telepeaxe, dispositivo obrigatorio para acollerse aos descontos aplicados polo Estado
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Dez datas que explican o ascenso de Feijóo ás alturas do PP
O aínda presidente da Xunta vén de acadar a cúspide do poder no seu partido tras a defenestración de Pablo Casado e propicia o peche dun ciclo de década e media na política galega. O que agora acontece non pode entenderse sen, cando menos, outra decena de datas anteriores, dende a catástrofe do Prestige á fin do fraguismo ou os erros de cálculo do Goberno de coalición PSdeG-BNG
- 📺Con vídeo Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo deixa Galicia e toma o mando no PP coa promesa de encarnar o "cambio" pola dereita
Tras ser aclamado co 98% dos votos no congreso popular, o aínda presidente da Xunta reparte mensaxes a partes iguais entre o Goberno de España e Vox no seu primeiro discurso como líder do partido, ao que reclama traballo e unidade interna para "remontar"
O consumo dos principais combustibles derivados do petróleo caeu un 30% en Galicia dende a crise de 2008
Os algo menos de 2,4 millóns de toneladas destes combustibles consumidos en Galicia durante 2021 supoñen un 33% menos que no pico histórico de 2007. No 2019, previo á pandemia, consumírase un 27% menos que daquela. Este 1 de abril entra en vigor o desconto xeral de 20 céntimos por litro de carburante mentres os prezos medios de gasóleo e gasolina seguen superando en Galicia os 1,80 euros o litro
- Análise Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo dedicou máis comparecencias parlamentarias a Zapatero e a Sánchez que á COVID
O aínda titular do Goberno galego coincidiu con Zapatero como presidente durante apenas dous anos, nos que compareceu cinco veces. Nos sete anos con Rajoy na Moncloa, realizou catro comparecencias e só unha delas tiña relación coa xestión do Goberno de España
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Feijóo marcha, os mobles quedan
"Eses mobles que insultan a dignidade dos cidadáns sairán dos despachos da Administración", prometeu Feijóo en vésperas das eleccións de 2009 para referirse ao mobiliario da sede oficial de San Caetano, que el mesmo vén utilizando dende aquela e que Rueda 'herdará' se é elixido como novo presidente
- Guía | Datos Coronavirus
- Acontece
O control e illamento de casos COVID limítase á poboación e centros "vulnerables" dende o 28 de marzo
Os "grupos vulnerables" son persoas de 60 ou máis anos, poboación con enfermidades "de alto risco" ou mulleres embarazadas. Os ámbitos "vulnerables" son instalacións como centros sanitarios e residencias. Os casos distinguiranse entre "sospeitosos" e "confirmados" e o illamento tras o positivo só será prescrito a quen viva ou traballe nesas áreas. Os principais "termómetros" pasan a ser a hospitalización e os falecementos
- Datos Crise de prezos
- Economía
O prezo dos combustibles é agora en Galicia ata un 50% superior que antes da pandemia
O prezo medio dun litro de gasolina en Galicia é agora uns 50 céntimos máis caro que hai un ano e os impostos que a gravan son os mesmos. Case seis de cada dez euros do imposto de hidrocarburos financian servizos públicos das comunidades autónomas, titulares de competencias como sanidade, educación e servizos sociais. A Xunta ten previsto ingresar por este concepto en 2022 case 600 millóns de euros
O heteroxéneo paro no transporte recrúa: das peticións de axuda á esixencia de dimisión de Sánchez con raíces en Galicia
A organización convocante ten a súa sede social nunha área de servizo de Baamonde e existe dende hai máis dunha década, pero foi case descoñecida para a opinión pública ata hai semanas, agora baixo a denominación Plataforma Nacional. Co paso dos días, a mobilización reborda os marcos da plataforma no contexto de alza xeral dos prezos e o seu impacto multiplícase co bloqueo de diversos sectores económicos
O artigo clave da lei da cadea alimentaria que o sector agrogandeiro esixe cumprir: prohibido vender a perdas
"Cada operador deberá pagar ao inmediatamente anterior un prezo igual ou superior ao custo de produción", di a lei, aprobada definitivamente polo Congreso a finais de 2021. A responsable do cumprimento da lei é a Xunta para negocios no interior de Galicia e o Estado se as partes do contrato están en comunidades autónomas diferentes
- Documentos
- Política
Impagos de soldos arriscan a seguridade de 17 centros de servizos sociais da Xunta e precipitan un contrato de emerxencia
A falta de pagamento de salarios por parte de Mersant Vigilancia chegou a provocar a "ausencia total de vixilantes" nalgunhas instalacións, segundo o expediente de Política Social, que admite que os primeiros prexudicados foron senllos centros de menores de Pontevedra e Rábade