- Datos Crise de prezos
- Economía
Os combustibles acadan en Galicia o maior prezo dende a entrada en vigor do desconto estatal
A nova escalada nos prezos de gasolina e gasóleo comezou cadrando coa Semana Santa. Mentres, a Comisión Europea dá o visto e prace definitivo para que os gobernos español e portugués limiten o prezo do gas e así baixar o custo da luz
Jácome lembra que o bipartito do PP segue vixente
As coalicións foron historicamente caricaturizadas polo PPdeG como sinónimo de inestabilidade, pero no actual mandato municipal a principal fonte de turbulencias é o único bipartito urbano participado polos populares. A recomposición do bipartito do PP con Jácome tras a primeira ruptura non impediu que continuasen as descualificacións e saídas de ton. A última, un empurrón a unha sindicalista, mesmo con máis eco que as anteriores, en pleno proceso sucesorio no PPdeG
Os bombeiros 'desprivatizados' da Coruña, Lugo e Pontevedra serán persoal indefinido sen un novo proceso selectivo
Os tres gobernos provinciais de PSdeG e BNG subliñan que unha recente sentenza do Supremo referida ao servizo de axuda no fogar de Navarra lles permite "estabilizar" os bombeiros tal e como "queriamos facer". Din agardar que a Xunta, que participa ao 50% nos consorcios provinciais de bombeiros, se sume á estabilización do persoal igual que acabou accedendo a rematar coa xestión privada do servizo
A Risga perdeu o 35% de persoas perceptoras dende a entrada en vigor do ingreso mínimo vital
A incompatibilidade entre a Risga e o IMV, debido á lei galega de inclusión, agravou as eivas na posta en marcha da prestación estatal. Nunha resposta parlamentaria ao BNG, a Consellería de Política Social sinala que "xa se mantivo a primeira reunión" co Ministerio para a transferencia da xestión do IMV. Segundo os seus datos, na actualidade estarían a percibir a Renda de Inclusión Social de Galicia unhas 7.000 persoas
- Datos Coronavirus
- Acontece
Galicia tivo en 2020 a menor cifra de operacións cirúrxicas en vinte anos e os ingresos en infecciosas disparáronse un 40%
Os datos acreditan o forte impacto que tivo a COVID na atención doutras patoloxías, mesmo aínda sen incluír boa parte da repercusión hospitalaria da peor vaga da pandemia en Galicia. Por primeira vez nunha década, Galicia rexistrou menos de 30.000 hospitalizacións de pacientes con cancro
- Calendario Feijóo en Madrid
- Política
O Parlamento xa tramita a investidura de Rueda, que prevé tomar posesión como presidente o 14 de maio
O presidente do Parlamento ratifica a previsión de que o debate de investidura se celebre os días 10 e 12 de maio, culminando o trámite para a remuda na presidencia que principia este luns, día 2, coa rolda de consultas aos grupos
Dimite Alberto Núñez Feijóo, quinto presidente da Xunta de Galicia
Despois de ocupar o cargo 13 anos e 11 días, o líder do PP fai oficial ante o presidente do Parlamento a maior crise de goberno na Xunta desde 1987, que derivará na elección dun novo Executivo. Entrou na Xunta como funcionario en 1985 e chegou ao primeiro posto político en 1991. Deixou Galicia para ser alto cargo nos gobernos de Aznar e regresou tras a defenestración de Cuíña, operación tras a que acabou remudando a Fraga
Tras entregar a carta de dimisión, preside unha reunión do Consello en funcións e escenifica a súa marcha cunha declaración sen preguntas no Pazo de Raxoi. Agora xa só depende dos prazos legais que a Cámara elixa en cuestión de días o seu sucesor, Alfonso Rueda
A Xunta suma consultas sobre desafiuzamentos ao seu teléfono 'antiocupacións' tras recibir só 30 chamadas nun ano
Vivenda asina un novo convenio co Consello da Avogacía no que fusiona o seu teléfono 'antiocupacións' co servizo de consultas sobre desafiuzamentos que deixara de financiar en 2018. Os desaloxos multiplican por vinte os novos casos de ocupacións en Galicia, segundo o poder xudicial. Está financiado con 50.000 euros, 39.000 para o servizo de consultas e os restantes 11.000 para "infraestrutura, formación, guías e difusión"
O Goberno de España logra manter o decreto contra a crise de prezos con votos do BNG e Bildu e malia ao "non" do PP
A irrupción o escándalo pola espionaxe mediante o sistema Pegasus tensou a votación do decreto que inclúe medidas como a rebaixa de 20 céntimos nos combustibles, que finalmente supera o transcendental exame parlamentario por maioría absoluta. Pontón e Rego, que sinalan que o Bloque optou pola "responsabilidade" detallan que a negociación co PSOE propicia ademais que, a cambio do seu "si", acceda a manter o trámite de exposición pública en parques eólicos e a "reactivar a axenda galega" que pactaran para a investidura de Pedro Sánchez
- Crónica Feijóo en Madrid
- Política
Derradeiro pleno para o presidente Feijóo mentres o PP sitúa Galicia na "normalidade extraordinaria"
Con Alfonso Rueda xa encamiñado cara á remuda no PPdeG, a dimisión do presidente da Xunta non pasará desta semana. Feijóo di prever comunicar a data exacta da marcha no Parlamento, onde este mércores protagonizará a súa derradeira sesión de control. O sucesor, pola súa banda, di aspirar a unha "transición tranquila e exemplar" no partido e a unha maioría absoluta en 2024
O rei exclúe da información sobre o seu patrimonio ao BNG e outras forzas soberanistas do Congreso
Antes de publicar o comunicado que cifra en 2,57 millóns o patrimonio persoal do monarca, a Casa Real adiantou a información a parte das formacións políticas con representación no Congreso. A publicación do patrimonio do rei, que non especifica os fondos ou entidades onde admite que inviste, produciuse na véspera da aprobación en Consello de Ministros dun decreto para reforzar a "transparencia" da institución, cos escándalos do rei emérito como pano de fondo
A administración paralela na Xunta de Feijóo: máis fondos públicos ca nunca tras un aforro "histórico" que virou "residual"
O Goberno de Feijóo trasladou a entes instrumentais "importantes áreas de gasto" que antes eran xestionadas na Administración xeral da Xunta, segundo constatou o Consello de Contas, que concluíra que o aforro pola supresión de entes paralelos realmente fora "menor". O Executivo solicitara expresamente borrar esa conclusión e, en troques, reflectir o seu "gran esforzo" ao respecto