- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
Sánchez e Zapatero, entregados con Besteiro: o PSOE non afrouxa na recta final ao ver posible o cambio
O panorama é complexo para o PSdeG, pero por factores inéditos, e observan que un esforzo no que resta de campaña pode ser clave para unha mudanza política pola que seguen apostando. Sobre o mitin de Besteiro e Zapatero este martes en Lugo pairaba o acontecido nun restaurante da cidade hai poucos días: no PP "estiveron dicindo que rompía España" e "mentres se manifestaban, negociaban" con Junts, resaltan
Pontevedra é onde menos cae o voto por correo a respecto de 2020 e Lugo encabeza a suba en relación a 2016
As peticións de voto por correo son case un 20% menos que nas eleccións da pandemia, pero un 35% máis que nas eleccións galegas de hai oito anos. O prazo para envialo finaliza este xoves, día 15.
- Hotel Palacio del Carmen (Santiago) 18F Eleccións galegas
- Política
Pontón bosquexa a estrutura da Presidencia se ela a dirixe: igualdade, recursos naturais, emprego e políticas sociais
A candidata mantén que o BNG se ve en condicións de dotar Galicia co "mellor Goberno de todos os tempos", que aplique as "mellores respostas de todo o mundo" aos diversos problemas, pero "pensadas na nosa realidade"
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
'Rock & love' de Pontón ante un PP desconcertante
Nos partidos esténdese a percepción dun PP á baixa á que contribúe a imaxe de Rueda no debate da CRTVG e a potencial capacidade de Pontón para levar o BNG ata caladoiros electorais que historicamente semellaban vedados para a formación. Entre síntomas de fatiga, a maquinaria electoral dos populares tenta devolver a imaxe da nacionalista aos que considera marcos tradicionais do Bloque, caricaturizándoa como un perigo para o país. Analizámolo coa axuda dos politólogos Elba Maneiro e Roi Pérez Vila
- Auditorio Mar de Vigo 18F Eleccións galegas
- Política Vigo
Pedro Sánchez redobra o apoio a Besteiro ante a "semana crucial" para "gobernar o cambio"
O candidato socialista á presidencia mantén que o PP "xa sabe" que "vai perder" a Xunta e o PSdeG "está a tempo" dunha "remonta" que o leve ata o Goberno galego. Ante unha Xunta dos populares que "xa non dá para máis" e un Rueda que opta pola "espantada" nos debates, Sánchez pide "concentrar o voto do cambio" en Besteiro que, di, terá "fío directo" coa Moncloa para "poñer a directa en Galicia". Abel Caballero chama a que "toda" a súa cidade vote por Besteiro, quen promete "non fallar a Vigo" tras 15 anos de "ataque constante do PP"
- Crónica | Hotel Compostela 18F Eleccións galegas
- Política
Pontón, Beiras e Noriega chaman xuntos á mobilización do "voto do cambio" en torno ao BNG
Nunha "emocionante" conversa de "reencontro", a candidata do BNG agradece a "contribución ao cambio" que supón o apoio de Anova ao Bloque nun contexto no que "moi poucos votos" poden decantar a presidencia, advirte. Beiras apela ao "pobo que leva loitando moito tempo" en diversas mobilizacións. "Hai que ir votar, que ninguén pense que o seu voto non é importante, é decisivo" se se "concentra" no Bloque. "O nerviosismo do PP é directamente proporcional á posibilidade real de cambio", mantén Noriega.
Rueda pide tren "decente" en Lugo aos quince anos de que Feijóo prometese ligalo co AVE "cos cartos da Xunta"
"Despois xa lle pasaremos a factura [ao Goberno de España], pero a Xunta fará o AVE entre Lugo e Ourense", prometeu o PP o 10 de xaneiro de 2009 no marco da campaña que Rueda dirixía. Tras diversas demoras, o Estado ten actualmente en marcha as obras de mellora da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, que inclúen a súa electrificación. Na mesma xornada, Rueda recupera cara ao 18F a Autovía da Costa da Morte, prometida no Plan Galicia, pero agora cun só carril por sentido
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A manifestación contra o galego aparéceselle a Rueda en campaña 15 anos despois
O 8 de febreiro de 2009 o agora presidente e candidato encabezou a comitiva do PP na manifestación dun colectivo que sinalaba ausencia de "liberdades" en Galicia por unha suposta "imposición" do galego. Pontón volveullo reprochar no debate da CRTVG, tras o que o PP busca virar a campaña para tentar contrarrestar a boa valoración cidadá da candidata do BNG con alertas sobre radicalidade ou "totalitarismo". O modelo que o Bloque leva no seu programa foi pactado por colectivos educativos e sindicatos hai catro anos, baséase no galego como lingua vehicular e, salienta Pontón, ten como finalidade "que o ensino garanta algo básico: que todo o mundo saiba as dúas linguas"
- 🔊Entrevista | José Ramón Gómez Besteiro 18F Eleccións galegas
- Política
"O PP espera unha Galicia durmida, quen queira un rescate dos servizos públicos ten que ir votar"
O candidato do PSdeG á presidencia asegura percibir "que se reactivan os votantes do Partido Socialista nas locais e xerais que ás veces están parados nas autonómicas" e subliña que o seu partido, como "esquerda que xestiona", pode ter "protagonismo" nun cambio de Goberno que ve perfectamente viable se todo o electorado que quere "poñer fin á perda de oportunidades" para Galicia vai votar o 18F. Con el conversamos sobre o contexto electoral e as súas propostas.
"Odisea" ferroviaria do BNG para presentar o plan co que Pontón quere impulsar "a lexislatura do tren"
Rodil e Castro, números 1 e 2 do Bloque por Lugo non deron chegado a Ourense en tren por mor dunha avaría á altura de Sarria. "É un exemplo perfecto do illamento ferroviario de Lugo", lamentan. Os servizos de proximidade A Coruña - Ferrol e Vigo - Pontevedra e mais a conexión de Lugo con Santiago, entre as prioridades do programa ferroviario do BNG exposto por Ana Pontón
- 📺 Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
'Xuntos': Rueda encoméndase a un PPdeG xa inexistente tras a 'expropiación' de Familia Caamagno
Antes da existencia do PP como tal, o 'Xuntos' de Juan Pardo bosquexaba unha caste de banda sonora pop dunha Galicia autónoma en construción. Doutra Galicia posible. Nun contexto electoral máis incerto do que desexarían, un PP no que o "deG" foi minguando apela agora á súa "historia" para tentar impulsar a Rueda mediante a "recuperación dun clásico" que xa "expropiaran" os Familia Caamagno dous anos antes. "Non entenderon nada", ironiza a banda de Sigüeiro
- Crónica 18F Eleccións galegas
- Política
A esquerda alimenta a crenza no cambio político ante a atonía de Rueda no debate da CRTVG
O candidato do PP non dá marcado o ritmo nun formato a priori propicio alén de introducir asuntos que os opoñentes acabaron usando ao seu favor nun encontro no que as sucesivas interaccións con Pontón contribuíron a afianzar a imaxe da líder do BNG como alternativa na presidencia. Besteiro aproveita a súa primeira presenza prolongada na CRTVG para marcar perfil como posible interlocutor privilexiado co Estado nun novo Goberno galego. Lois (Sumar) pon énfase en brindarse a un "goberno a tres" co Bloque e o PSdeG.