- Crónica
- Política
Comisión de transferencias: dos "traspasiños" á lei do litoral
A Comisión Mixta Galicia - Estado reuniuse 44 veces, só dúas delas dende o retorno do PP á Xunta en 2009. A última xuntanza deste órgano que aprobou transferencias foi co Goberno de PSdeG e BNG, que lograra 12 descualificadas por Rueda como "traspasiños". Tras o visto e prace do TC á lei do litoral, a Xunta vén de activar os trámites para pedir unha Comisión Mixta que BNG e PSdeG veñen meses sinalando que se celebrará porque así o pactaron para a investidura de Pedro Sánchez
Honras da (extrema) dereita española a Milei
Na súa primeira visita a España como presidente da Arxentina, Milei obvia as autoridades e lanza as súas diatribas da man de Vox pero tamén na sede do xornal do grupo Planeta nun acto ao que acudiu a voceira adxunta do PP no Congreso. Prodúcese menos dun mes despois de que Rueda viaxase á Arxentina -sen que o recibise- e transmitise tranquilidade ás empresas pesqueiras de capital galego porque as "incertezas" xeradas polo Goberno do país no sector "non se van producir" malia permanecer en aspectos clave como as cotas da pescada
- 🔊Podcast As Letras de Luísa Villalta Fálase
- Cultura
Fálase | As Letras de Luísa Villalta
Este ano estamos a seguir os pasos de Luísa Villalta. Dramaturga, narradora, ensaísta, filóloga, violinista, profesora e poeta. A artista coruñesa homenaxeada no Día das Letras pola Real Academia Galega ten tantas facetas que adentrarse na súa obra é toda unha aventura. Neste episodio do Fálase contamos coas escritoras e mestras Beatriz Maceda e Eli Ríos, que están a vivir con intensidade as celebracións deste 2024
Vinte anos do plan unánime para o galego que virou 'radical'
O Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega naceu en 2004 ao abeiro da unanimidade parlamentaria. Despois, o Goberno de Feijóo reduciuno a "remuíño de ideas" e derrogou medidas que o aplicaban coma o decreto do galego no ensino. Tras dúas décadas, algunhas das súas accións nunca pasron do papel e outras xermolan timidamente
Trinta e tres candidaturas pugnan por facer ver as eleccións europeas do 9X
O BOE publica as candidaturas que concorren ao 9X nun ambiente electoral practicamente nulo malia á relevancia dos comicios europeos. Casares, Millán Mon e Miranda repiten como referentes de PSdeG, PP e BNG
Caixa Rural Galega dispara beneficios ata os 21 millóns con novo récord de depósitos, crédito e persoal
A entidade cooperativa incrementou en 2023 as ganancias un 140% co impulso clave da suba dos tipos de xuro, o que lle outorga "marxe para abrir novas oficinas", anuncia o seu presidente tras un ano no roldou os 1.800 millóns en depósitos e os 851 en créditos e destinou 400.000 euros a patrocinios co seu Fondo de Educación e Promoción
A Ribeiriña da Pobra, onde o mar vai recuperando o seu
A rexeneración ambiental da contorna onde foi construída en 1908 a conserveira 'La onza de oro' permite "reverter ao seu estado natural" uns 5.500 metros cadrados e mesmo 'resucitar' un anaco de praia. A zona litoral rexenerada está a apenas tres quilómetros de dous exemplos no sentido contrario: senllos recheos executados en 2001 e 2014 para usar como aparcadoiro de coches privados e instalar unha gasolineira
A OPA do BBVA ao Sabadell en Galicia: superpostos en 43 concellos e disolución dos restos do Gallego
Hai tempo que o que noutrora puido ser considerado sistema financeiro galego desapareceu como tal. Se entendemos por sistema un conxunto de varios elementos que forman un todo. En rigor, a única entidade galega que sobreviviu como tal á marxe das quebras, rescates ou compras obrigadas foi a Caixa Rural Galega. Así foi especialmente dende que o Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) adxudicou ao venezolano Banesco a poxa de Novagalicia Banco, a entidade resultante do rescate de Novacaixagalicia, froito da fusión fracasada de Caixa Galicia con Caixanova.
Contas volve esixir transparencia e "control público" na empresa coa que a Xunta impulsa o proxecto de Altri
O ente fiscalizador das contas públicas insta por segunda vez o Goberno galego a "arbitrar as medidas oportunas para transparentar a actuación financeira" de Impulsa Galicia, que debe ser tratada como empresa pública porque, aínda que a Xunta a controla directamente nun 40%, a través de Sogama chega ao 50% dos "dereitos de voto". O Executivo rexeita a recomendación
O Constitucional impide á Xunta limitar a 15 anos o prazo para actuar contra obras ilegais na costa
O tribunal de garantías atende o recurso do Goberno de España e anula os artigos da lei de acompañamento dos primeiros orzamentos de Rueda nos que se limitaba a actuar contra obras ilegais no litoral rematadas nun máximo da anterior década e media
- 📺
- Política
O PSdeG pide ser acusación na causa "polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco" que recibiu Montoro
Os socialistas galegos queren ser "parte no procedemento contra Montoro e a súa policía patriótica no Ministerio de Facenda", subliñan que Besteiro e Orozco "foron vítimas dunha longa persecución xudicial que os afastou inxustamente da política" e piden "aclarar se Rueda e Feijóo sabían algo".
O custo real dos recortes de impostos disparouse a 666 millóns na Xunta no ano da marcha de Feijóo
O Consello de Contas certifica que no ano da dimisión do ex-presidente as rebaixas de impostos non se compensaron con subas doutros tributos, dando lugar a ese custo real. O Goberno galego di que agora si acepta a reiterada reclamación do ente fiscalizador para avaliar os efectos dos seus "beneficios fiscais"