- Crónica
- Política
Que non volva medrar a herba
Tras lograr retornar á Xunta á primeira en 2009, o PP esforzouse en acrecentar as crises de PSdeG e BNG. A mostra máis obvia daquela estratexia fora a alcumada como "trama agraria", acusación de desvío de subvencións para o suposto beneficio do PSdeG que a Xustiza acabaría arquivando. Aquelas estratexias ecoan agora en Galicia, co foco do PP no BNG tras as eleccións europeas, e tamén na esfera estatal coas acusacións dos de Feijóo contra a esposa de Pedro Sánchez
Política Social ten conxelada a reforma que faría compatible a Risga co Ingreso Mínimo Vital
O IMV foi concibido polo Estado hai catro anos para ser compatible con prestacións como a Risga, pero a lei galega de inclusión de 2013 impídeo. O Goberno galego lanzou o trámite para reformar a lei en setembro de 2021. Un ano despois Rueda asegurou que culminaría en 2023 e o pasado xaneiro incluíu a promesa no programa do PP para a nova lexislatura. Agora, a Xunta responde ao BNG que "traballará na redacción" da nova lei mentres negocia co Estado a transferencia do IMV para "activala en canto culmine"
Traspaso ou rescate? Guía para non perderse no votado sobre a AP-9
As respostas do ministro Puente sobre un custo de ata 6.000 millóns polo traspaso e rescate da autoestrada axitaron o sempre candente debate sobre a AP-9 na semana en que o Congreso aprobou por terceira vez tramitar a lei galega para a transferencia, pero tamén unha moción do BNG a prol do rescate
Autovía ata Melide este ano e intermodal o vindeiro: os anuncios de Transportes en Lugo alén AP-9
O ministro Puente ratifica 2025 para o remate da nova estación ferroviaria lucense e a Xunta di que prevé asinar "este verán" os contratos da terminal de autobuses. Transportes encádrao nun "cambio substancial" das conexións ferroviarias cando remate a modernización xa en marcha da ligazón a Ourense. O treito Palas-Melide da A-54 abrirá "a finais de ano". Faltarán daquela os 16 quilómetros de Arzúa a Melide, coas obras "ao 50%", segundo o Ministerio
Haberá moción de censura en Ourense se a alcaldía é do PSdeG
Dez dos 17 edís que suma a actual oposición prefiren unha alcaldía socialista: os 6 do PSdeG e os 4 do BNG, que reitera que a súa postura é "a mesma" que no inicio do mandato: "Nin Jácome nin o PP" co bastón de mando. O PP carga contra o Bloque, ao que descualifica como "frívolo" e "radical", pero accede seguir negociando "un acordo programático" antes de valorar se finalmente se suma á moción de censura contra Jácome un ano despois de propiciar a súa reelección como alcalde
- Crónica
- Política
Vinte e cinco anos da fin da hexemonía do PP no poder urbano galego
As municipais de 1999 supuxeron para o PP unha perda da hexemonía nas alcaldías das principais cidades que un cuarto de século despois aínda non deu recuperado. A esquerda gañara dun golpe catro significativas alcaldías: Vigo, Pontevedra, Ferrol para o BNG e Lugo para o PSdeG, nos catro casos mediante acordos entrambas forzas
- Datos Crise de prezos
- Economía
Os prezos dispáranse en Galicia ao maior ritmo do Estado coa inflación máis elevada do último ano
A inflación repunta a nivel xeral, pero o 4% interanual galego está catro décimas por riba da media estatal e en cabeza de todas as autonomías. A hostalería encabeza a escalada dos prezos, cos alimentos un 5% máis caros que hai un ano e a luz, case un 10% máis
- 📺
- Política
O PP incorpórase ao uso do galego no Congreso tras votar "non" a poder falalo
Os populares Pazos e Delgado falaron galego en parte das súas intervencións sobre a AP-9 no pleno deste martes. BNG e PSdeG responden con retranca á mudanza de postura pola vía dos feitos por parte dos populares, que para rexeitar incorporar as linguas diferentes do castelán rexistraran emendas indicando, por exemplo, que a Cámara Baixa está en Madrid e alí só é oficial o castelán
O Congreso inicia por terceira vez o trámite do traspaso da AP-9
A lei galega reinicia percorrido no Congreso cunha maioría tan ampla como as incertezas que a rodean e entre reproches á prórroga da concesión aprobada por Aznar no 2000 que agora cuestiona a UE. Pazos (PP), Pontón (BNG) e Besteiro (PSdeG) poñen voz á demanda da Cámara galega e cadran na petición tanto do traspaso como nos avances cara á fin das peaxes
O PSdeG de Ourense concreta en 14 puntos a oferta a PP e BNG para botar a Jácome
Os socialistas aseguran que detectaron en populares e nacionalistas "vontade política" para acordaren unha moción de censura e por iso dan "o seguinte paso" propoñendo un plan de 14 medidas que inclúen orzamentos ou o novo PXOM, pero que obvia a cor política que tería a nova alcaldía. Ante os primeiros movementos, Jácome asegurou propoñer a PSdeG e BNG outra censura: na Deputación para desbancar ao PP
- Análise Europeas 9X
- Política
O BNG impera na esquerda alén PSdeG dez anos despois de xermolar as mareas
Nas europeas de hai dez anos a irrupción de Podemos e o ascenso das forzas que participaban en AGE fora clave nun contexto de devalo do bipartidismo e de crise do BNG. O Bloque obtén o seu mellor resultado nunhas europeas dende 1999 e o maior apoio cidadáns nestes comicios ao celebrarse sen cadrar na mesma data ca outros, como as municipais. Santiago é a cidade onde as forzas á esquerda do PSdeG obteñen máis apoio nun contexto marcado polo relevante ascenso do Bloque, que exerce a alcaldía dende hai un ano
- Crónica Europeas 9X
- Política
O PP gaña pero Feijóo non esmaga, o PSOE resiste, o BNG sorrí
A dirección estatal do PP, que en boa medida é a antiga cúpula do PPdeG, non logra reproducir en España a hexemonía que tivo en Galicia malia facerlle a parcelaria a C's mentre ascenden os ultras. Tras os paus de 2014 e 2019, os populares galegos volven celebrar sen reservas nunhas europeas nas que o PSdeG cre que emprendeu a "senda da reactivación". O BNG, o que máis medra na súa coalición, dá por cumprido o obxectivo do "escano galego"