- Crónica
- Política
Rueda celebra que sexa posible "derrubar inercias" políticas "construídas durante décadas"
O presidente da Xunta e dos populares galegos insiste en que a súa elección como substituto de Feijóo foi un "exemplo de unidade" e prevé ter designados candidatos ás municipais nas principais cidades durante o verán
As queixas á Valedora do Pobo disparáronse en 2021 encabezadas pola sanidade
Os asuntos abordados pola alta comisionada en 2021 foron un 34% que en 2020 e un 72% máis que en 2019, máis da metade referidos a áreas de xestión da Xunta. Entre as recomendacións en materia sanitaria, a valedoría insta o Sergas a informar á cidadanía sobre canto terá que esperar se rexeita a oferta de ser operada nun hospital privado-concertado
Erros do xulgado da Pokémon en Lugo desmontan unha causa por tráfico de drogas en Barcelona
A ausencia da documentación que sustentou o inicio das intervencións telefónicas nos oito tomos que o xulgado que dirixía De Lara remitiu a Barcelona na peza separada sobre este caso obrigou a anulalas. "A nulidade da intervención telefónica implica a inexistencia da organización criminal" que era investigada, "arrastra todo o obtido nos seguimentos e rexistros" e obriga á absolución de dúas das tres persoas procesadas
Xunta e PP esgrimen que piden competencias tras 13 anos para que a costa non caia "nas mans de Sánchez"
Os populares intensificaron a reclamación das competencias sobre o litoral tras frear o Estado ao Goberno galego na intención de permitir aumentar ata un 50% o volume de múltiples construcións costeiras. A unanimidade do Parlamento avalou esta semana unha iniciativa do BNG para reclamar estes traspasos e outros pendentes, a comezar pola AP-9
A inédita nova derruba no viaduto da A-6 aboca a un prolongado corte da conexión coa Meseta por Pedrafita
O "diagnóstico técnico sobre os fallos estruturais" determinará se cómpre "cambiar todo o viaduto" ou aínda cabe a posibilidade da reconstrución. O delegado do Goberno central en Galicia sinala que tamén dependerá desas pescudas determinar "se é necesario recorrer á vía xudicial" sobre o acontecido na infraestrutura, adxudicada en 1997 e inaugurada en 2001. A ministra de Transportes visita este venres a zona
- Crónica
- Política
Rueda reenvía ao Goberno de España as reclamacións de BNG e PSdeG pola falta de médicos e a crise de prezos
O presidente da Xunta sométese á súa segunda sesión de control como tal e remite a Pedro Sánchez a responsabilidade ante os cuestionamentos da oposición. "Galiza necesita un Goberno, non xente quentando unha cadeira", sinala Ana Pontón, que insta a asumir o paquete de propostas do Bloque para conter a inflación. "Se non é un problema de cartos, probe a subir os orzamentos do Sergas, a ver que pasa", convida o voceiro socialista, Luis Álvarez
- Interactivo Que turismo?
- Política
Os patrocinios turísticos da Xunta suman 7 millóns dende o inicio do Xacobeo e antes de grandes eventos do 2022
A suma dos patrocinios, que chegaría aos 10 millóns contando o festival O Son do Camiño cancelado en 2020 pola pandemia e que se celebra agora, engadirá nos vindeiros meses diversos concertos e accións do Xacobeo cuxos importes aínda non foron ratificados oficialmente. Todo, nun ano no que a área turística da Xunta manexa un orzamento récord de 115 millóns de euros
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Un mes de Rueda na presidencia: reconstrución do núcleo duro á espera da pugna con Pedro Sánchez
Á espera do primeiro encontro con Sánchez e das primeiras decisións que poidan permitir albiscar o seu selo alén da mera continuidade, Rueda desprega unha axenda pública que semella encamiñada a darse a coñecer. Polo momento, as reunións do Consello da Xunta co novo presidente á fronte céntranse en nomeamentos e en completar asuntos que xa tiñan a súa tramitación iniciada
Dez anos do rescate bancario, a "liña de crédito" perdida na que esvaeceron Caixa Galicia e Caixanova
En xuño de 2012, o Goberno de España asumía o rescate da UE para sanear parte do sector bancario. "Non ten nada que ver cun rescate" e os bancos terán que "devolver" os cartos "no seu momento", aseguraran. Só rescatar Novagalicia Banco custou uns 9.400 millóns de euros públicos dos que o Banco de España deu por perdidos máis de 8.600
O Sergas prevé pechar unhas 600 camas durante o verán de 2022
As camas hospitalarias bloqueadas son arredor do 10% das dispoñibles e Sanidade vén reiterando que as abriría antes do previsto se fosen precisas
O Concello de Lugo ten que investir un millón de euros en reparar eivas para abrir o auditorio que Feijóo inaugurou en 2016
O Concello recibiu o edificio en 2020, catro anos despois de que Feijóo inaugurase a obra contratada pola Xunta, cando "moitas das garantías xa estaban caducadas", resalta a alcaldesa. O estudio de arquitectura que avaliou os problemas do edificio detecta "problemas estruturais e deficiencias construtivas" ás que se engaden os efectos do prolongado peche
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda, Pontón e Formoso inauguran a nova xeira política galega en senllas xuntanzas sen pactos
O presidente da Xunta centrou os seus primeiros encontros institucionais coa portavoz nacional do BNG e o secretario xeral do PSdeG na axenda de asuntos que prevé trasladar a Pedro Sánchez cando o reciba na Moncloa. A necesidade de inxectar máis fondos no Sergas, a comezar pola Atención Primaria, encabezou as reclamacións dos líderes da actual oposición