Sánchez dá por cumprida a metade do pacto de investidura co BNG e reivindica o seu "compromiso con Galicia"
O deputado do Bloque, Néstor Rego, reclama ao presidente do Goberno de España durante o debate de política xeral que "cumpra con Galiza" impulsando os puntos pendentes do seu pacto e coida que algunhas das medidas fronte á crise de prezos van "na boa dirección", pero manifesta "dúbidas": "En Galiza non existe Cercanías e os trens de media distancia necesitan mellorar en frecuencias, horarios e prezos", exemplifica
A demora do peche definitivo planea sobre a térmica das Pontes e o persoal da central pide acelerar os proxectos de renovables
A eléctrica e Transición Ecolóxica reuníronse sen informar ao respecto. Sobre a mesa, posibles novas reactivacións da térmica pola crise enerxética global, o que atrasaría o peche definitivo. No comité de empresa da central advirten de que, alén deste eventual "balón de osíxeno", cómpre "acelerar a vía da independencia dos combustibles fósiles foráneos, caros e contaminantes" cos proxectos de renovables coma os xa presentados
Sánchez anuncia impostos extra a enerxéticas e bancos, trens de balde e máis bolsas para combater a crise de prezos
No inicio do debate de política xeral no Congreso, o primeiro en sete anos, o presidente do Goberno de España di ser "plenamente consciente" do impacto da crise de prezos nos fogares e asegura estar en disposición de "deixar a pel" a prol da "maioría social"
- Crónica A Xunta de Rueda
- Política
Rueda segue a presentarse no inicio da segunda metade da lexislatura galega
Tras dous anos dende as eleccións e dous meses despois da súa elección como substituto de Feijóo, o presidente da Xunta semella seguir inmerso nunha prolongada rolda de presentacións polo país apoiándose nas súas competencias en materia turística e en reunións coas principais empresas. Mentres, os oito Consellos que leva presididos centráronse, en boa medida, en aprobar axustes no organigrama da propia Xunta e completar trámites de asuntos xa iniciados
A Xunta tenta mercar a Santa de Asorey e outros bens da Casa de Galicia de Montevideo "coa idea de mantelos en Uruguai"
A Xunta, que fora instada por BNG e PSdeG a actuar para preservar o legado cultural da disolta Casa de Galicia da capital uruguaia, di manexar unha "lista pechada e taxada por especialistas do Uruguai" sobre os "bens de interese cultural" da entidade en cuxa "adquisición está traballando"
- 📺 Crónica
- Política
Feijóo executa contra PSOE e Podemos o manual de asedio que estreou fronte á coalición de esquerda na Xunta
Feijóo pon no albo a ministra de Igualdade e esixe a Pedro Sánchez que a destitúa con fondo e formas semellantes ás empregadas contra Touriño e Quintana, aos que caricaturizara como amantes dos privilexios antes da dura campaña de 2009, na que agromaran acusacións sobre a vida persoal dos candidatos, novas falsas, panfletos anónimos e boicots á cartelaría electoral da esquerda. O presidente socialista respondera once días despois da derrota
A dilación do caso Pokémon propicia que un dos sinalados como líder da trama vire inimputable por razóns de saúde
O ex-edil Liñares e outras tres persoas pactan coa Fiscalía un ano e catro meses de prisión e 6.000 euros de multa por suborno e pertenza a grupo criminal na adxudicación fraudulenta da ORA de Lugo en 2009
Renfe prevé sancionar a Talgo por non entregar os trens que estenderán máis a alta velocidade por Galicia e o PP culpa a Sánchez
Os trens Avril de ancho variable permitirán aos servizos de AVE coa Meseta continuar a marcha dende Ourense ata o resto de cidades galegas. Renfe disponse a "determinar as penalizacións correspondentes" a Talgo, que "debeu entregalos para poder entrar en servizo este verán". Os populares din ver constatado que "o AVE non chegou a Galicia"
Competencia conclúe que seis grandes construtoras alteraron contratos públicos dende os 90, varios deles en Galicia
A CNMC sanciona con 203 millóns a Acciona, Dragados, FCC, Ferrovial, OHL e Sacyr, que aínda poden recorrer á Audiencia Nacional. Segundo o expediente, as construtoras concertábanse "de costas ás entidades licitantes" para compartiren traballos cos que concorrían a contratos de obras públicas, co conseguinte "aforro de custos e vantaxe competitiva" a respecto do resto do sector
A Xunta sufraga escolas infantís con cartos do IVE que Rajoy non entregou a Galicia e que o Estado pagou agora
Política Social sinala que a implantación da gratuidade da matrícula nas escolas infantís públicas e privadas dende a primeira filla ou fillo "incrementou de forma importante o número de matrículas" e inxecta nos seus orzamentos 7,81 millóns procedentes do ingreso estatal polo IVE atrasado. O cambio na xestión do IVE aplicado en 2017 polo Goberno de Rajoy provocou que Galicia non ingresase algo máis de 200 millóns
- Datos Coronavirus
- Acontece
Pacientes coa COVID ocupan o 10% de camas hospitalarias e o 4% das UCI tras ingresar polo virus catro de cada dez
"40% dos ingresados ingresan por COVID e o 60%, con COVID", salienta o conselleiro de Sanidade. Outras patoloxías supoñen un 65% de ocupación en unidades convencionais e un 30% en coidados intensivos. O Sergas reitera as recomendacións de "levar máscara no traballo e no ámbito social" a "quen teña síntomas ou sospeitas" de contaxio e de poñer a dose de reforzo da vacina a quen aínda non a teña
O peche de Vestas en Viveiro sae a devolver: o Estado ten que lle pagar 142.000 euros dunha subvención por un erro de cálculo
O Estado recortou a subvención de 2,4 millóns concedida a Vestas ao considerar, entre outros aspectos que investira en Viveiro 9,35 millóns e non os 12,5 que prevera. A compañía recorreu á Audiencia Nacional, que lle deu parcialmente a razón mentres executaba a reconversión da factoría mariñá, destruíndo a maioría dos postos de traballo