- Datos
- Política
A Xunta fai un "balance positivo" da súa lei de impulso demográfico malia á escaseza histórica de nacementos
Política Social responde ao PSdeG que o "balance desta lei pioneira" é "positivo" pero xustifica que a pandemia tivo na natalidade "impacto negativo" na "posta en marcha de medidas" da lei, que Feijóo prometera en 2016 pero que foi aprobada en 2021. Encadra dentro da norma accións como a gratuidade das escolas infantís e medidas existentes dende media década antes, como a Tarxeta Benvida. O saldo migratorio positivo non logra, cando menos de momento, compensar os récords negativos das cifras de nacementos
Lula vence e proponse "acabar outra vez com a fome" e protexer a democracia do Brasil
"O povo brasileiro quer ter de volta a esperança", expresou o presidente electo tras impoñerse ao ultradereitista Bolsonaro co 50,9% dos votos, unha marxe de algo máis de dous millón de sufraxios. Deixa claro que o seu goberno situará o Brasil "pronto para retomar o seu protagonismo na luta contra a crise climática", a comezar por "lutar pelo desmatamento zero da Amazônia".
- Crónica
- Política
Feijóo rompe a última hora: do Estatuto e o decreto do galego ao Poder Xudicial
En 2007 "houbo mesmo un acordo técnico e informal" sobre a reforma do Estatuto, "pero chegou Feijóo e mandou parar", resumiu anos despois un dos participantes nunha negociación que ecoa neste 2022 no bloqueo da renovación do Poder Xudicial por parte do ex-presidente, agora líder do PP. Tras frear o Estatuto, o PP chegou a comparecer en público con PSdeG e BNG para anunciar o pacto sobre o decreto do galego que escasos meses despois denunciou como un exercicio de "imposición"
- Documento O foco na transparencia
- Política
Endesa, Ence, Naturgy ou Blackstone poderán optar ao Fondo de Transición Xusta tras pasar o primeiro filtro da Xunta
O Goberno galego evita dar detalles dos plans das grandes empresas que queren captar fondos da UE para compensar o peche das térmicas das Pontes e Meirama e, tras unha petición ao abeiro da lei de transparencia, limítase a citar os seus nomes. Unha filial enerxética do fondo de investimento Blackstone súmase á petición á que tamén concorren algunhas das principais eléctricas e compañías doutros sectores como as conserveiras Jealsa e Frinsa ou Leite Celta
Ence gaña 22 millóns en tres meses malia ter parada a fábrica de Pontevedra
A pasteira suma no terceiro trimestre 20 millóns máis en beneficios que hai un ano e acumula ata setembro 67 millóns de ganancias. Ence tamén menciona na presentación de resultados os seus plans para instalar nas Pontes unha factoría de "produción de fibra recuperada e biomateriais" e sitúa a "primeira fase" do proxecto en 2026
- Datos
- Economía
Galicia encabeza a suba interanual do paro malia caer no verán mentres sobe na media estatal
A poboación en desemprego é menos que antes da pandemia e cae en 4.600 persoas no terceiro trimestre, pero aumenta un 6,4% mentres na media estatal cae un 12,8% a respecto de hai un ano. A ocupación aumenta por riba da media en termos trimestrais, pero o crecemento interanual do 0,11% é o menor do Estado. A poboación ocupada con contrato indefinido bate récords e chega ao 80% mentres a parcialidade cae lixeiramente ata o 13,3%
O orzamento turístico da Xunta bate outro récord en 2023 e supera o cultural por terceiro ano consecutivo
Tanto cultura coma turismo soben por riba da media, pero o orzamento da área turística aumenta case seis puntos máis que o da cultural. Malia non ser Ano Santo, o Goberno mantén en 37,6 millóns a partida de promoción turística incrementa de 4,5 a 5,2 millóns a transferencia á S.A. do Xacobeo. As partidas de bibliotecas, arquivos e museos e mais a de protección do patrimonio cultural aumentan en 2023 mentres que a de fomento de actividades descende levemente
A Xunta accede a cofinanciar o Museo da Romanización que desbotou en 2019 tras procurar o Concello de Lugo 12 millóns da UE
A Xunta prometera en 2010 dez millóns para o Museo da Romanización no vello cuartel de San Fernando, do século XVIII. En 2013 paralizou o proxecto e en 2019 pediu ao Estado que no seu lugar abrise un Parador. Tras iniciar o Concello xestións ante o Estado para lograr 12 millóns da UE que financien o proxecto, Rueda asegura á alcaldesa que o Goberno galego volve estar disposto a "colaborar"
O PP pide asesorías 'antiocupacións' en cidades galegas tras recibir a da Xunta 30 consultas nun ano
En vésperas da convención sobre ocupacións organizada por Feijóo, líderes locais dos populares advertiron dun suposto incremento das ocupacións en cidades como Vigo e Lugo sen achegar datos concretos ao respecto mentres o Poder Xudicial amosa que os desafiuzamentos multiplican por quince este fenómeno en Galicia. Mentres, o orzamento da Xunta para vivenda en 2023 sobe un 14,38% e chega aos 125 millóns, un 40% menos que nas derradeiras contas do Goberno de coalición da esquerda
- Datos Orzamentos 2023
- Política
A Xunta ingresará 650 millóns máis en 2023 polos impostos cos que o PP acusa a Pedro Sánchez de "forrarse"
O Goberno galego prevé nos Orzamentos do ano vindeiro recadar 7.066,08 millóns por impostos, 1.127 máis que en 2022, un incremento de case o 20%. Os ingresos polo imposto sobre a renda suporán 522 millóns máis mentres que os derivados do imposto de patrimonio, que só atinxe á poboación máis rica e no que a Xunta duplica o desconto, diminuirán en case 16 millóns
- Interactivo Orzamentos 2023
- Política
Educación sobe por baixo da media nos Orzamentos da Xunta para 2023, que se disparan en comercio e enerxía
O Goberno galego entrega ao Parlamento o proxecto do maior orzamento da súa historia, con algo máis de 13.800 millóns contando a débeda, un 8,2% máis que para 2022. Comercio dispárase case un 40% polos bonos para facer compras e eficiencia enerxética increméntase nun 38%, sobre todo, polas inxeccións de fondos da UE para axudas a diversos sectores. No Sergas, a área de atención primaria terá un 10% máis e no ensino soben todas agás a de prevención do abandono escolar.
- Crónica
- Política
Feijóo tamén se queixou en Galicia do tempo para falar no Parlamento (na oposición)
Como moitas das estratexias e discursos que o ex-presidente e o seu equipo aplican dende o seu retorno a Madrid, a queixa polos tempos de intervención tamén foi ensaiada antes en Galicia. Feijóo tamén pedía a Touriño "non converter as sesións de control ao Goberno en sesións de control á oposición", reproche que el mesmo recibiu mentres foi presidente e que agora recupera contra Pedro Sánchez