"Café para todos" na matrícula universitaria, pero non nos libros de texto
O curso 24-25 é o primeiro no que rexe a subvención da Xunta do 99% para a primeira matrícula universitaria, con requisitos académicos pero "independente do nivel de renda". Mentres, négase a implantar os libros de texto públicos porque "os fillos e fillas de altos ingresos" terían "a mesma axuda que as de poucos recursos" esgrime o conselleiro. Asociacións de nais e pais reiteran a crítica a este esforzo económico por parte das familias, "contrario ao mandato constitucional" mentres aflora a crítica a que os manuais sigan estando no centro do sistema educativo
- Crónica
- Política
O foco de Feijóo sobre o que pode facer a familia dun presidente acaba virando contra a súa
As dúbidas sementadas polo PP sobre a muller e o irmán de Pedro Sánchez son contestadas desde PSOE e BNG con esixencia de explicacións sobre as relacións coa Xunta da irmá, a curmá, a parella e o cuñado do ex-presidente galego
A Xunta perdoou 23 millóns en impostos aos máis ricos mentres o seu patrimonio aumentaba en case 2.000
Os datos do imposto de patrimonio correspondentes a 2022 reflicte que as rendas máis altas de Galicia terían que pagar máis de 92 millóns pero, grazas ao 25% de desconto aprobado polo Goberno de Feijóo, a cifra quedou en menos de 70. Os máis ricos entre os ricos son apenas 700 persoas que acumulan máis de 44.000 millóns en bens, tres cuartas partes do total suxeito ao imposto de patrimonio en Galicia
O PP pon no albo o Consello da Cultura polo seu crítico informe sobre Altri
Os populares reeditan, a conta do informe do CCG sobre Altri, posturas ensaiadas tras retornaren á Xunta en 2009, cando racharon tabús como cargar abertamente contra a RAG ou o propio CCG por opoñérense ao seu decreto lingüístico. "Que fai un órgano especializado na cultura valorando unha instalación industrial", cuestionan, reducindo as persoas expertas que o elaboraron a membros da "órbita do BNG"
Menos emprego do prometido, máis eucalipto e riscos: duro informe do Consello da Cultura sobre Altri
Unha decena de persoas expertas elaboran para o CCG un documento tan amplo coma crítico sobre a fábrica de celulosa que Altri promove da man da Xunta e Greenalia. Estima que xeraría uns 550 empregos na economía galega, 281 directos, cifras "moi inferiores ás anunciadas" pola compañía, que fala de medio milleiro directos e uns 2.000 indirectos. Advirte de que "non sería posible abastecer a nova planta sen incrementar substancialmente a área ocupada por plantacións de eucalipto en Galicia" ou, no seu defecto, sen importar madeira
O PSdeG prevé celebrar Congreso Nacional no inicio de 2025 co reto de artellar o seu proxecto galego
Os socialistas procuran encarreirarse de vez pola vía ordinaria tras década e media de interinidades e présas electorais nun congreso marcado polo conclave federal do vindeiro outono e no que Besteiro procurará asentar un liderado cara ao medio prazo
- Datos
- Economía
Galicia sofre a menor destrución de emprego na fin de agosto no que vai de década
A diferenza entre a media mensual de cotizantes á Seguridade Social e o derradeiro día do mes reduciuse a apenas 3.000 persoas en agosto. O total queda nuns 1,092 millóns, o que implica seguir nas maiores cifras dende o estoupido da crise de 2008. Mentres, as inscricións nas oficinas de emprego soben apenas un 0,54% e o paro rexistrado queda un 7,08% por baixo do de hai un ano
Queimar o lixo sae caro: claves do novo tarifazo de Sogama
As dúas subas do canon de Sogama disparan o 'recibo' do lixo da Xunta aos concellos un 60%. Na liña do marcado pola UE para fomentar a reciclaxe, a normativa estatal grava dende 2023 con novos impostos a incineración do lixo, clave do modelo de Sogama, que queima máis da metade dos refugallos urbanos que recibe para xerar electricidade da man de Naturgy
15.000 mexillóns de río, de mudanza en Lugo
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil principia o traslado destes exemplares, considerados especies vulnerables, como paso previo á reparación do caneiro da Acea de Olga e do antigo muíño que durante décadas acolleu un restaurante. Os mergulladores localizan os mexillóns e recóllenos "un por un". A continuación son trasladados en recipientes isotermos en lotes de 750 ata doce treitos do río augas abaixo
- Documento #DefendeAGalega
- Política
A desconexión gobernamental da CRTVG, desactivada tras trece anos no conxelador
Nove anos despois de reformar en solitario a lei da CRTVG para manter a Sánchez Izquierdo na dirección xeral por tempo indefinido, a Xunta ultima a norma coa que o PP só se precisará a si mesmo para elixir a persoa que o remude á fronte da que pasará a ser a CSAG
A nova lei da CRTVG permitirá nomear a dirección só cos votos do PP
A Xunta lanza unha nova lei para os medios públicos tras máis dunha década sen cumprir a vixente en aspectos como nomear por maioría parlamentaria reforzada ao director xeral'. A CRTVG pasará a denominarse "Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia" e Rueda asegura que seguirá con "programas e servizos 100% en lingua galega", se ben a nova lei abre a porta ao "uso doutras linguas" para "dar a coñecer a identidade cultural de Galicia fóra da comunidade autónoma". "Castelán e inglés, basicamente", especifica
- Datos
- Economía
Galicia ten as mellores taxas laborais dende a gran recesión con máis emprego e paro que hai un ano
As taxas de emprego e paro en Galicia son as mellores dende a gran recesión. Pero, ao contrario que a media estatal, ningunha delas é aínda máis positiva que antes daquel crack global. Hai máis xente traballando e tamén máis buscando emprego. Explícase, sobre todo, polo incremento de poboación de orixe estranxeira no mercado laboral galego, onde así e todo segue sendo escasa con apenas 95.000 persoas. O 86% da poboación ocupada traballa a xornada completa, un nivel moi estable dende hai anos nun contexto no que o sector servizos segue sendo clave