O Estado implanta unha tarxeta para alimentos da poboación en situación de pobreza como a que cancelou a Xunta
O Consello de Ministros aproba o plan de tarxetas moedeiro para que familias vulnerables merquen alimentos, substituíndo o sistema de entrega de bolsas de comida. A nova tarxeta, moi semellante á cancelada pola Xunta en 2022, estará dotada con entre 130 e 220 euros mensuais e dende 2025 será de competencia autonómica. "Paliar a pobreza infantil" e "mellorar a nutrición", entre o obxectivos que salienta o ministro Bustinduy
A vivenda protexida remata outra lexislatura galega en mínimos malia ao impulso dos fondos da UE
Máis de 18.000 persoas agardan por unha vivenda protexida no rexistro da Xunta. Unhas 14.000 delas solicitan pisos de alugueiro. Á calor das achegas europeas, o orzamento da Xunta para vivenda medra case un 28% en 2024 e, aínda así, segue lonxe da partida que destinaba a esta área o Goberno de PSdeG e BNG tras varios anos nos que a cifra de novas vivendas con protección pública quedou a cero
- Crónica Cara ás Galegas
- Política
Correos anónimos e un falso accidente: cando a "manipulación dixital" na campaña galega non viña de "Rusia ou Vietnam"
A denuncia do do PP sobre unha suposta "trama de manipulación dixital" permite lembrar outra carreira electoral, a de 2009, na que foi despregada unha ampla campaña sucia contra a esquerda, tamén a través de internet.
O 'novo' bono da Xunta para dependencia parte dunha suba decidida polo Estado: "Non poden enganar así á xente"
O Estado aumentou os importes das axudas ás persoas dependentes que son coidadas no fogar e ao tempo a Xunta subiu o seu complemento para que "o importe total" chegue ata eses 5.000 euros ao ano, unha cifra total e non adicional ao que xa estaba vixente. O Colexio de Traballo Social pide á Xunta que "retire" a publicidade e "explique o que é"; lamentan que cree nas persoas dependentes e nas súas familias "expectativas" que non se corresponden coa realidade
O PP promete matrículas universitarias gratis tras negarse sempre que as pediron BNG e PSdeG
BNG e PSdeG incluíron a gratuidade de matrículas universitarias en cadanseus programas electorais en 2020 e defendérona en diversas iniciativas no Parlamento e campañas públicas. Durante a lexislatura que agora remata, as súas para eximir de taxas a primeira matrícula universitaria volveron bater co "non" do PP. Rueda promete agora implantala porque "consolidaría" Galicia como "unha terra de igualdade de oportunidades"
O PP accede a un só debate 'a catro' na TVG e esquiva que Rueda vaia a encontros cara a cara
Os conservadores reciclan a negativa de Feijóo para non acudir a encontros cara a cara agás no caso de que todos os partidos da esquerda estean representados por unha única persoa. Despois de que a CRTVG avanzase que prevé celebrar un único debate, agregan que Rueda acudiría por ser o "foro idóneo" e pide que nel participen BNG, PSdeG e Sumar, evitando outras forzas da dereita e obviando outros encontros xa ofrecidos por medios como RTVE ou a Cadena SER.
Feijóo busca o seu plebiscito virando as eleccións galegas nunha sondaxe "sobre o que acontece en España"
O ex-presidente e actual líder do PP dá en asegurar que as eleccións galegas servirán para que o electorado se "manifeste sobre se o que acontece en España lle gusta ou non" mentres Rueda pasa de apostar por unha galeguización do debate cara ao 18F a sinalar a Pedro Sánchez como o seu rival e arrodearse do discurso de cargos como a madrileña Díaz Ayuso
Enquisa a pé de centro de saúde da vila: o 80% de pacientes agardan máis dunha semana pola consulta
A plataforma Chantada Quere Sanidade pon cifras mediante un inquérito ás principais reivindicacións de mellora da asistencia do Sergas nesta contorna do sur da provincia de Lugo
- Crónica Cara ás Galegas
- Política
De "Galicia en paz" ao cambio de goberno: os partidos ven alargar os límites do posible para o 18F
Nas anteriores tres eleccións que o PP perdese a Xunta era algo que, simplemente, non ía suceder. Os populares aspiraban a pintar este mesmo cadro para a campaña de 2024, pero o escenario mudou e ningunha das principais forzas dá xa por feita outra absoluta do PP, aínda que sexa o máis probable. Uns cantos milleiros de votos poden derivar nunha maioría progresista: así len a situación as principais forzas a apenas un mes da cita coa urnas
Dos 'okupas' e os lobos aos 'pellets': Rueda defende a "valía" da vicepresidenta Vázquez, cara política da crise
O presidente desbota destituír a Ángeles Vázquez, titular de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, significada desde hai anos por unha axenda aliñada cos intereses electorais da banda máis á dereita do PP
Anatomía dos 18.000 millóns que a Xunta ten comprometidos goberne quen goberne
O Consello de Contas vén criticando que o uso de fórmulas de pago aprazado, empregadas de xeito recorrente polos gobernos de Feijóo, "xera incerteza canto á sustentabilidade das finanzas e traslada a carga dos investimentos presentes a xeracións futuras"
Santiago rende homenaxe oficial a Ánxel Casal e lanza a Comisión da Memoria das vítimas dos golpistas na cidade
Goretti Sanmartín evoca o histórico galeguista, alcalde de honra da capital galega, como "referencia persoal e política" na véspera do aniversario do seu asasinato nun acto institucional secundado polos concellos de Teo e Arzúa e todos os grupos municipais